Explorando a Lingua Galega: Ortografía, Gramática e Legado Literario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,48 KB

OS NEOLOXISMOS


Son palabras ou expresións recentes que se que se incorporan ao noso vocabulario, ainda non foron incorporadas aos dicionarios. Poden ser: - palabras novas -palabras que xa existen e se lle dá un novo significado ( iglú, é un contenedor de vidro). -palabras tomadas doutro idioma ( photocall ).

O TEXTO ARGUMENTATIVO


  Presenta unha opción acerca de un tema, defendé un punto de vista, achega datos, e a súa finalidade é persuadir. Diferenciamos dúas partes, - a tese ou idea que se defendé - os argumentos ou razoamentos que apoian a tese.

A estructura:-

introducción, presenta o tema ou tese que se queré probar. -
desenvolvemento, exposicións dos argumentos para defender a tese. -
conclusión, recapitulación dos argumentos expostos e confirmación da tese.

Carácterísticas lingüísticas:


Predominio de oracións enunciativas. Interrogacións retóricas para atraer a atención da persoa receptora. Presenza de adxectivos valorativos. Verbos de opinión e expresións que sinalan o punto de vista do autor. Emprego da 1ª persoa (voz do autor), 2ª persoa plural (receptores). Frecuentes definicións, comparacións, exemplificacións. Citas e argumentos de autoridade.
Enumeracións acumulativas dos argumentos cunha finalidade intensificadora. Emprego de conectores e enlaces que indican: – Contraste ou oposición: porén, pero, non obstante, senón… – Causa: porque, dado que, por ese motivo… – Consecuencia: polo tanto, en consecuencia, de aí que, deste xeito… – Rectificación: mellor dito, polo contrario… – Orde: en primeiro lugar, en conclusión, en síntese, finalmente…

Tipos de argumentos


Para soster unha tese poden empregarse distintos argumentos. Entre eles: -A ética.
Aléganse principios éticos ou moráis a favor ou en contra. -A utilidade.
Sinálase que algo é útil, práctico, necesario ou eficaz e indícans as consecuencias positivas que ten. -A experencia.
Preséntanse situacións persoais vividas para xustificar un punto de vista. -A calidade.
Valórase a excelencia de algo, o exquisito e exclusivo fronte á abundancia. -A autoridade.
Apóiase en testemuños de persoas ou institucións expertas na materia e que teñen prestixio na sociedade.


 USO DO B ·
Terminan en : - aba,-abas,- aba,-abamos,-abades,-aban. ·Comezan polas sílabas bu-, bur- e bus-  menos"vurullo” ·Os verbos rematados en –buir e –bir, menos os verbos servir, vivir, vir. · Antes de r ou de l escríbese sempre b, menos no caso de acivro, acevo e xadon

USO DO V   os adxectivos rematados en: -avo/-ava -ave -evo/-eva -eve -ivo/-iva -ova/-ovo ·As palabras que empezan por ad ·As palabras que derivan de outras que se escriben con V

USO DA H  as palabras que comenzan polos prefixos Halo- (halófito, halófilo) Hecto-Helio- (heliocentrismo) Hema-/Hemo- Hemero- (hemeroteca)Hemi-Hepat-Hepta- Hetero- Hex- Hidro- Hipno- Hiper- Hip-, hipo- Histo- Homo- 

Respéctase a ortografía latina en palabras como:Hasta, Hedra, Helena, Helmo ,Henrique, Hindú, Hadrián. Algunhas palabras con h intercalado:Adherir, exhibir, exhortar, inhibir, prohibir, cohibir, rehabilitar, coherencia, cohesión, adhesivo, exhausto, vehículo, filharmónica, inherente.

VARIEDADES LINGÜISTICAS:


Variedades xeográficas:  -

Bloque occidental:

gheada, seseo, plural -ns), (ti), terminación subs -án -

Bloque central

Con ou sen gheada, seseo ao fina, plural -s, (ti,tu) subs -ao/-á -

Bloque oriental:

sen gheada, sen seseo, plural -is, (tu), subs -ao/-á

Variedades sociais:  -

Nivel culto:

propio das personas que teñen un alto nivel cultural. (correción sintáctica, riqueza e precisión léxica, pronuncia coidada) -

Nivel medio

Usado pola maioría da poboación e polos medios de comunicación (respecto polas normas lingüísticas) -

Nivel vulgar:

propio de falantes con escasa formación (léxico reducido, presenza de vulgarismos, confusións na pronunica)

Variedades históricas:


  Son formadas polas diferenzas das linguas ao longo da historia. 

Variedades situacionais:  -

Rexistro formal:

propio de situacións nas que hai que coidar a forma de mensaxe. Coincide coa corrección do nivel culto. -

Rexistro informal:

propio das situacións de familiaridade e confianza. Lingua espontánea e relaxada. Léxico restrinxido, abundancia de frases feitas. Alta expresividade uso de interogacións e exclamacións. Non sempre se axusta á norma pero non presenta incorrecións.


CURROS ENRIQUEZ:


Vida

Nace en celanova en 1851, tiña unha relación complicada co seu pai, trasladouse a Madrid con 15 anos a estudar o bachillerato e estudiou dereito, carreira que non vai rematar. Foi corresponsal de guerra na guerra carlista, ferido nun accidente. Volveu a Galicia como funcionario de facenda. O bispo de Ourense califiaco de herético. Sentenza de cárcere e absolución. Emigra á Hábana en 1884: xornalista e bases para a RAG. Morre en 1908 e os seus restos foron levados a Galiza.

Obra

O seu primeiro poema en lingua galega, Cántiga. En 1871 dáse a coñecer como poeta ao gañar en Ourense un premio literario coas composicións: “ A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro” e “Unha voda en Einibó”. A obra literaria de Manuel Curros Enríquez consta de dous libros: Aires da miña terra e O divino sainete. Tamén é autor de numerosos artigos xornalistícos. 

Aires da miña terra:·

Poesía social ou cívica

A poesía debía estar comprometido co pobo e denunciar os problemas da sociedade. Boa parte dos seus poemas reflicten as súas ideas progresistas en defensa da democracia, do progreso e das liberdades, contra a pena de morte, o imperialismo… As súas críticas diríxense contra a igrexa por fomentar o fanatismo e a superstición, que provocan a ignorancia e o atraso. Tamén ataca os fidalgos e os caciques contraque son os beneficiarios dos foros e impostos que escravizaban os labregos, provocando a súa pobreza e obrigándoos á emigración. ·

Poesía costumista

Esta temática ten unha escasa presenza na súa obra e, en ocasións, combínase coa temática social. Son costumistas os tres poemas premiados en Ourense en 1877: – «A Virxe do Cristal» é un poema narrativo sobre a lenda da Virxe de Vilanova dos Infantes, que  lle contaba súa nai cando era neno. – «Unha voda en Einibó» describe unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o banquete. – «O gueiteiro» homenaxe a un personaxe real: Manuel Castro, o gaiteiro de Penalta. 

Poesía intimista:

Son poucos os poemas en que Curros expresa a súa propia situación anímica. Neles trata acontecementos familiares, como a felicidade polo nacemento do seu primeiro filló, ou a dor pola morte da súa nai e a do seu segundo filló, e noutros ofrece unha visión pesimista da existencia.


O divino sainete:


longo poema narrativo de temática satírica e social composto por 512 versos. Tomando como modelo a Divina comedia de Dante, relata unha imaxinaria peregrinación a Roma para gañar o xubileo.  -Realiza a viaxe acompañado de Francisco Añón nun tren de sete vagóns, que simbolizan os sete pecados capitais (gula, envexa, preguiza, luxuria, ira, soberbia, avaricia).  -En cada vagón viaxan diferentes persoas representativas da Galicia da época, entre elas o xuíz Mella e o bispo Cesáreo, Emilia Pardo Bazán etc. Cando chegan a Roma, visitan o Vaticano e son recibidos polo papa León XIII, a quen lle piden que renuncie ás riquezas e leve unha vida humilde; o papa prométeo mais os dous poetas poñen en dúbida a súa palabra.

mo

cho

llo

nolo

voló

llelo

ma

cha

lla

nola

volá

llela

mos

chos

llos

nolos

volos

llelos

mas

chas

llas

nolas

volás

llelas

Chamamos PRONOME a unha serie de palabras que non teñen unha significación concreta. A súa función é substituír substantivos ou frases nomináis.

Desde un punto de vista semántico, os pronomes persoais sinalan as tres persoas gramaticais que participan no discurso: eu/nós (falante/s), ti/vós (oínte/s), el(es)/ela(s).
Desde o punto de vista morfolóxico, son formas variables, pois teñen flexión de xénero, número e persoa.
Desde o punto de vista sintáctico, substitúen substantivos ou frases nomináis e desempeñan as mesmas funcións ca un substantivo. Poden ser tónicos (funcionan como suxeito, atributo ou complementos con preposición) e átonos (os pronomes van detrás do verbo. Vai antes do verbo cando unha frase é negativa. Con enunciados enfáticos. Cos pronomes relativos, interrogativos e exclamativos.  E con alguns verbos, adverbios e conxuncións) 

Entradas relacionadas: