Explorando o Grupo Nós: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao - Legado Literario e Político

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,96 KB

O Grupo Nós: Unha Visión Profunda

O Grupo Nós, formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez, pertence á Xeración das Irmandades da Fala. Comparten características comúns: a súa procedencia social acomodada e a súa revolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. O nome do grupo procede da revista Nós, a publicación máis importante da Galicia da preguerra. No plano político, participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista. No plano literario, significou a consolidación e renovación da prosa.

Vicente Risco: Didactismo, Humor e Esoterismo

Na narrativa, a obra de Vicente Risco caracterízase polo seu didactismo, o humor crítico e a presenza de motivos esotéricos. O seu estilo destaca pola sobriedade expresiva.

  • O porco de pé: A súa obra máis importante, unha sátira contra a burguesía.
  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: Narración humorística.
  • O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán: Narracións breves inspiradas en lendas e crenzas populares.
  • Os europeos en Abrantes: Novela inacabada que satiriza persoas e costumes.

No ensaio:

  • Teoría do nacionalismo galego: Obra que o converte no principal teórico do galeguismo.
  • Nós, os inadaptados: Explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica.
  • Mittleleuropa: Recolle as experiencias da viaxe por Centroeuropa.

No teatro:

  • O bufón de El-Rei: Drama da época medieval.

Ramón Otero Pedrayo: Xeografía, Historia e a Alma de Galicia

A súa extensa obra narrativa está integrada por novelas longas e relatos breves.

  • Os camiños da vida: Primeira gran novela da literatura galega.
  • Arredor de si: Retrato da xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo.

A súa produción ensaística céntrase en temas de xeografía e historia.

  • A lagarada: Traxedia situada no Ribeiro na época da vendima.
  • O desengano do prioiro: Trata humoristicamente a implantación na terra do Ribeiro da industria.

Estilo de Otero Pedrayo

  • Abundantes descricións.
  • Numerosas imaxes, metáforas e símbolos.
  • Presenza de referencias culturais.
  • Extensos parágrafos de oracións subordinadas.

Castelao: Crítica Social, Humor e Lirismo

Características da súa obra literaria:

  • Crítica social: denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles.
  • Humor acedo: a través da ironía e a retranca.
  • Lirismo: con abundantes recursos expresivos.
  • Concisión e brevidade.

Na narrativa:

  • Un ollo de vidro: Novela curta centrada no tema de ultratumba.
  • Cousas: Relatos breves acompañados dunha ilustración.
  • Retrincos: 5 relatos nos que narran acontecementos.
  • Os dous de sempre: Única novela longa que presenta a biografía paralela de 2 personaxes.

No ensaio, a súa obra máis importante é Sempre en Galicia. Destacan os seus traballos de arte popular: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.

No teatro:

  • Os vellos non deben namorarse: Única obra. Consta de 3 lances independentes pero de tema e estrutura semellante.

Obra gráfica: foi pintor, debuxante e caricaturista. Publicou os debuxos de Álbum Nós, Cincuenta homes por dez reás e a serie Cousas da vida. Despois da guerra aparecen os álbums Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos.

Entradas relacionadas: