Explorando as Vangardas e a Xeración do 25 na Literatura Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 14,24 KB

As Vangardas na Literatura Galega

Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden a renovación total da arte: as vangardas. Estes novos movementos pretenden romper coa tradición literaria para atopar novos camiños artísticos.

Características das Vangardas

  • Actitude romántica e antisentimental.
  • Total liberdade creativa, independencia e orixinalidade.
  • Defensa da “arte pola arte”.
  • Renovación da linguaxe literaria.

Entre estas correntes destacan o: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, etc. que difunden as súas propostas a través de manifestos.

A Xeración do 25

A xeración do 25 é un grupo de escritores galegos que levan a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das vangardas. Manteñen estreitas relacións cas Irmandades da Fala e da xeración Nós. Participaron no Seminario de Estudos Galegos e na creación do Partido Galegista. Empregaron como medio de expresión os órganos periodísticos do momento, como a revista Nós; pero tamén revistas literarias de creación propia: Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Yunque e Papel de color.

O Hilozoísmo

O hilozoísmo ten como tema principal do poema a natureza, que aparece animada e humanizada (personificacións). O hilozoísmo combina a tradición paisaxística coas imaxes e metáforas características da poesía vangardista. A súa meta é crear imaxes con intensos elementos tanto visuais (cores) como auditivos. En canto á métrica é sinxela, versos curtos e rima asonante. O seu iniciador foi Luís Amado Carballo o cal tivo unha gran influencia na literatura xa que foron moitos autores os que seguiron as características desta corrente. Outros dos cultivadores da corrente foron: Blanco Amor, Eugenio Montes e Manuel Luís Acuña.

O Neotrobadorismo

Esta corrente xurde grazas á difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os poetas introduciron numerosos elementos da lírica medieval: o tema amoroso, o paralelismo, o refrán... Combinándoos cas atrevidas imaxes vangardistas. Este interese pola literatura medieval responde tamén á recuperación da tradición literaria galega. Os principais representantes da corrente foron: Fermín Bouza Brey (co poemario Nao senlleira), Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira e Dona do corpo delgado), Xosé María Álvarez Blánquez (Cancioneiro de Monfero).

Creacionismo e Manuel Antonio

O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio, o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo de escritor vangardista do seu tempo. A súa obra fundamentalmente dentro da estética do creacionismo, caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, e aposta pola renovación temática e formal. En 1928 publica De catro en catro. Follas sen data dun diario de abordo único libro editado en vida. Composto por 19 poemas estructurado na apariencia dunha viaxe: partida - aventura - regreso. Cunha interpretación simbólica hacia a vida, é como a vida, naces, vives e logo morres. En 1972 edítase postumamente a súa Obra completa con diversos títulos ademais de De catro en catro: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois e Viladomar. Manuel Antonio expuxo as súas ideas sobre a literatura en dous textos en prosa: O manifesto Máis alá e o Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu.

  • No manifesto “Máis Alá”, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro expresan a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños, inspirándose nas vangardas. Pero mantendo a orixinalidade e a liberdade creativa, adaptando as vangardas ao estilo de cada escritor. Tamén amosan o seu compromiso coa lingua galega.

Outros Poetas Vangardistas

Álvaro Cunqueiro: á parte da súa achega ao neotrobadorismo tamén formou parte de outros movementos como o cubismo -Mar ao norde- e o surrealismo -Poemas de si e non.

A Prosa da Vangarda

Rafael Dieste é o mais importante prosista desta xeración. Escribiu Dos arquivos do trasno. Tamén publicou a obra de teatro A fiestra valdeira, unha comedia de carácter simbólico.

Os Personaxes na Narrativa

Os personaxes son os entes de ficción que viven os acontecementos narrados e fan que a historia progrese. Poden corresponder a unha persoa, un animal ou, mesmo, un obxecto, unha cidade, etc.

  • Segundo a súa importancia na acción novelesca, diferenciamos:
  1. Personaxes principais: aqueles que soportan a maior parte do peso da acción. Poden ser:
    • Protagonistas: os que dan orixe ao conflito e intentan acadar un obxectivo ao longo do relato.
    • Antagonistas: os que se opoñen ao protagonista e intentan impedir que este acade o desenlace desexado.
    • Adxuvantes: os que axudan ao protagonista a lograr os seus fins.
  2. Personaxes secundarios: a súa participación é menor e son simples complementos dos principais.
  • Segundo a súa natureza, adoitan clasificarse en:
  • Ficticios: aqueles que non existiron na vida real.
  • Históricos: os que si existiron.
  • Simbólicos ou alegóricos: representan un valor ou calidade. Ex.: a Morte.
  • Autobiográficos: o protagonista é, asemade, o narrador do relato.
  • Segundo a súa profundidade psicolóxica, distinguimos:
  • Planos ou tipos: son aqueles que están pouco elaborados e compórtanse sempre da mesma maneira ao longo da historia, non evolucionan e amosan un único aspecto de si mesmos, polo que as súas actuacións son sempre previsibles. Son personaxes estáticos.
  • Redondos ou caracteres: son aqueles que teñen profundidade psicolóxica, amosan distintas caras e van evolucionando en función das súas experiencias vitais. Son personaxes dinámicos.

Caracterización dos Personaxes

  • A descrición: presentación directa dos seus trazos físicos (prosopografía) e de carácter (etopea).
  • As accións e as palabras do propio personaxe. As accións dan conta de como é e de como se transforma. As palabras que pronuncia ou pensa o personaxe amosan as súas ideas, sentimentos, etc., e permiten coñecelo desde unha perspectiva cultural, social, etc.
  • Os comentarios do narrador ou doutros personaxes que opinan sobre el.

Vocabulario de Arquitectura e Urbanismo

Arquitectura relixiosa: catedral, capela, igrexa, claustro.

Arquitectura civil: parque, teatro, monumento, palacio gobernamental, ponte.

Arquitectura militar: fortaleza, muralla.

Arquitectura popular: hórreo, cabana, muíño.

Definicións

  • Cabana: Construción pequena, polo xeral de madeira, co teito de palla ou ramallos.
  • Ático: Último piso dun edificio, xeralmente co teito máis baixo ca os demais.
  • Dúplex: Apartamento, que ten dous niveis ou plantas unidas por unha escaleira interior.
  • Apartamento: Vivenda nun edificio de varias plantas, en particular a de pequeno tamaño.
  • Chalé: Casa con xardín construída xeralmente fóra dos núcleos urbanos.
  • Pazo: Casa grande, antiga e nobre, especialmente a situada no medio rural.
  • Urbanización: Núcleo novo de poboación formado por un conxunto de edificios proxectados conxuntamente.
  • Casas acaroadas: Casas unifamiliares construídas xunto a outras de similares características unidas por algún dos seus lados.
  • Cidade deportiva: Conxunto de instalacións destinadas á práctica dalgún deporte.
  • Cidade dormitorio: Cidade na que os seus habitantes se desprazan para ir traballar a outra cidade próxima.
  • Cidade xardín: Conxunto urbano formado por casas unifamiliares, rodeada cada unha dunha parcela de xardín.

Vocabulario: B / V

Adverbio, Obvio, Bisílabo, Observar, Benevolente, Absorber, Benvida, Obxectivo, Abelá, Baleiro, Avó.

  • Bota: A pelota bota. / Vota: Hai que ir votar.
  • Bago: unha uva é un bago. / Vago: folgazán.
  • Rebelar: ir en contra de algo, eu me rebelo / Revelar: dar a coñecer algo descoñecido.
  • Balor: peluxa branca (mofo) / Valor: valentía.
  • Bobina: cilindro pra enrrolar fío. / Bovina: relativo ao toro.
  • Rabo: cola / Ravo: unha planta.
  • Cabo: extremo ou parte saínte da costa. / Cavo: de cavar.

Vocabulario Meteorolóxico

  • Galerna: ráfaga súbita e borrascosa de vento frío.
  • Refachos de vento: vento de grande intensidade que aparece de forma repentina.
  • Treboada: chuvia intensa que pode ir acompañada de vento, adoita ter pouca duración.
  • Ondas salvaxes: mareas intensas que presentan perigo.
  • Alerta vermella: é o máis alto nivel de ameaza en diversos sistemas de comunicación.
  • Choveu a mares: choiva abundante e constante.
  • Nubes: masa de vapor de auga provocada pola condensación da húmidade da atmosfera.
  • Froallo: chuvia miúda que cae constantemente e con persistencia.
  • Corisco: vento frío e forte.
  • Ballón: tromba de auga forte e intensa.
  • Raida: pequeno espazo de Sol entre dúas chuvieiras.

Sinónimos

  • Lóstrego - alustro - lazo
  • Refacho - axada
  • Pedra - sarabia
  • Brétema - néboa - baraxeira (néboa baixa)
  • Fogaxe - bochorno
  • Poalla - orballo

O Galego a Partir de 1936

Co inicio da ditadura franquista iníciase unha forte represión da lingua galega. A maior parte da poboación continuou empregando o galego como lingua habitual nos rexistros informais. Pero en cambio a escola, a igrexa e os medios de comunicación castelanizáronse debido ao recoñecemento do castelán como única lingua oficial. Importantes sectores da sociedade como a burguesía adoptaron o castelán por ser considerado para as clases altas mentre que o galego quedou reducido ao rural e as clases baixas. Durante a ditadura, a única actividade a prol da lingua galega era a desenvolta no exilio americano, onde se publicaron obras como A esmorga (pola censura) de Blanco Amor, ou Sempre en Galiza de Castelao.

Os Anos Cincuenta

Van xurdindo en Galicia iniciativas culturais que procuran a recuperación da nosa lingua. No 1950 fúndase a Editorial Galaxia reiniciando así a producción literaria na nosa lingua. Nos sesenta xorden asociacións culturais como “O Galo” ou “O Facho” que reivindicaron o uso do idioma galego. Ademais de forma clandestina fúndanse os primeiros partidos galegos como a Unión do Pobo Galego ou o Partido Socialista Galego. A morte de Franco no 1975 posibilita o paso á recuperación completa da lingua, coa aprobación da Constitución, Galicia conta cun Estatuto de Autonomía que recolle a oficialidade do idioma.

A Literatura do Exilio

Durante a década 1940-1950, a única produción literaria en galego será a que se leve a cabo no exilio americano. Nestes países póñense en marcha revistas culturais e literarias, créanse editoriais, e continúase así a producción literaria en Galego sobre todo en Bos Aires. Tamén se produce unha forte denuncia social ao que esta a pasar en Galicia. Entre os exiliados salientan os nomes de Castelao, Luís Seoane, Blanco Amor...

Eduardo Blanco Amor

Nace nunha familia humilde en Ourense, cidade que será referencia constante da súa obra literaria. Emigra a Arxentina onde traballará como xornalista e iniciará o seu labor literario. Participa no proxecto Galeguista e crea no 1923 a Irmandade Nazonalista Galega. Nunha das súas viaxes a España entra en contacto con escritores da xeración do 27 como García Lorca. Durante a guerra civil Blanco Amor defende desde América a causa republicana e colabora cos exiliados galegos na actividade de oposición ao réxime franquista. Funda tamén alí o Teatro Popular Galego de Bos Aires. No 1965 regresa a Galicia (Ourense) e continúa co seu labor literario combinado coa publicación de artigos xornalísticos.

A Obra de Blanco Amor

Esta abrange todos os xéneros.

As obras narrativas de Blanco Amor comparten unha serie de características comúns: localización espacial, localización temporal (s.XX), protagonismo xuvenil e infantil, preferencia polo narrador en 1ª persoa, emprego de formas da fala popular e interés por crear unha literatura realista.

  • A esmorga: desenvolve unha historia tráxica que transcorre en diversos escenarios de Ourense.
  • Os biosbardos: conxunto de 7 relatos breves protagonizados por rapaces de Ourense que contan as súas experiencias persoais.
  • Xente ao Lonxe: unha novela longa que conta a historia dunha familia obreira e de esquerdas de Ourense.

Poesía: Romances galegos, Poema en catro tempos, Cancioneiro.

Teatro: Farsas para títeres, Teatro para a xente, Proceso en Jacobusland.

Entradas relacionadas: