Explorando a Literatura Galega Contemporánea: NNG, Casares, Seoane e o Contexto Posfranquista
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,77 KB
A Nova Narrativa Galega (NNG): Orixe e Características
A Nova Narrativa Galega (NNG) orixinouse na década de 1950-1960 non só no contexto galego, senón tamén europeo. Galicia estaba marcada pola ditadura franquista. Os autores da NNG incorporaron as innovacións dos movementos de comezos do século XX. Defínese a NNG como un movemento de renovación formal que incorporou as innovacións dos movementos de comezos do século XX. Os seus membros son estudantes universitarios que pertencen á pequena burguesía. Comparten actividades e canles de expresión con outros narradores e poetas dos anos 50. Publican na colección “Illa Nova” de Editorial Galaxia e participan nas Festas Minervais. Considérase que Nasce unha árbore de Gonzalo Rodríguez Mourullo marcou o inicio deste período.
Características da Nova Narrativa Galega
- In media res (comezo no medio da historia)
- Monólogo interior (como se estivésemos na súa cabeza)
- Analepse e prolepse (saltos no tempo)
- Frases curtas
- Final aberto (o lector imaxina o final)
- Personaxes anónimos
- Narrado en 1ª persoa / 3ª persoa
- O lector debe ser atento e culto.
- Espazo urbano / pouco concretado.
- Mundo onírico, mestura de fantasía e realidade.
- Estilo repetitivo
- Violencia (non sempre)
Autores Clave da Nova Narrativa Galega
Gonzalo Rodríguez Mourullo: Pioneiro da NNG
Gonzalo Rodríguez Mourullo naceu en Calo (Teo) en 1935, fillo dun mestre republicano. Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, nos que conseguiu o grao de Doutor. Sendo aínda estudante, publica os seus dous libros, que inician a NNG. Tamén nesta época (mediados da década de 1950) colabora con asiduidade no xornal La Noche e participa na actividade galeguista.
Malia a todo, Mourullo afastarase axiña do galeguismo e da literatura galega. Na súa decisión quizais influíran os desacordos políticos e literarios, en concreto con Ramón Piñeiro.
Obra narrativa de Gonzalo Rodríguez Mourullo
- Nasce unha árbore (1954). Contén tres relatos de desigual extensión. «A capela enmeigada» é unha historia narrada a un ritmo rápido e na que se recrea o mito de Dafne, pois a voz narradora é un mozo convertido en árbore. «O reloxo» mestura realidade e fantasía en dúas historias inseridas unha noutra. «Tres homes» céntrase nas peripecias dos protagonistas, que eles mesmos narran para explicar as razóns que os levaron ao cárcere, e que teñen en común o destino nefasto que os fai caer en desgraza.
O ambiente de irrealidade, a pluralidade de voces narrativas, a irrupción do fantástico na realidade cotiá..., fan que se considere esta obra como a primeira pertencente á NNG.
Carlos Casares: Evolución e Madurez Literaria
Carlos Casares, director da Editorial Galaxia (1989-2002), chegou a ser parlamentario nos primeiros tempos da autonomía e presidente do Consello da Cultura Galega. A súa produción narrativa divídese en dúas etapas: a primeira caracterízase polo experimentalismo e a renovación formal propias da NNG. Na seguinte etapa, considerada "de madurez", está escrita de forma máis realista.
Obras destacadas de Carlos Casares
- Vento ferido (1967) é a súa primeira obra, que fai uso das novas técnicas narrativas como o monólogo interior e o obxectalismo. Son 12 contos ambientados nun marco espacial plenamente galego. Os personaxes, vulgares e cotiáns, sofren situacións de violencia e sufrimento. Esta violencia trasládase aos xogos infantís, moitas veces provén do alcohol ou de inimizades da Guerra Civil.
- Cambio en tres: novela considerada como o remate da NNG para algúns autores. É a obra máis innovadora de Casares desde o punto de vista formal e unha das máis arriscadas da escola. Tematicamente desenvolve un tema tradicional como é a emigración. Emprega o monólogo interior e as descricións obxectalistas.
- Xoguetes para un tempo prohibido (1975): supón unha transición entre as dúas etapas do autor, comezando a abandonar a experimentación técnica dos libros anteriores. De base autobiográfica, a obra relata a traxectoria vital do personaxe protagonista desde a infancia e adolescencia ata a entrada na universidade na década de 1960.
- Os escuros señores de Clío (1979): narracións de base pseudohistórica nas que abundan os elementos fantásticos. Presenta semellanza destes contos coas historias de Cunqueiro.
- Ilustrísima: narra a polémica que xera a chegada á cidade do primeiro cinematógrafo. Dáse un enfrontamento entre o espírito tolerante e humanista do bispo e o integrismo e a ignorancia que simboliza o resto da comunidade eclesiástica. Caracterízase polo seu carácter totalmente realista e lineal, fóra de calquera experimentalismo.
- Os mortos daquel verán (1978): relátanse as circunstancias da morte dun boticario nos primeiros momentos da sublevación fascista de 1936. O que se vai desvelando no transcurso da obra é un fondo enfrontamento social entre a tolerancia e a intolerancia.
- Deus sentado nun sillón azul (1996): cóntase desde a perspectiva dunha muller que o observa por unha ventá, a complexa vida dun profesor universitario desde a mocidade á súa xubilación. Moitos críticos cren recoñecer na figura dese profesor a Risco; aparecen personaxes históricos recoñecibles.
- O sol de Cerán (2002, póstuma): historia de amores imposibles. Parte do suicidio dun dos protagonistas para emprender unha volta atrás na narración.
Contexto Posfranquista e Normalización Lingüística
En 1975, tras a morte de Francisco Franco, chegou o fin da Ditadura. En 1978, proclámase a Constitución Española, a cal introduce a lingua galega no ensino tras anos de represión. Con esta nova introdución, fíxose necesaria a creación en 1982 das Normas Ortográficas e Morfolóxicas para así facer un bo uso da lingua tanto na escritura como ao momento de falar.
Ao comezo dos anos 80, créanse os Estatutos de Autonomía. Cinco anos despois, aparece a Televisión Galega (TVG).
Características da Poesía Posfranquista Galega
- Escrita en galego estándar
- Non ten rima nin métrica fixa, verso libre
- Escrita en verso
- Temas persoais ou sociais (dor, identidade, política, amor)
- Voz feminina
- Referencias a Galicia
- Volve ao clásico
Teatro Galego: A Obra de Castelao
Os vellos non deben de namorarse de Castelao
Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao, estreada en Bos Aires en 1941 e representada en Galicia vinte anos despois. É unha peza pensada como un espectáculo total: Castelao encargouse da escenografía, máscaras, vestiario, música e danza. A obra ten un prólogo, tres lances independentes e un epílogo. En cada lance, un vello de clase dominante namórase dunha moza moito máis nova e morre pola súa ousadía. As mozas pertencen a clases máais baixas e aproveitan ou rexeitan os vellos por distintos motivos. No epílogo, os tres homes reflexionan sobre o seu erro. A obra combina humor, simbolismo, expresionismo e crítica social, centrada no protagonismo popular.
Luis Seoane: Artista Polifacético e Comprometido
Luis Seoane foi un artista moi polifacético e comprometido, destacado como pintor, muralista, debuxante, ilustrador, poeta, dramaturgo, xornalista, editor e activista político. Naceu en Bos Aires no seo dunha familia galega emigrada e formouse en Compostela, onde comezou a súa actividade artística. Participou no Partido Galeguista e na campaña polo Estatuto de Autonomía de 1936. Exiliouse en Arxentina durante a Guerra Civil e regresou a Galiza en 1963, onde impulsou o Laboratorio de Formas de Galicia con Isaac Díaz Pardo, orixe da nova cerámica de Sargadelos.
A Poesía de Luis Seoane
A súa poesía está fortemente influenciada polo nacionalismo galego e o marxismo, cunha clara dimensión social e histórica. Caracterízase por un estilo realista, sobrio e case xornalístico, cun ton discursivo e apaixonado. Aborda temas como a emigración, considerada por el unha epopea colectiva do pobo galego, e a revisión mítica e reivindicativa da historia de Galiza, especialmente dos períodos celta e medieval irmandiño. Os seus poemas adoitan ser longos, seminarrativos, con poucas metáforas e escasa ornamentación, buscando transmitir emocións de maneira directa e intensa.