Explorando a Literatura Galega: De Ramón Cabanillas ás Vangardas e Manuel Antonio

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,15 KB

Ramón Cabanillas: Traxectoria e Influencias

Ramón Cabanillas tomou contacto coa ideoloxía agrarista, especialmente co seu máximo representante, Basilio Álvarez. Posteriormente, Ramón aproximouse ás ideas nacionalistas das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista.

Influencias Literarias

As súas obras están influenciadas por autores clásicos grecolatinos. Recolleu de Rosalía o seu intimismo, de Curros o estar ao servizo do pobo e de Pondal a creación do mito para sustentar as ideas nacionalistas. Tamén se influenciou das correntes literarias de finais do século XIX, especialmente do modernismo hispanoamericano.

Obras Destacadas

  • Poesía Lírica:
    • Vento Marineiro (1915)
    • No Desterro (1913)
    • Da Terra á Salgada (1917)
  • Poesía Narrativa: Procura recrear e asentar as bases da antigüidade histórica do pobo galego, mesturando mitos celtas, elementos do cristianismo e elementos das lendas artúricas. A obra esencial é Na Noite Estrelada, que está dividida en tres partes.

As Vangardas: Contexto e Definición

As Vangardas son movementos artísticos e literarios que procuran outro xeito de interpretar e reflectir a sociedade, o mundo e o propio concepto de arte. Están marcadas por acontecementos bélicos do primeiro terzo do século XX, de aí que o nome xenérico se colla dunha palabra bélica: Avant-garde.

Contexto e Influencias

As vangardas reflicten unha sociedade urbana e industrial, as correntes filosóficas (especialmente o existencialismo) e o psicoanálise (como principio da psicoloxía). En 1915 publicouse a teoría da relatividade por Albert Einstein. Das correntes artísticas que xorden, a máis importante é o surrealismo, que loitaba contra as correntes literarias tradicionais.

Principais Vangardas Europeas

  • Futurismo: Creado por Marinetti, exalta o progreso da técnica e defende que a arte debe reflectir o mundo moderno.
  • Cubismo: Nace con Pablo Picasso. É un movemento pictórico que descompón a realidade en planos xeométricos, conseguindo unha visión múltiple.
  • Surrealismo: En Francia, con André Breton, defende que a arte debe expresar a voz do subconsciente. O artista debe fuxir da lóxica e da razón.
  • Creacionismo: Iniciado por Vicente Huidobro, trata de afastar a poesía da imitación do mundo.

De Catro a Catro de Manuel Antonio

De Catro a Catro foi escrita por Manuel Antonio, un gran poeta vangardista. Esta é a súa obra principal. Consta de 19 poemas escritos durante unha das viaxes por mar do autor.

É unha crónica poética da viaxe no barco, na que a voz poética vai pasando por diversas experiencias e estados de ánimo. A obra ten unha estrutura circular. Nela apenas hai avance narrativo e predomina o estatismo. A sociedade e a monotonía da navegación exprésanse cunha ausencia total de sentimentalismo e cunha simboloxía dos elementos marítimos.

Entradas relacionadas: