Explorando a Lingua e Literatura Medieval Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,85 KB

A Lingua e a Literatura na Idade Media

1. Cando naceu o galego?

O galego naceu no século XIV na Península Ibérica.

2. Que é unha lingua románica? Pon exemplos.

Son as linguas que proveñen do latín. Italiano, Francés.

3. Sinala as principais características do galego na súa primeira etapa (medieval)

Galicia é un territorio monolingüe. O galego ao principio só era unha lingua oral. No século XIII o galego tamén se volve unha lingua literaria. O galego é gallaecio, nesta época o nome era galego-portugués.

4. Que diferenzas había entre a sociedade medieval e a actual?

Naquela época a sociedade era practicamente analfabeta e estaba dividida en estamentos. Estaba o rei na cima da xerarquía, os nobres, o clero e, por último, o pobo. Se naces nunha clase social non podías deixar de pertencer a ela.

5. Define as seguintes palabras:

Cancioneiros: Libro manuscrito onde se recollen as cantigas. Ex. Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

Xograr: Os xograres dedicábanse a interpretar as cantigas dos trobadores nas prazas e castelos.

Segrel: Eran intérpretes das súas propias cantigas e obtiñan un beneficio económico.

Menestrel: Eran os músicos que acompañaban coa cítola, viola, arpa…

Trobador: Eran os poetas ou compositores das cantigas, pertencían á nobreza ou ao clero.

Cantiga: Poema acompañado de música.

6. Que son os xéneros menores? Cales son os máis importantes?

Os xéneros menores son aqueles que teñen características propias pero son menos cultivados. Os máis importantes son o pranto, o tenzón e a pastorela.

As Cantigas Satíricas

1. Define os seguintes conceptos:

Voz patrimonial: Son as palabras que se incorporan xa na época da colonización romana e sufriron todas as evolucións que caracterizan o paso do latín ao galego.

Cultismo: Son as palabras que proceden do latín ou do grego e entraron tardiamente no galego, apenas sufriron modificacións, manteñen a mesma forma orixinaria ou teñen pequenas modificacións.

Semicultismo: Son as palabras que sufriron algunhas evolucións, pero non todas as que poderían. Polo tanto, están entre as voces patrimoniais e os cultismos.

Linguas de substrato: Son palabras de orixe non latina (existían antes da chegada dos romanos).

Linguas de superestrato: Lingua que máis tarde se superpuxo ao latín.

2. Pon exemplos de lingua de substrato e de superestrato e palabras procedentes.

Linguas de substrato: linguas celtas e preceltas. Ex: Bico e beixo.

Linguas de superestrato: linguas xermánicas e árabe. Ex: Branco e espía.

3. Cal é a temática principal das cantigas satíricas? Que dous tipos hai? Explícaos.

A temática principal das cantigas satíricas é a burla. Os dous tipos de cantigas son as de escarnio e as de maldicir.

4. Recolle nun esquema as principais características formais das cantigas satíricas.

  • Teñen os mesmos recursos formais que as cantigas de amor.
  • Utilizan algúns recursos propios como a ironía e o sarcasmo.
  • Hai dous tipos: cantiga de mestría e de refrán.
  • Teñen unha linguaxe moi rica e variada.

5. Que é o locus amoenus? En que tipo de cantiga pensas que é máis frecuente?

É un tópico literario que fala dunha paisaxe que transmite paz e tranquilidade.

6. Fai dous esquemas. No primeiro recolle todas as características das cantigas de amigo e no segundo fai o mesmo cas cantigas de amor.

Cantigas de amigo

Cantigas de amor

Poema acompañado de música

Poema acompañado de música

Temática amorosa

Temática amorosa e loor da dama de curación/sufrimento

Voz feminina

Voz masculina

Palabra clave: Amigo

Palabra clave: Dona, muller, señora

Recursos estilísticos:

Paralelismos

Leixaprén

Refrán

Recursos estilísticos:

Dobre

Mordobre

Finda

Ata finda

Poden ser dialogadas

Mariñas

Tipos: Cantigas de romaría

Bailadas

Alboradas

Espazos: mar, natureza, fonte…

Símbolos: cervo, cabelo…

Hai cantigas dialogadas.

Entradas relacionadas: