Explorando a Cantiga de Amigo: Orixe, Temas e Subxéneros
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,15 KB
Funcións das Cantigas
Trobador: era o personaxe da nobreza que elaboraba as composicións por entretemento. Xograr: interpretaba as composicións dos trobadores, eran xente de clase baixa social e só eran admitidos en palacio para desenvolver o seu espectáculo.
Tradición Manuscrita
- O Cancioneiro da Biblioteca Nacional: é o que contén o maior número de composicións.
- Cancioneiro de Vaticana: consérvase en Italia e é o segundo número de cantigas.
- Cancioneira de Ajuda: consérvase no pazo de Ajuda en Lisboa.
- Pergamiño Vindel: consérvase en Nova York, é o único que conserva cantigas de amigo musicadas.
- Pergamiño Sharrer: é o único exemplo de cantiga de amor.
Orixe da Cantiga de Amigo
É un xénero poético de orixe autóctona. Responde ao modelo de canción de amor feminina.
Simboloxía
- A auga asóciase á fertilidade.
- O cervo asóciase coa figura do amigo.
- O cabelo simboliza o sentimento amoroso.
Subxéneros da Cantiga de Amigo
- Mariñas ou barcarolas: son composicións de ambientación mariña, que introducen referencias ao mar, ás ondas ou aos barcos e, por extensión, ao río ou lago. As mariñas son as cantigas máis fieis ao modelo tradicional: todas teñen refrán e paralelismos. Isto fai pensar que derivan da lírica popular pretrobadoresca.
- Cantigas de santuario ou romaría: caracterízanse pola referencia a algún santuario ou ermida na que se venera a un santo, que se cita nos seus versos. Pénsase que foron feitas por encargo, como propaganda de determinados templos. Ir de romaría é o pretexto para a amiga poder encontrarse co amigo, libres do control materno, xunto coas súas amigas.
- As bailadas: aparecen referencias e convites explícitos á danza. Todas elas presentan unha acusada musicalidade e abundantes recursos paralelísticos relacionados cos xiros do baile.
- Albas ou alboradas: este é un xénero de orixe provenzal. Trata a despedida dos namorados ao romper o día, despois de pasaren a noite xuntos. Na poesía galegaportuguesa non temos ningunha cantiga que siga exactamente ese modelo. A máis próxima é a de “levade amigo que dormides as mañás frías” de Nuno Fernández Torneol, nos que se reflicte o remate da relación amorosa e os reproches da moza perante as traizóns do amigo. Por iso se tenden a considerar albas a aquelas en que se faga referencia á noite ou ao momento de romper o día.
- O resto de cantigas serían cantigas de fonte, cantigas de confidente, cantigas de nai e filla, cantigas de ciúmes, etc.
Modos Poéticos
- Cantigas narradas: son aquelas en que a voz poética feminina canta as súas queixas de amor sen dirixirse a ningún destinatario explícito.
- Cantigas monologadas: son aquelas nas que está explícita unha segunda persoa (a nai, as irmás, as amigas, o amigo...) como destinataria, pero sen que esta interveña na cantiga.
- Cantigas dialogadas: son aquelas en que interveñen dúas ou máis voces (amiga e nai, amiga e elementos da natureza...), dando lugar a unha forma dialogada.
Diferenza entre a Cantiga de Amor e a Provenzal
- Extensión: a de amor ten unha extensión menor.
- Ambientación: na de amor é unha dona idealizada, na provenzal era real e estaba casada.
- Sentimento amoroso: na de amigo é un amor platónico.
Temas da Cantiga de Amor
A beleza física: as cualidades morais, a reserva da dama e o amor non correspondido e a queixa de amor.
Recursos Formais
- Dobre: repítense palabras ou segmentos enteiros en lugares fixos.
- Mordobre: repítense variantes gramaticais dunha palabra.
- Ata-finda: o verso final dunha cobra continúa no primeiro verso da seguinte.
- Finda: conxunto de versos que se dá ao remate dun poema.
Cantigas de Escarnio
Son aquelas que falan mal dunha persoa de maneira indirecta.
Cantigas de Maldicir
Son nas que se ataca de forma directa.
Tipos de Sátira
- Sátira literaria: critícase aos autores e a súa literatura.
- Sátira social: sempre centrada na crítica a un individuo.
- Sátira obscena: os trobadores e os xograres pretenden crear o riso fácil.
- Sátira política: céntrase en atacar tres graves defectos.
Xéneros Menores destas Cantigas
- A pastorela: presenta un encontro entre un cabaleiro e unha pastora nun medio bucólico.
- O lai: poemas franceses de tema amoroso.
- O pranto: a dor pola morte dunha persoa.
- A tenzón: é un texto dialogado entre dous trobadores.