Explorando la Cultura Castrexa del Noroeste Peninsular: Arqueología y Etnogénesis

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 37,08 KB

Os Pobos do Noroeste Peninsular

Os nomes para definir a estes pobos: O tema dos nomes que etiquetan as etapas culturais será un problema, atopando multiplicidade de nomes e debates sobre a conveniencia de cada un deles. Destacarán no noroeste nomes como: os pobos célticos na Galicia, os pobos castrexos e romanos... etiquetando o termo de célticos a pobos do noroeste, dando este nome lugar a moitos temas de investigación sobre se os celtas serían unha etnia, unha zona... Tamén dentro disto debemos ter en conta que se trata dunha etapa protohistórica onde se constrúe información dende a arqueoloxía e dende a historia, implicándose ambas. Dentro deste tema estará moi implicado tamén o tema da lingüística, polo que os nomes e as palabras afectan ao retrato da arqueoloxía da Idade do Ferro, sendo o tema dos celtas un deles. A cuestión é que en arqueoloxía o modelo céltico se vinculou no esforzo dos nacionalismos, moitas veces utilizándose a historia para lexitimar o presente, planeándose aos celtas como unha etnia de pasado heroico, sendo xente aguerrida, para un retrato épico propio dun tempo en que toda Europa buscaba un contrapunto ao mundo do Mediterráneo (gregos, exipcios...).

1. As Evidencias Arqueolóxicas

Dende a perspectiva arqueolóxica, a visualidade destas culturas será retratada polo castro, un castro con sistemas defensivos e que sorprendentemente será o menos tipificado, non tendo teses que nos falen de tipos de castros, nin como son ou os seus sistemas defensivos; habendo unha variedade pero tamén certas converxencias. Veríamos casas fundamentalmente circulares e moi apiñadas como no caso de Trega, pero tamén casas con patios empedrados que non sabemos definir ou caracterizar e que non sabemos se son prazoletas de varias casas ou se son casas patio imitando ás casas mediterráneas. As casas serán algúns de gran tamaño como no caso das casas de reunión, aínda que aparecerán tamén fosos que parecen para encaixar uns postes, cunha función similar a zanxas de cimentación e que probablemente serían de casas de barro. Tamén aparecen casas de planta cuadrangular coas esquinas redondeadas que darán lugar a moitas lecturas, pero non sabemos tipificalas (non sabemos se se dan por unha evolución temporal ou se dependerían das rexións), non sendo estudadas nin se lles aplicaron os métodos arqueolóxicos necesarios para comprendelas, pero a medida que avanzan as investigacións poderíase ver que a zona astur-leonesa sería a que máis utilizaría a planta rectangular, pero igualmente na zona norte galega tamén, aparecendo cada vez máis e máis como na Punta Langosteira en A Coruña ou como en Caldagra en Vialba, con casas tremendamente alongadas de planta indefinida e das que non sabemos moito, ademais de posuír un estilo de muro similar entre estas.

O Urbanismo, a Arquitectura e as Esculturas

Sempre se fala da inexistencia de urbanismo, non existindo o urbanismo típico do Mediterráneo, vendo habitualmente liñas de calles angostas como nas aldeas e como as casas se constrúen improvisadamente, pero nalgúns castros da zona meridional entre o Douro e o Miño como será o Castro de San Cibrán de Lás en Ourense veríamos un urbanismo radial aros paralelos.

Actualmente hai castros que se están escavando en extensión e están aparecendo fontes interiores dentro dos recintos, tratándose de fontes tradicionais onde hai acceso a un manantial cunhas escaleiras. Veríamos tamén o que parecen ser saunas ou termas, existindo un debate acerca de se trataban dunha ou outra cousa. Actualmente hai unha tese na que se lles chama “baños” como se fosen saunas por consideralas de influencia romana, pero outros autores nos falan dunha influencia prerromana. Estas son unhas edificacións que aparecen nos castros meridionais e que foron referenciadas por fontes clásicas como Estrabón, polo que se relacionaron con estes. Aparecerán na zona do Miño unhas edificacións cubertas que están relacionadas con canalizacións como no caso do de Briteiros, que a pesar de estar soterrados son moi monumentais, construídos con grandes bloques monolíticos, son de planta rectangular e teñen divisións en varias estancias, parecendo estar relacionadas coa auga. Nesas edificacións teñen unha pedra monolítica cunha portiña a través da que se accedería a unha segunda estancia que sería a sala do vapor, e tras esta veríamos unha sala abovedada que non estaría conectada ás anteriores e onde vemos acumulacións de carbón, de maneira que parece que hai unha zona na que se están quentando as paredes ou a auga. Esa pedra monolítica estaría tremendamente decorada, pasándolle como á catedral de Santiago, habendo remodelacións e replantexándose cousas, sendo estancias de vida longa se pensamos que son un invento traído unicamente polos romanos. Estas pedras decoradas están expostas nos museos e os portugueses as denominan como Pedras Fermosas, e resulta que este tipo de edificacións primeiro con problemas pero agora con claridade se están identificando tamén no norte galego, cunha extensión xeográfica maior da provista, pero sen ser estas unha pedra tan fermosa, sendo estas unha lousa cunha pequena porta e sen decoración.

A Orfebrería

Outro dos elementos principais dos castrexos, sendo principalmente unha orfebrería de ouro ou que asimile a este (pode levar aleación de ouro con plomo), en oposición ás materias predominantes nas culturas ibéricas ou celtibéricas onde destaca a prata. Vemos principalmente torques, arracadas, pendentes ou diademas ou láminas que non sabemos moi ben se son realmente diademas ou cinturóns. Os torques serán a peza máis estendida.

2. As Evidencias Arqueolóxicas Sistematizadas

Existen evidencias onde hai liñas de investigación de equipos dunha maior permanencia e que teñen a un maior número de persoas implicadas. Co tema da arquitectura, o único traballo de sistematización é o traballo de Ana Romero Masiá que fixo de TFM unha recompilación do que estaba sistematizado onde plantexa tipos de casas, de aparellos e de entradas, pero non pasa de ser unha visión sintética e unha clasificación, non analizando culturalmente (o que significaría que se lle proporcionasen coordenadas cronolóxicas e xeográficas), agrupando características básicas.

Sobre o tema das saunas existe unha tese recente de Sergio Ríos do 2016 ou 17, ademais de diversos traballos monográficos en Portugal onde se conseguiu un retrato típico, cunha relación clara coa auga e as canalizacións, definindo este autor as diferenzas entre o Douro e o Miño e a zona norte, traballando este a teoría de que son romanas, plantexando que na zona norte se relacionarían co contacto cos militares e no sur máis con acordos na zona bracarense, cunha conquista pero cunha aculturación máis intensiva e incorporando isto á elite castrexa como influencia romana. Discutiríase tamén acerca dunha orixe anterior ou céltica.

Outro tema ao que se dedicou unha tese sería á escultura, feita por Francisco Lourido, e o que vemos aquí é unha recompilación e caracterización ademais dunha presunción e un convencemento de que estas serían de orixe romana e que os guerreiros de bulto redondo imitarían a Augusto de Prima Porta co seu traxe rexional.

No tema da orfebrería castrexa destacará Bieito Pérez Outeiriño, cunha tese predoutoral moi interesante onde se sintetizan as arracadas castrexas e analizadas dende a perspectiva tecnolóxica, intentándose ver as súas coordenadas xeográficas, pero non sendo viable dende un punto de vista cronolóxico por ser tanto a orfebrería e a escultura castrexa moi pouco común, sendo achados casuais, con pezas sen contexto e que terán unha vida longa sobre todo con respecto ás pezas de ouro, polo que a súa cronoloxía de fabricación pode estar moi alonxada da de perda ou amortización, parecendo que perdemos isto de vista, polo que cando se fala de que son de cronoloxía romana a cronoloxía de ocultación non tería nada que ver. Referido ao ouro teremos igualmente gran cantidade de traballos sistematizados interesantes e de gran continuidade como os de Raquel Casal que dirixiu varias teses de doutoramento como a de Nuria Reboreda, unha tese dos torques dende un punto de vista tecnolóxico e dende a visión especializada dun orfebre que a axudou, tratándose isto de etnoarqueoloxía para darlle unha mirada específica. Esta mesma mirada enfocada á tecnoloxía da orfebrería estase desenvolvendo en Madrid no CSIC con Alicia Pérez que traballa con Barbara Ambruster e que estudan toda a orfebrería da Península Ibérica e tamén a orfebrería atlántica. A perspectiva de Xosé Lois Armada será arqueolóxica e arqueométrica, estando alerta a calquera disciplina científica para beneficiarse dela, aplicando as ciencias á arqueoloxía con disciplinas como a química, observación microscópica, aleacións... como a arqueometalurxia, descubríndose as soldaduras, as técnicas de cera perdida...

3. As Evidencias Arqueolóxicas Non Tan Evidentes

A primeira arqueoloxía sería a estética que buscaba descubrir obras do ser humano de alto valor artístico, pero a arqueoloxía realmente recolle “basura” fundamentalmente, con elementos que máis que valor artístico teñen valor patrimonial por ter un valor documental, para ser lido e non contemplado. A arqueoloxía non atopa nada que non teña pensado atopar, incluso sendo moi evidente, pero hai evidencias que estamos empezando a facer visibles, planificando que estas se vexan por métodos ópticos posibles.

A cultura castrexa e as culturas da Idade do Ferro van incorporando os métodos que os paleolíticos utilizaban, facéndose primeiro dende a perspectiva do Paleolítico pero van collendo vida propia e obxectivos propios. Unha evidencia que non se estende todo o que quixéramos polo seu prezo sería o Carbono 14, polo que se analizan mostras puntuais, pero esta é unha liña de traballo que no caso de Portugal se está aplicando moito máis, comezando a haber estudos sistematizados, sendo un tema en si mesmo dentro dun ámbito cultural. Sistematizouse así a problemática do Carbono 14, pero outro tema sistematizado serán as evidencias faunísticas ou arqueozooloxía, que na cultura castrexa comezouse a probar no 75 e que continuou con outros investigadores como Carlos Fernández Rodríguez que é actualmente profesor na Universidade de León e estaría levando este tema de investigación relacionado coa fauna terrestre e marítima. Destacarán tamén a existencia de teses relacionadas cos mamíferos, con restos óseos, de peixes e cunchas, destacando Carmen Ferré Álvarez, cunha tese inédita sistematizando a ictiofauna, continuando isto Eduardo González. O tema relacionado cos seres vivos comezamos a telo sistematizado nas evidencias castrexas. Outro aspecto bastante sistematizado será a arqueobotánica, destacando en Portugal e aquí por María Martín Seijo, esta cunha perspectiva antracolóxica, é dicir, da madeira carbonizada, recollendo agora o carbón como evidencia por si mesma. Destacarátamén o estudo da carpoloxía ou das sementes.

4. Os Sistemas Productivos

Agricultura: O primeiro nivel de acceso de arqueoloxía sería o de máis alta probabilidade de certeza (coa que os arqueólogos por norma xeral xogan, pois o pasado arqueolóxico e paleoarqueolóxico non é demostrativo por si só), conseguíndose coa arqueoloxía a carga interpretativa mediante modelos de lectura a partir dos cal saen resultados planificados. En primeiro lugar falaremos da agricultura, da que temos traballos monográficos específicos, centrándose moitos destes na especialización da agricultura como sería a tese de Andrés Teira, e as sistematizacións que esta tese trata son capaces de aportar cousas en clave de agricultura, inclusive a cerámica ou a orfebrería. O primeiro que se fai, o modelo máis básico deseñado por un dos grandes historiadores europeos André Leroi-Gourhan foi a cadea operativa, o guión máis básico a analizar cando temos un obxecto: como se faría este, con que técnicas e instrumental.... Deste xeito debemos facernos cunha materia prima e traballar as opcións que estas ofrecen, o instrumental dispoñible, os coñecementos técnicos desa época... A partir de aí teríamos un modelo básico, como sería o do libro de Renfrew, sendo este guión importante porque incluso se nos apoiamos en paralelos etnográficos podemos planificar evidencias arqueolóxicas e facer que estas se fagan visibles e novos procedementos de escavación.

Na agricultura unha das evidencias máis importantes sería o produto que se obtén, que sería o máis definitorio. As plantas cultivadas e identificadas carpolóxicamente agrúpanse nun listado que vai crecendo co tempo, tendo unha lista importante pero con problemas de especializar cronoculturalmente. Na cultura castrexa teríamos tres estados onde a lista de plantas cultivadas van aumentando a medida que nos achegamos ao período galaico-romano cando entran os castros en contacto co mundo romano. Os cereais compoñen unha agricultura castrexa importante, e moito máis variada e importante do que se plantexaba inicialmente; e isto unido á arqueoloxía espacial que nos indicaba asentamentos colocados preto dos terreos máis fértiles (o que mencionamos anteriormente no tema) nos está retratando unha agricultura máis complexa do que as fontes nos falan, depurando así esta información. Un artigo moi relevante relacionado coa vide na que se nos fala que as pepitas de vide chegaron a identificarse en castros e noutros xacementos de Portugal e de Galicia, afinando así o discurso, pois o viño era relacionado co mundo Mediterráneo e clásico pero isto empeza a matizarse pois tamén vemos presenza da vide silvestre no noroeste dende o neolítico. Debemos mencionar que esta vide é silvestre, facéndonos a pregunta de se estas se consumen, como e se teñen algún tipo de manipulación, sendo este o novo discurso.

Sistematizaríase tamén nesta tese todo o material susceptible de ser lido arqueoloxicamente, non sendo igual isto a unha interpretación de uso (este material ten certas marcas, o que indicaría que se usaba para...). Habería así que analizar que función cumpriría cada peza de material para a agricultura, definindo posibles labores agrícolas retratadas a través desta utillaxe agrícola e realizando unha representación porcentual para os traballos (rueda porcentaje aula v.) ademais de analizar o almacenaxe deste utillaxe, tema que non estaría de todo sistematizado, non habendo análises e evidencias claras de onde se gardaba cada cousa. Habería así propostas de posibles zonas de almacenaxe pero que serían simples especulacións, aparecendo tamén zonas excavadas entre casas ás que se lles aplica a etiqueta de silos, pero isto sen considerar que o silo ten que ter unhas medidas e localización determinadas, tendo que considerar un silo sistemas de drenaxe (polo que non pode colocarse nunha pendente, por exemplo).

Un artigo acerca disto sería o que fala do Castelo de Laias, onde unha intervención arqueolóxica analizou a parte superior do castro, zona bastante monumentalizada na que apareceron moitas estruturas onde quedan restos de troncos finos e ramas, moitos restos de combustión e acumulación de sementes mesturadas (o que retrata un almacenamento non específico dun produto) cunha cronoloxía non calendárica. Outra vía que quedaría parada sería a tese de Estevo Amado que sacou traballos xunto con xente de química para buscar planificar o consumo de produtos cultivados que se comeron realmente, o que non podemos chegar a saber realmente pois non quedan restos dun produto como tal, senón que se fala do posible uso que tería cada resto (este produto podería haber sido utilizado para a creación dunha cervexa...). Estas novas investigacións e análises químicas estanse levando moito a cabo en Portugal.

A partir de aí a cerámica e en muíños, que se combina con arqueoloxía experimental, vai facéndose un traballo combinado. Dentro destes análises cromatográficos e químicos de substancias buscouse moito que era o que bebían os galegos, con pezas concretas que se suporía que servían para beber algo alcohólico.

O calendario agrario será nisto fundamental porque nos permite ver tempos de máxima intensidade de traballos agrarios para unha pregunta de carácter económico doutro nivel, o sistema produtivo. Estes calendarios se van retratando e hai que contrastalos cos calendarios doutros sistemas produtivos.

Outro aspecto para completar a visión agrícola son as terrazas agrícolas, que se trataba xa na arqueoloxía espacial, tendo os castros o que parecen zonas aterrazadas que non estaban fortificadas e que cremos que funcionarían como terreo de cultivo. Tamén relacionado coa antracoloxía temos a xestión do bosque ou silvicultura plantexada por unha arqueóloga, e a través da identificación taxonómica e identificacións anatómicas do que se ve nas madeiras plantexa que existiría un coidado do bosque (silvicultura), con certos árbores que necesitaban un tipo de poda específica para rentabilizalas. A maiores, os restos de cabrón aparecidos en xacementos deste tipo se utilizarían tamén en carbono 14, sendo analizados estes restos tamén en clave industria, podendo observar mediante o que foi queimado nun lugar (se se queimaron só ramas ou táboas) o tipo de carpintería utilizada nese lugar, collendo tamén da metalurxia os cravos. Poderíamos aquí ler a arquitectura castrexa mediante a cordelería, a cestería, a carpintería...

A cerámica tamén nos avisa de que por exemplo na cerámica castrexa suroriental en certa medida a oriental se inspira fundamentalmente na madeira, igual que pasa no mundo vacceo, con decoracións na cerámica que se chama escisa, e esta decoración escisa é unha anomalía técnica en cerámica pero en aquelas zonas onde a madeira ten moita máis presenza e prestixio esta terá efectos esqueuomórficos (unha liña que se está desenvolvendo moito e que nos fala das imitacións entre cousas e que serve para explicar a evolución destes obxectos), habendo pezas que son difíciles de conseguir e que se fan noutro material máis accesible.

Gandaría

Esta será outra disciplina importante, na que temos evidencias de que se comeza a retratar unha gandaría máis concisa onde destacan os ovicápridos, bóvidos, porcos... pero observando moi poucos restos de cabalos, aínda que apareceron restos dalgúns en restos dalgún castro de Portugal. Sorprende isto pois o cabalo era moi citado nas fontes clásicas e na arte rupestre galega, o que nos pode falar dun tratamento distinto a este animal pola súa importancia, segundo cada resto óseo unhas pautas (nalgunhas partes de Europa os cabalos se enterran cun axuar), non aparecendo así no noroeste na “basura” restos de cabalos.

Tanto os ovicápridos como os bóvidos parecen ser sacrificados nunha vida xuvenil, polo que non parecen animais de tiro. Os restos son moi poucos e con moitos problemas, polo que o que fan é que teñen distintas tonalidades que representan o número de evidencias (x número de costelas, etc.) facéndose unha valoración porcentual con respecto a un esqueleto modelo. O tamaño destes bóvidos é aquí lixeiramente menor que no resto da Península. A gandaría que vemos no noroeste require dunha certa estabulación, correspondendo esta gandaría que estamos retratando exclusivamente no litoral, que non é na actualidade unha zona demasiado gandeira, polo que realmente nos falta retratar a gandaría castrexa das zonas que poderían ser propiamente gandeiras no interior, tendo moitos problemas para conseguilo xa que os restos óseos só aparecen en ambientes calcáreos e non en ácidos, e na liña de costa veríamos basureiros do litoral que serían basureiros de cunchas que provocan un micro ambiente calcario.

O estudo interrelacionado de todas as interpretacións faunísticas do mundo castrexo está sen facer, aínda que está comezando a haber unha representación arqueozoolóxica. Temos algunha representación de cabalos nalgunha diadema castrexa, ademais de fauna silvestre; pero en cambio non vemos unha evidencia da caza, pois os restos de cérvidos que nos aparecen son restos de cérvidos non cazados, o que sabemos porque o que aparecerían son astas traballadas das que eses cervos se desprenden en outono (as astas de animais cazados teñen unha estrutura diferente pois ou se arranca e se levan parte do cranio ou se serra). Veríamos unha presenza puntual de linces, gato montés...

O Mar, Marisqueo e Pesca

Veremos tamén un retrato importante do marisqueo, existindo concheiros en lugares como na Cidade de Montealegre en Pontevedra onde o que se facía era que se tomaban algunhas cunchas para que quede un recordo de que comían ostras, ameixas... (o mexillón se conserva mal) e ás veces identificáronse taxonomicamente á especie, pero non individuos, e tampouco sabemos a cantidade que comían. En malacoloxía faise igual que cos esqueletos, facéndose unha colección de referencia e un retrato anatómico, e así pódese identificar unha especie concreta. Para identificar individuos nun bivalvo o mellor é a parte inferior da cuncha (a que une ambas valvas). O que fan é intentar un muestreo estatístico que garantice unha representatividade (x cantidade por cada unidade estratigráfica). Buscábase así identificar a variedade taxonómica que comían, a súa cantidade, variedade (con valor estatístico)... e coa identificación taxonómica vemos que en Lugo en época romana comeron ostras, nalgunhas zonas concretas se acumularon conchas de púrpura (o que fala dos colorantes máis comúns utilizados). O outro dato que se analiza é a onde pertencen, e estes mariscos pertencen principalmente á zona de estuarios, aínda que ás veces aparece algunha cuncha de mariscos que viven entre 20 e 50m de profundidade (pero de xeito puntual); ademais de analizarse tamén patróns de rotura para saber como comían estes moluscos. Este tipo de esquema acompañará polo tanto a este tema e a partir de aí comezamos a ter un retrato que se está preparando para favorecer a anatomía de zonas marítimas para un futuro, empezando tamén a haber actualmente análises de microtoponimia no entorno dos castros.

Vemos xa centrándonos na pesca unhas pedras que puideron funcionar como pesos de rede, anclas, rañeiras para pesar polbos... Aparecen tamén anzuelos principalmente de bronce e algún de ferro (pero menos, xa que se conserva fatal), representacións de peixes en cerámicas e pedras... Falamos de pesca grazas a teses que se fixeron acerca de ictiofauna, nas cales toman esqueletos de distintas especies de peixes e fan unha previsión sobre que é o que pode aparecer para cada especie, idade, subespecie... pero a tafonomía conserva mellor unhas cousas e outras. Aparecerían así moitas veces partes das vértebras da cabeza, a que ten infinidade de ósos pero que non son moi definitorios, polo que a definición taxonómica é moi complexa. Son importantes os hábitos dos peixes, pois non se caza igual un peixe carnívoro (con anzuelo) que un herbívoro.

Isto que acabamos de ver será importante para realizar clasificación paisaxística que temos do mar, feita dende a visión comercial e das interaccións que suceden nos castros costeiros, buscándose unha explicación medioambiental de, por exemplo, por que as rías baixas propician unha navegación de cabotaxe curto, permitindo as correntes mariñas acceder a case cada castro; mentres que a zona do golfo ártabro e do norte son zonas de cabotaxe longo e de altura, existindo aquí diferentes alterativas de interacción.

A Industria Textil

Podemos facer unha cadea operativa sobre a industria téxtil, acerca de que plantas por exemplo son tecibles (as silvas, a ortiga... pero cada un cunhas especificidades distintas para que sexa susceptible de ser tecido). Nesta cadea operativa sabemos que temos ovicápridos que nos dan unha fibra, o lino... Os tecidos de lá son raros de encontrar porque se conservan moi mal, mentres que os de lino se conservan algo mellor; aparecendo mellor o téxtil cando está en contacto cun elemento metálico. Os tipos de entramados, estampados... terán gran importancia por podernos beneficiar das súas investigacións, con moitas evidencias que se poden ler en clave téxtil como a aparición de tesoiras moi parecidas ás tradicionais utilizadas para esquilar.

A partir de aí volvemos ás esculturas e vestimentas, onde se verían representacións de roupas, nas cales é moi relevante o seu remate para que estas non se desfíen, existindo xa nesta época telares de rebordes, rebordes que se apreciarían nestas esculturas, e tamén se representarían decoracións que poderían ser bordados ou estampados feitos durante o tecido (vénse moitos motivos curvilíneos na roupa). No caso das faldas, estas terán unha decoración que sería anómala na orfebrería e decoración arquitectónica, cunha decoración clásica das faldas escocesas. Todos estes estampados e entramados implicarían distintos niveis de telares con anchos distintos. A nivel de vestimentas destacarán as fíbulas, que nos dan gran información e nos permiten pensar que existen niveis nos tecidos e mantos (existen fíbulas castrexas que teñen prata e que nos expresan que son caras).

Metalurxia

Continuando cos procesos produtivos, referido á metalurxia cabe mencionar que dentro da terminoloxía castrexa nos nomes que a etiquetan hai quen plantexa “Idade de Ferro no noroeste” pero hai autores que manteñen que non sucede unha Idade de Ferro no noroeste ou non haber aquí unha metalurxia do ferro, xa que este era pouco valorado patrimonialmente, se oxida con facilidade e é difícil de conservar (o bronce se conserva moito mellor)... polo que é máis fácil buscar unha evidencia arqueolóxica mediante á arquitectura, pois se vemos sillería, como nos castros da zona bracarense, poderíamos ler indirectamente a presenza dun metal contundente para traballar elementos duros como a pedra. Outro tema serían as exploracións de Martín Almagro, onde se colocarían as primeiras manufacturas de ferro, significando isto tamén elementos de ferro importados e non como tal a existencia de talleres de metalurxia de ferro, para o que necesitaríamos elementos sintomáticos da manufactura como restos dunha forxa, tenazas... o que só temos na cultura castrexa nos momentos finais das oppida bracarenses. Ao elaborar Almagro estes mapas, plantexou que a maioría de pezas analizadas dos tesouros eran pezas moi valoradas, exóticas e puntuais que se atopaban principalmente na vertente atlántica. As datacións das primeiras evidencias de produtos elaborados en ferro dataríanse do bronce final, e inclusive nalgúns castros galegos como en Torroso. Veríamos así que a metalurxia do ferro non está excluída, pero é, especialmente a fase do Ferro I, moi difícil de caracterizar.

A metalurxia máis retratable e da que temos máis evidencias, pero que aínda non está de todo retratada, sería a metalurxia de bronce, que se conserva mellor que o ferro porque ás veces forma no proceso de oxidación unha capa que protexe ao obxecto, atopándonos sobre todo en ambientes calcarios obxectos moi ben conservados. Dentro desta metalurxia de bronce temos moitos obxectos como serían unhas pequenas bolas (que non sabemos que función tiñan) con remaches onde habería restos de prata... Vemos así que temos unha importante metalurxia de bronce, sobre o que os análises arqueométricos de composición metálica din que ao longo de toda a Idade de Ferro veríamos nas Médulas unha parte dunha casa que se consideraría como un taller, identificando alí metalurxia da etapa Calcolítica, a máis básica, con mineral de estaño e cobre aleatoriamente nunha vasilla forno e da que sae unha aleación non medida. Apareceron tamén neste lugar restos de sítulas e de caldeiros metálicos de estética estándar en todo o noroeste que non sería cotiá e que estaba feita mediante unha receita (unha morfoloxía concreta, uns motivos concretos...), e para este tipo de pezas se fabricarían cunha aleación na que o estaño e o cobre teñen unha proporción medida e estándar de maneira que nun mesmo taller como sería este das Médulas se farían moitos tipos de metalurxia. Aparecerán tamén moitos crisois, que nos evidencian produción metalúrxica en cantidades reducidas e puntuais, e a caracterización de crisois basearíase en analizar as súas costras para así ver a cantidade de usos que recibiron. A metalurxia ademais de controlar as aleacións terá moldes moi sofisticados para conseguir pezas ocas, lixeiras e finas; utilizándose en especial a técnica da cera perdida, que necesita dun oficio concreto, con metalúrxicos especializados que controlasen temperaturas, aleacións...

