Explorando as Vanguardas Artísticas en Galicia: Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 8,07 KB
A orixe das vangardas
No século XX aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitaban as súas tradicións culturais e pretendían reflectir as formas de vida moderna.
Querían romper con todo o anterior e difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador.
Na procura de novos camiños expresivos, crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión de signos de puntuación …
Principais movementos de vangarda
- Futurismo: Defende que a arte debe reflectir o moderno, exalta a velocidade, as máquinas, o perigo e a audacia.
- Cubismo: Pretende captar a realidade das cousas seguindo os métodos científicos. Rompe coa perspectiva clásica e usa formas xeométricas. Colaxe e caligramas.
- Dadaísmo: Propón unha negación de todo, unha revolta contra a sociedade e a cultura do momento.
- Surrealismo: Salienta a compoñente irracional do proceso de creación, valora os soños e incorpora as ideas da psicanálise de Freud. Manifesta un forte compromiso político. En literatura, a obra constrúese mediante a escrita automática, o humor, o absurdo ou os elementos oníricos.
As vangardas en Galicia
Nos anos vinte e trinta, prodúcese unha renovación literaria. As limitacións sociais impedían o desenvolvemento pleno do movemento vangardista. O poeta Manuel Antonio, o pintor Álvaro Cebreiro e as revistas literarias son as mostras máis significativas do papel das vangardas en Galicia.
Movementos
- Imaxinismo: Atopamos unha paisaxe humanizada con innovadoras imaxes de carácter sensorial; aprecíase a figura vangardista.
- Neotrobadorismo: Estruturas formais da lírica medieval, e recupéranse algúns temas, pero desde unha sensibilidade contemporánea. Álvaro Cunqueiro.
- Vangardismo: Asumiron intensamente os propósitos dos movementos de vangarda. Poesía achegada ao cubismo, pero de carácter abstracto. Influenza surrealista manifestada na expresión do subconsciente e no emprego da imaxe onírica. Manuel Antonio.
Manuel Antonio
Naceu en Rianxo en 1900. Moi unido ao movemento das Irmandades da Fala. Mantivo contacto co grupo Nós e con Álvaro Cebreiro. En 1919 estuda náutica en Vigo. Realiza diversas navegacións, pero enferma de tuberculose e morre en Rianxo en 1930.
En vida, publicou “De catro a catro” e diversos poemas en periódicos e revistas. O resto foron publicados a partir de 1972: “Con anacos do meu interior”, “Foulas”, “Sempre máis e despois” e “Viladomar”.
¡Mais alá!
Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro son os principais responsables deste manifesto, o principal texto teórico que deu a vangarda en Galicia. Os manifestos funcionaban como punta de lanza das súas propostas estéticas. Nel atopamos unha paixón revolucionaria, unha loa do individualismo e unha crítica do ruralismo e de conceptos estéticos que consideraban caducos. Fai unha forte defensa da lingua e do ideario nacionalista.
De catro a catro
É o principal libro de Manuel Antonio. Ten 19 poemas vistos desde a perspectiva do mar. É o diario poético dunha viaxe física polo mar e dunha viaxe interior marcada pola ausencia e a soidade. Linguaxe experimental e renovadora influenciada polo creacionismo.
O estatuto de autonomía e a guerra civil
O 14-4-1931 instaurouse a Segunda República. Etapa de intensa actividade política e desenvolvemento cultural. Déronse as condicións para que Galicia puidera ter un estatuto propio. As forzas nacionalistas agrupadas no partido galeguista fixeron a votación do 28-6-1936 cun resultado favorable. O autogoberno de Galicia parecía definitivamente despexado.
O 18-7-1936, o exército de Franco sublevouse contra a República e fixéronse co control de Galicia. Iniciábase unha guerra civil que durou tres anos. Rematou coa derrota de Franco.
A posguerra: Tempo de represión
A ideoloxía era contraria á democracia. Tiña puntos comúns coa dos réximes de Hitler e Mussolini. Propugnaba unha organización autoritaria da sociedade e tiñan unha idea de España baseada no catolicismo e unha uniformidade idiomática e cultural. Prohibíronse os partidos políticos e os sindicatos, pecháronse xornais e revistas, instalouse a censura e as liberdades individuais quedaron moi limitadas. Afectou as linguas distintas do castelán. O goberno de Franco provocou unha forte represión entre os que defendían ideas contrarias.
Galicia nos anos da posguerra
Os anos corenta foron moi duros pola escasa comida e impúxose unha economía de subsistencia ligada ao sector primario. A poboación procuraba non utilizar a lingua galega en público e en ámbitos formalizados. As consecuencias para a vida cultural que se expresaba en galego foron dramáticas. Clausuráronse as editoriais, as revistas e os xornais; foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura galega, outras víronse obrigadas a marchar para o exilio e outras foron apartadas do seu traballo. Co paso dos anos, comezaron a publicarse libros de poesía en galego e sen ningún contido molesto para as autoridades.
O rexurdir editorial
Nos cincuenta xorden iniciativas como unha necesidade para fundar editoriais que devolvan ao libro galego a continuidade necesaria e quebrada tras a guerra civil. Comezan a aparecer selos editoriais. Destaca “Galaxia”, que se funda no ano 50, coincidindo coa disolución definitiva do partido galeguista coa morte de Castelao. Nun primeiro momento, puxeron en marcha unha revista cultural (Grial) que aínda hoxe se edita.
Álvaro Cunqueiro
Naceu no ano 1911 en Mondoñedo. Estudou en Santiago de Compostela nos primeiros anos trinta e alí comezou o seu labor literario: Mar ao Norde, Poemas de si e non, e Cantiga nova que se chama ribeira. Na guerra civil, viviu en Ortigueira, dedicado á docencia e ao xornalismo. Ao rematar a guerra, exercerá a práctica xornalista en Donosti e Madrid ata que en 1947 regresa a Mondoñedo. Cando se fundou a editorial “Galaxia”, comezou a escribir textos en galego: Merlín e familia, As crónicas de Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Nos anos 60, instalouse en Vigo, traballando no Faro de Vigo, do que foi director. Nesta época publicou: Escola de menciñeiros e Os outros feirantes. Desenvolveu un amplo labor como conferenciante e articulista. Finou en Vigo en 1981.
Obra poética e teatral
Toda a súa vida escribiu poemas ou traduciuse doutros idiomas: Flor de diversos. Despois da guerra, publicou Dona de corpo delgado e unha serie de poemas que reuniu en Herba aquí ou acolá. Ademais de poemas baseados en mitos e persoaxes literarios, atopamos outros onde aparecen o paso do tempo e a morte. Tamén escribiu textos teatrais: A noite vai coma un río e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Tamén realizou traballos como ensaista: Tesouros novos e vellos.
Os mundos narrativos
Nas novelas e retratos, fai unha mestura da realidade e fantasía. Utiliza sempre técnicas propias da narración realista, con recursos tirados da tradición oral popular. Que unido aos ambientes familiares nos que se desenvolve a acción, provoca unha apariencia de realidade. Os personaxes proceden en moitos casos dos vellos mitos doutras culturas: Merlín e familia, Se o vello Simbad volvese ás illas. E o mesmo fai cos mitos nórdicos ou cos da literatura grega: Las mocedades de Ulises ou Un hombre que se parecía a Orestes. O humor é outra das características esenciais da súa narrativa.