Explorando a Lingua Galega: Fenómenos Lingüísticos, Dialectos e a Nova Narrativa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 9,14 KB
Fenómenos Fonéticos e Lexicais na Lingua Galega
Cambios Fonéticos
- Aférese: Supresión de sons ao inicio da palabra (Ex: maxinar por imaxinar).
- Síncope: Supresión de sons no interior da palabra (Ex: pra por para).
- Apócope: Supresión de sons ao final da palabra (Ex: Ourens por Ourense).
- Prótese: Adición de sons ao inicio da palabra (Ex: arradio por radio).
- Epéntese: Adición de sons no interior da palabra (Ex: ademirar por admirar).
- Paragoxe: Adición de sons ao final da palabra (Ex: facere por facer).
- Asimilación: Un son adquire trazos doutro son próximo (Ex: samáforo por semáforo).
- Disimilación: Un son perde trazos comúns con outro son próximo (Ex: sasenta por sesenta).
- Harmonización vocálica: Unha vogal inflúe noutra dentro da palabra (Ex: pidir por pedir).
Mecanismos de Cohesión Textual
- Recorrencia: Repetición de elementos (Ex: Había un home na porta. O home levaba gabardina.).
- Substitución: Emprego de outras formas para evitar repeticións (pronomes, sinónimos...).
- Elisión: Omisión de elementos xa aparecidos anteriormente.
- Marcadores Discursivos: Elementos que conectan partes do texto (conxuncións, adverbios...).
Relacións Semánticas
- Antonimia: Oposición de significados.
- Complementaria: posible-imposible (a afirmación dun implica a negación do outro).
- Gradual: frío-quente (existen graos intermedios).
- Recíproca: pai-fillo (un implica o outro).
- Sinonimia: Semellanza de significados.
- Absoluta: Intercambiables en todos os contextos (moi rara).
- Parcial: Intercambiables só nalgúns contextos.
- Polisemia: Unha palabra con varios significados relacionados.
- Homonimia: Palabras con forma igual ou similar pero significados distintos.
- Absoluta (Homógrafos): Escríbense igual, soan igual, distinto significado (Ex: banco de sentar / banco de diñeiro).
- Parcial (Homófonas): Soan igual, escríbense distinto, distinto significado (Ex: vaca / baca).
Perífrases Verbais
Perífrases Aspectuais
- Inicio da acción: Comezar a + inf, Poñerse a + inf.
- Continuidade: Estar + xer, Seguir/continuar + xer.
- Reiteración: Volver a + inf.
- Finalización: Acabar de + inf, Deixar de + inf, Rematar de + inf.
Perífrases de Modo
- Ir + xer, Vir + xer, Andar + xer.
Perífrases de Obrigatoriedade
- Ter que + inf, Haber que + inf, Deber + inf.
Perífrases de Probabilidade
- Deber de + inf.
Perífrases de Intención
- Ir a + inf, Estar a piques de + inf, Estar por + inf.
Variedade Lingüística e Dialectos do Galego
A variedade lingüística mostra que unha lingua non é uniforme, senón que cambia segundo quen, onde, como e para que se use. Todas esas formas son válidas dentro do idioma.
En Galicia hai 3 grandes bloques dialectais: occidental, central e oriental, e cada un ten unhas características propias.
Bloque Occidental
- Características xerais: Plural en -ns (cans), gheada (ghato), seseo (total ou parcial), ditongo -oi- (noite), terminación -án (irmán), pronome tónico ti, pronome átono el.
- Áreas:
- Fisterrá: Cheísmo (chegou por chegou), terminación -iu (cantíu), seseo total.
- Bergantiñá: Seseo parcial, non cheísmo, terminación -iu.
- Pontevedresa: Terminación -eu (canteu).
Bloque Central
- Características xerais: Plural en -s (cans), gheada (nalgunhas zonas), non seseo, ditongo -oi- (noite), terminacións -ao/-a (irmao/irmá), pronome tónico ti, formas do artigo ca-/cua- (coa/coa).
- Áreas:
- Mindoniense: Uso de nosoutros, léxico específico (felgo).
- Lucu-Auriense: Demostrativos iste, ise, aquil; pronome il; posesivo culle.
- Central de Transición: Ditongos -oi- e -ui- (nuite), demostrativo este, pronome el.
Bloque Oriental
- Características xerais: Plural en -is (canis), ausencia de gheada, ausencia de seseo, ditongo -ui- ou monotongación en -u- (nuite/nute), terminacións -ao/-a (irmao/irmá), pronome tónico tu, diminutivo -ín, forma do artigo cua-.
- Áreas:
- Asturiana: Léxico específico (avolo), terminación -ín por -iño.
- Ancaresa: Vogais nasais, posible gheada por influencia.
- Zamorana: Teísmo (uso de te por che).
- Oriental-Central: Terminación -ius (cantíus).
A Nova Narrativa Galega (NNG)
Contexto Histórico e Literario
A Nova Narrativa Galega (NNG) xorde como resposta á necesidade de renovar a narrativa galega tras os anos de parón provocados pola Guerra Civil e a ditadura franquista. A partir dos anos 50, coa creación da editorial Galaxia, comeza a recuperación da literatura en galego. Fórmase un grupo de autores e autoras que rompen coas fórmulas tradicionais e incorporan novas técnicas e temáticas modernas, inspiradas pola narrativa europea e americana.
Características Principais da NNG
- Influencia dos grandes escritores universais (Kafka, Faulkner, Joyce, Sartre...).
- Temas tratados:
- O absurdo existencial, a violencia, o sexo, a soidade, a morte e a opresión.
- Crítica á sociedade de consumo e á represión franquista.
- Personaxes:
- Antihéroes, desarraigados, violentos, marxinais.
- Escasa descrición externa, foco no mundo interior.
- Técnicas narrativas novas:
- Monólogo interior, multiperspectivismo, narrador en 1ª persoa.
- Saltos temporais (analepse/prolepse), tempo narrativo reducido.
- Espazos simbólicos, pechados, urbanos.
- Estilo onírico, influencia do subconsciente.
- Obxectalismo (os obxectos cobran importancia simbólica).
- Lingua moderna, máis urbana e complexa: Non busca entreter, senón provocar a reflexión no lector.
Autores e Obras Representativas
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)
Un dos grandes referentes da literatura galega contemporánea, combinando creación estética, compromiso político e renovación formal.
- Etapa NNG:
- Perceval e outras historias e O crepúsculo e as formigas: Relatos con personaxes perturbados en contextos violentos.
- Arrabaldo do norte: Novela sobre un home perdido nun espazo urbano enigmático.
- Etapa de compromiso político (anos 70):
- Retorno a Tagen Ata: Alegoría do nacionalismo galego.
- Antón e os inocentes, Elipsis e outras sombras, Crónica de Nós: Denuncian a represión franquista.
- Etapa de madurez (desde 1980):
- Mestura mitos, política e lirismo: Amor de Artur, Arnoia, Arnoia, Bretaña Esmeraldina, No ventre do silencio.
Carlos Casares (Xinzo de Limia, 1941 – Vigo, 2002)
Narrador centrado en contar historias con claridade, combinando realismo e invención.
- Etapa NNG (ata finais dos 70):
- Literatura máis realista ca doutros autores da NNG.
- Vento ferido: Relatos sobre a mocidade na represión franquista.
- Cambio en tres e Xoguetes para un tempo prohibido: Novelas con trasfondo biográfico e crítica social.
- Etapa de madurez:
- Abandona o experimentalismo e aposta por estruturas máis clásicas.
- Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul, O sol do verán: Afonda en temas coma a intolerancia, a guerra, a liberdade ou a morte, con personaxes ben perfilados e tramas máis lineais.