Explorando as Variedades Lingüísticas Galegas e o Grupo Nós: Unha Visión Detallada
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 6,44 KB
Variedades Lingüísticas do Galego
Variedades Temporais, Históricas ou Diacrónicas
Variacións dunha lingua ao longo do tempo.
Variedades Xeográficas ou Diatópicas
Variantes que unha lingua presenta nas distintas zonas xeográficas nas que se fala.
Variedades Socioculturais ou Diastráticas
Determinadas por factores como nivel cultural, idade, sexo...
Variedades Situacionais ou Diafásicas
Modalidades da fala que escolle o falante segundo a situación comunicativa.
O Grupo Nós
Formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. Nacen en torno a 1885 e pertencen á época da Xeración das Irmandades da Fala. Diferéncianse doutros escritores da época pola súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara o galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. Castelao únese para realizar proxectos artísticos, políticos e culturais. O nome procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920, con desaparición en 1936, contén 144 números. Foi a publicación máis importante da Galicia da preguerra. A gran preparación intelectual destes autores permitiulles facer un importante labor pola cultura galega; a eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.
- Ámbito político: participaron das teses do nacionalismo, lideraron o Partido Galeguista.
- Ámbito literario: o principal logro foi a consolidación e renovación da prosa, tanto a narrativa como o ensaio.
Variedades Xeográficas do Galego
Bloque Occidental (Esquerda)
- Gheada (amigho, ghato)
- Seseo implosivo en case todas as falas (lus, des)
- Seseo explosivo só no occidente (sapato, veciño)
- -oi- maioritario (moito, loita)
- -ns para nomes rematados en -n (cans, camións)
- -án para os dous xéneros (o irmán/a irmán)(o chan, a lan)
- Pronome ti
- Formas verbais (colleches, foches)
Bloque Central (Medio)
- Gheada só no occidente (ghato)
- Ausencia case total do seseo (zapato, dez)
- -oi- maioritario (moito, loita)
- -s para nomes rematados en -n (cas, camiós)
- -ao para masc, -á para fem (o irmán/a irmá)(o chao, a la)
- Pronome ti (occidente) - tu (oriente)
- Formas verbais (colliches, fuches)
Bloque Oriental (Dereita)
- Ausencia de gheada (gato)
- Ausencia de seseo (zapato, dez)
- -ui- (muito, luita) ou -u- (muto, luta)
- -is (cais, camiois)
- -ao para masc, -á para fem (o irmán/a irmá)(o chao, a la)
- Pronome tu
- Formas verbais -is (cantáis) = cantades
Obra de Vicente Risco
A obra caracterízase polo seu didactismo e intelectualismo, humor crítico e motivos esotéricos. Cambia o ruralismo por ambientacións urbanas. Estilo caracterizado pola sobriedade expresiva, escasos artificios retóricos.
Narrativa
1928, 1919, 1925
- O porco de pé: obra máis importante; sátira contra a burguesía, trata dun tendeiro que chega a ser alcalde. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía, en contraposición de Alveiros, quen acaba sucumbindo ante o mundo burgués.
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: narración humorística, o protagonista entra en contacto co mundo dos mortos e libera a momia de Tutankamen das súas vendas.
- O lobo da xente/A trabe de ouro e a trabe de alquitrán: narracións breves inspiradas en lendas e crenzas populares (lobishome).
- Os europeos en Abrantes: novela inacabada que satiriza persoas e costumes da vida ourensá.
Ensaio
1920, 1933, 1934
- Teoría do nacionalismo galego: define unha nación a partir dos elementos da terra, raza e lingua.
- Nós, os inadaptados: explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica a modo de autobiografía.
- Mitteleuropa: recolle as experiencias da viaxe realizada por Centroeuropa en 1930.
Teatro
1928
- O bufón de El-Rei: drama do medievo, sobre un bufón que delata ante o rei a relación amorosa entre a raíña e un cabaleiro, sen saber que este é seu propio irmán.
Obra de Ramón Otero Pedrayo
Moitas descricións (paisaxes e ambientes), moitas imaxes, metáforas e símbolos. Referencias culturais e extensos parágrafos de oracións subordinadas.
Narrativa: novelas longas e relatos breves
1928, 1930, 1934, 1934, 1935
- Os camiños da vida: primeira novela, trata dos cambios que se producen na Galicia do S.XIX. Protagonizada por dúas familias fidalgas que amosan a súa decadencia económica, física e moral. A acción transcorre en Trasouto, Ourense e Santiago.
- Arredor de sí: retrato da xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo. O protagonista viaxa por diversos lugares de España e de Europa e vai experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de volta a Galicia.
- A romería de Xelmírez: novela de asunto medieval que trata da viaxe do arcebispo Xelmirez a Roma.
- Fra Vernero: única obra que non fai referencia a Galicia (narra a vida de Zacarias Werner).
- Devalar: transcorre en Santiago nos anos do Seminario de Estudos Galegos.
Ensaio: temas de xeografía e historia
- Síntese xeográfica de Galicia (1926)
- Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)
Teatro
1928, 1952
- A lagarada: traxedia situada no Ribeiro na época de vendima. Trata do asasinato do señor Vences.
- O desengano do prioiro: trata humoristicamente a implantación na leda terra do Ribeiro da industria dos cadaleitos.