Olería

Neste tema podemos intentar retratar o oficio, pois a cerámica en arqueoloxía inicialmente valía case en exclusiva para identificar culturas (cerámicas exclusivas de cada zona ou pobo como elemento troncal) pero ao aparecer modelos de análise novos se incorporan á cerámica, podendo analizar un sistema produtivo, a cadea técnica, as cadeas de consumo... A olería castrexa sería totalmente oposta á ibérica (de gran calidade) e na celtibérica, aparecendo alí cerámica de pastas claras e aquí máis escuras. Se plantexaba así que a cerámica castrexa, ao ser de menor calidade, era de autoabastecemento, tratándose dunha cerámica tosca, esteticamente menos espectacular... pero se lle queremos aplicar unha cadea técnica o temos máis fácil, pois igual que na metalurxia, para a protohistoria temos oficios tradicionais como oleiros actuais que podemos usar de guía, ademais tamén de mediante libros de olería tradicional galega para analizalas. Intúese que a olería castrexa sería así moi similar á tradicional galega, pois o sistema de auto produción será no Ferro I e Bronce Final, pero xa no Ferro II veríamos esta olería similar á tradicional, con oleiros que combinan o oficio coa agricultura ou a gandaría pero que estaban especializados. Destacaban oleiras ambulantes que ían polas casas a modelar as pezas, que despois serían cocidas todas xuntas. Vemos así como non era calquera persoa a que no Ferro II modela ou coce. A olería setentrional era máis escueta, pero que non ten que ver coa tosquedade, sendo unha cerámica máis austera na decoración pero cun nivel de produción e de técnica importante.

Para o abastecemento de barro é probable que nunca tivésemos unha barreira castrexa. O barro ao extraerse non debía estar nin moi duro nin moi brando, pois non se trataba de minería senón de depozos similares aos neolíticos, tradicionais e sen galerías moi profundas que darán lugar a lagoas artificiais ou a charcas vivas, polo que identificar unha extracción antiga é complicado. A través do nivel tecnolóxico da cerámica castrexa e do volume de consumo teríamos que falar dun volume de extracción amplo e continuado, e en canto ao utillaxe utilizaríase o sacho, pero cun mango máis longo, polo que é imposible distinguir o utillaxe agrícola do de extracción de barro ou da olería. Tras extraerse os bloques de barro estes se machucan, unha vez que esta encurtido se amasa cos pes e co peso do corpo (empisado) e a partir de aí se extrae un volume de barro denominado como pella que se amasaría coas mans. Sobre estas pellas de barro, si que veríamos restos nos castros como a que vemos no Museo de Ourense. Así empezaríamos a retratar a cadea operativa, con diversos sistemas de modelado. Na zona do Miño aparecen parrillas entre as casas, as cales actualmente foron reproducidas coa axuda dos oleiros, e que servían para realizar unha cocción das pezas, cunha colocación concreta que permite que se realice unha cocción máis grande da que pode parecer nun inicio. Facendo cálculos, como en Castrovite, se nos fala que por superficie escavada para un número concreto de séculos realizarían unha fornada por mes ou cada dous meses, polo que as parrillas atopadas son suficientes para levar a cabo esta cocción. Dentro desta cadea teríamos así volumes de consumo, e na zona norte sería máis escueto o consumo de cerámica, sendo unha zona de escavación arqueolóxica moito máis barata, pois nas rías baixas veríamos unha gran cantidade de cerámica a diferencia de no norte. Así, nas rías baixas veríamos basureiros onde ás veces se fala especificamente de botados de cerámica.

5. Coordenadas Geográficas e Interaccións

Mapas Arqueolóxicos

Destacarán aquí os mapas arqueolóxicos, onde veríamos unha diversidade territorial. A cerámica nos permitiría definir territorios moi específicos porque as estéticas oleiras nolo permiten, e unha vez feito con cerámica, os mapas que se propoñen para outras evidencias arqueolóxicas poden ser plantexados e ver en que converxen. Os mapas xeográficos de cerámica non indican territorios culturais, indicándonos máis ben interaccións relacionadas coa oleiría. Se vamos sumando mapas de todas as evidencias arqueolóxicas veremos constantes, como na orfebrería, onde a cantidade das arracadas atopadas en castros son moi pequenas, pero os torques sempre aparecen fora de castros, non se sabe a onde corresponden... polo que os mapas de disposición só son válidos para algunhas pezas. Cada sistema produtivo dará lugar a mapas diversos no mapa, o que nos indican sistemas de interacción diferentes.

A través de todos estes mapas vemos que hai unha área setentrional definida tanto en orfebrería, arquitectura... é dicir, mundos constantes en diversas variantes, cunha diferencia entre a zona setentrional e as rías baixas. Podemos incluso falar de liñas de fronteira, cunha tradición oleira que chega a unha zona e a partir de aí predominaría outra oleiría distinta... Existirán incluso mapas que terán que ver con baños de vapor, con teses que defenden que a pesar de haber matices dunha zona a outra, pois vemos no norte un proceso de aculturación onde os castrexos chegan a acordos diplomáticos cos romanos unha vez rematada a época de conquista e a elite incorpora baños romanos, pero aquí xorde o problema de que estes baños non se parecen en nada aos romanos. No caso da zona das rías baixas non veríamos este proceso de aculturación dos baños.

Veremos tamén mapas sobre os tamaños dos poboados, onde observaríamos dúas hipóteses: que todo sucede en contacto cos romanos; ou a hipótese na que traballan autores como Brais Currás que nos falan dalgo prerromano, pois en época romana os castros case esmorecen. Nos mapas de distribución de Juan Naveiro López sobre o comercio (fará puntos concretos como golfo ártabro), facendo mapas de distribución de produtos con intervalos calendáricos concretos, e parecendo que no litoral se ve isto durante máis tempo e períodos máis antigos. Con respecto a esas distribución están comezando a aparecer teses como a de Daniela Ferreira encauzada por Rui Morais sobre fragmentos gregos de cerámica en castros, falándose así de comercio, pero con fragmentos moi difíciles de identificar polo seu pouco tamaño, observando preferencia coas cráteras con respecto a outras pezas nesta zona. A pesar de que estes achados son reducidos, todos os castros das rías baixas sempre teñen o mesmo tipo de pezas, destacando as cráteras ibreopúnicas, áticas... como xa mencionamos, unha das pezas preferidas, que proviñan do suroeste da Península e do norte de África, cunha demanda específica e diferencial destas pezas no noroeste. Dentro destas pezas veríamos asas que son similares ás cráteras de columna áticas, podendo tratarse de imitacións ou “crateroides”. Unha vez asegurada a interacción comézase a plantexar os distintos motivos que vemos nas cerámicas, tendendo o arcaico a ser máis antigo pero non sempre. Resulta que temos do Bronce Final e Ferro I en diversos castros a cerámica que só tería decoración rectilínea, e nun momento dado incorporaríanse motivos curvilíneos feitos a compás.

Coordenadas Cronolóxicas

A día de hoxe temos datacións radiométricas por carbono 14, e hoxe comezamos a ter unha sistematización. Vemos que as datacións radiocarbónicas en castros destacan as do Bronce, pero case non teríamos no cambio de era. Sobre os produtos de importación, estando estes ben definidos, temos os packs de cada intervalo cronolóxico, con secuencias calendáricas de produtos, dándonos así intervalos calendáricos ata inicios do século IV A. C. e nos avisa de que estes castros do noroeste estarían ocupados. A cerámica nos permite unha secuencia relativa, que se trata de dividir as cerámicas en arcaicas, evolucionadas e máis evolucionadas aínda, pero que non significarían nada calendáricamente, pero se os contextos arqueolóxicos van respaldando, podemos ver que a cerámica iría acompañada sempre de materiais dun ambiente concreto, fabricando así pouco a pouco intervalos calendáricos que poden chegar a ser tremendamente finos. Deste xeito só visualmente a cerámica nos dá información, o que se sumaría á aparición de marcas que poderían ser do consumidor ou do propio oleiro.

Necesitamos así contextos arqueolóxicos, que serían as estratigrafías, e estas son as únicas que nos poden chegar a permitir isto.

Entradas relacionadas: