Exploración Detallada dos Sistemas de Grupos Sanguíneos Humanos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 1,33 MB

Que é unha Transfusión Sanguínea?

É o procedemento mediante o cal se pasa sangue (ou algún dos seus compoñentes) dun doante a un receptor.

Compatibilidade Sanguínea: Doazón e Recepción

Coñecendo o teu grupo sanguíneo, a que outros grupos sanguíneos poderías doar, tendo en conta tamén o teu Rh? E se foses recibir unha transfusión sanguínea, de que grupos sanguíneos podería ser?

  • Grupo A+: Doa a A+, AB+. Recibe de A+, A-, 0+, 0-.
  • Grupo A-: Doa a A+, A-, AB+, AB-. Recibe de A-, 0-.
  • Grupo B+: Doa a B+, AB+. Recibe de B+, B-, 0+, 0-.
  • Grupo B-: Doa a B+, B-, AB-, AB+. Recibe de B-, 0-.
  • Grupo AB+: Doa a AB+. Recibe de todos.
  • Grupo AB-: Doa a AB+, AB-. Recibe de A-, B-, AB-, 0-.
  • Grupo 0+: Doa a A+, B+, AB+, 0+. Recibe de 0+, 0-.
  • Grupo 0-: Doa a todos. Recibe de 0-.

Sendo 0-, es doante universal, pero tan só poderías recibir do teu mesmo grupo sanguíneo. Isto débese a que, se se ten o grupo sanguíneo 0, os glóbulos vermellos non conteñen os marcadores A nin B. O sangue dos 0- non contén antíxenos A nin B, pero si ten os anticorpos anti-A e anti-B, e tampouco presenta o factor Rh.

Anticorpos Relevantes nas Transfusións Sanguíneas

Cales son os anticorpos de maior importancia nas reaccións debidas a transfusións sanguíneas? Son as inmunoglobulinas M, G e A.

  • IgM: Son aglutininas moi potentes e algunhas activan o complemento eficazmente (o máis importante). Presentan unha estrutura molecular pesada e un tamaño elevado, polo tanto, non poden atravesar a barreira hematoplacentaria.
  • IgG: Poden fixar o complemento. Debido ao seu menor tamaño, poden atravesar a barreira hematoplacentaria, provocando así a enfermidade hemolítica do recentemente nado (EHRN).
  • IgA: Está presente en secrecións (menos importante).

O Sistema AB0

En que consiste o sistema AB0? No sistema AB0, os antíxenos que determinan o grupo sanguíneo son cadeas curtas de oligosacáridos (carbohidratos) unidas a esfingolípidos da membrana eritrocitaria (ceramida) que sobresaen cara ao exterior dos hematíes. Os tres antíxenos que caracterizan este sistema teñen unha parte común (substancia precursora) e diferéncianse só no residuo terminal da cadea.

O Xen H e o Sistema Hh

Que ten de especial o xen H? É a base para a creación dos antíxenos A e dos antíxenos B. Por outro lado, este xen constitúe un sistema do grupo sanguíneo, que é o sistema Hh.

Características dos Grupos Sanguíneos AB0

Explica as características que consideres máis importantes sobre os grupos sanguíneos: A, B, AB e 0.

  • Grupo A: Presenta antíxeno A e anticorpo Anti-B.
  • Grupo B: Presenta antíxeno B e anticorpo Anti-A.
  • Grupo AB: Presenta antíxenos A e B e ningún anticorpo.
  • Grupo 0: Presenta antíxeno H (non ten antíxeno A nin antíxeno B) e ten anticorpos Anti-A e Anti-B.

O Sistema Rh

Explica brevemente o sistema Rh. É aquel sistema no que existen máis de 50 antíxenos, sendo os principais C, c, E, e e D. Estes antíxenos están formados por proteínas e glícidos (glicoproteínas). Este sistema clasifícase en Rh+ e Rh-, sendo o primeiro representado coa presenza do antíxeno D (adoita ser o máis abundante), e o segundo caso iría representado pola ausencia do antíxeno D.

Prevalencia dos Grupos Sanguíneos en España

A prevalencia dos grupos sanguíneos en España é a seguinte:

  • A+: 36%
  • A-: 7%
  • B+: 8%
  • B-: 2%
  • AB+: 2,5%
  • AB-: 0,5%
  • 0+: 35%
  • 0-: 9%

Formación dos Antíxenos H, A e B: Catalizadores

Indica cales son os catalizadores que se necesitan para a formación dos antíxenos H, A e B.

  • No caso do antíxeno H, o seu catalizador sería a transferasa H, a cal actuaría sobre a substancia precursora (oligosacárido), incorporando a fucosa.
  • Por outro lado, para o antíxeno A, o seu catalizador sería a transferasa A, e a substancia sobre a que actúa será o antíxeno H, o que vai incorporar a N-acetil-galactosamina.
  • Finalmente, o catalizador do antíxeno B é a transferasa B, o que fai é actuar sobre o antíxeno H, incorporando así a galactosa.

O Grupo Bombay: Ausencia do Antíxeno H

Existe algún grupo sanguíneo que sexa carente do antíxeno H? É o grupo Bombay, xa que as persoas que teñen este grupo teñen dous alelos do xen H (hh) que carecen da transferasa H e non poderán producir esta mesma substancia, e en consecuencia, os antíxenos A nin B.

Subtipos e Variantes do Sistema AB0

Téñense descrito diversos subtipos ou variantes dentro do sistema AB0. Cita todos eles e explica polo menos a diferenza entre os que consideres principais.

Subtipos do Grupo A

No grupo A, existen os subtipos A1 (80%) e A2 (20%). Entre estes subgrupos existen diferenzas cuantitativas e cualitativas. O subtipo A1 ten unha maior cantidade de antíxenos (cuantitativas) e está moi ramificado (cualitativas), mentres que o grupo A2 ten unha cantidade menor de antíxenos e está pouco ramificado.

Subtipos do Grupo B

En canto ao grupo B, existen dous subgrupos principais: B, B3 (os máis importantes), Bx, Bm e Bel.

Subtipos do Grupo AB

Finalmente, nos grupos AB, poderemos nomear os subgrupos A1B e o A2B.

Técnica para Diferenciar as Variantes A1 e A2

Que técnica se adoita utilizar para diferenciar as variantes A1 e A2? A técnica que se adoita utilizar para diferenciar as variantes A1 da A2 é a substancia da lectina, onde os hematíes do subgrupo A1 vanse aglutinar mentres que os do grupo A2 non o farán. A lectina (xénero Dolichos e especie Biflorus) é unha proteína de unión aos azucres que se atopa na súa maioría en sementes e raíces de leguminosas.

Identificación Xenotípica do Grupo Bombay

Identifica a nivel de xenotipo as persoas con grupo Bombay. Xenotipicamente, as persoas que teñen este grupo teñen dous alelos do xen H (hh), polo que carecen da transferasa H e non poderán producir esta mesma substancia, e en consecuencia, os antíxenos A nin B. Podemos dicir que fenotipicamente estas persoas considéranse como do grupo 0, pero cando se analizan obtense unha forte aglutinación con hematíes de todos os grupos sanguíneos, incluídos os do grupo 0. Isto sucede porque os individuos 0 Bombay conteñen anticorpos anti-A, anti-B e anti-H, e a substancia H é o antíxeno non presente nos hematíes do grupo 0.

Xenes do Sistema Rh

Cita cales son os xenes involucrados no sistema Rh, indicando onde se atopan e cales son as súas funcións.

  • Xen RHD: Codifica para o antíxeno D.
  • Xen RHCE: Codifica para os antíxenos C, c, E, e.

Estes dous atópanse no cromosoma 1 pero en posicións opostas.

Diferenzas entre Fenotipos D Parciais e D Débiles

Expresa as diferenzas existentes entre os fenotipos D parciais e os fenotipos D débiles.

  • O fenotipo D parcial identifícase como D, pero carece dunha parte do antíxeno (a nivel cualitativo).
  • O fenotipo D débil: neste caso, os eritrocitos teñen antíxenos D, pero en niveis moi baixos (a nivel cuantitativo).

Fenotipos Raros do Sistema Rh

Indica o nome dalgún fenotipo raro dentro do sistema Rh. O fenotipo Rh null ou nulo. Neste caso, os glóbulos vermellos deste individuo carecen de todos os antíxenos do sistema Rh. Isto prodúcese debido a mutacións do xen RhAG, que alteran a proteína asociada a este sistema.

Doante e Receptor Universal no Sistema AB0

Expresa dentro do sistema AB0, cal é o grupo considerado como doador universal e receptor universal, xustificando cada un deles.

  • O grupo que é considerado como doador universal é o 0-, xa que non ten antíxenos A nin B, pero si ten anticorpos anti-A e anti-B. Por iso, o grupo 0 non pode ser aglutinado por ningún sangue humano, sendo considerado así como doador universal.
  • O grupo que é considerado como receptor universal é o AB+, xa que ten os antíxenos A e B pero non porta os anticorpos A nin B, polo que pode recibir sangue de todos os grupos, xa que non se formará a reacción de aglutinación con ningún deles.

Outros Sistemas de Grupos Sanguíneos (ISBT)

Cita, dentro da listaxe de sistemas de grupos sanguíneos codificados e identificados pola ISBT, aqueles que alén do AB0, Rh e H consideres importantes.

  1. MNS
  2. P1PK
  3. Lutheran
  4. Kell
  5. Lewis
  6. Duffy
  7. Li
  8. Kidd

Sistemas Sanguíneos P e MNS: Particularidades

Que ten de especial o sistema sanguíneo P e máis o sistema MNS?

Sistema P

O sistema P ten un único antíxeno que se denomina P1. Cabe destacar que as persoas que expresan o antíxeno P1 teñen o fenotipo P1 e as que carecen del teñen o fenotipo P2. Por outro lado, o anti-P1 é xeralmente unha IgM natural que se atopa en persoas P2 e que non é activa a 37°C; pero noutras ocasións é unha IgG que si é activa a 37°C, polo que pode producir reaccións transfusionais hemolíticas.

Sistema MNS

Os principais antíxenos deste sistema (M, N, S, s e U) son determinantes peptídicos presentes nas sialoglicoproteínas do eritrocito, coñecidas como glicoforinas. Cabe destacar que os antíxenos M e N asócianse á glicoforina A, mentres que os S, s e U asócianse á glicoforina B.

  • Antíxeno M: Tratamento de proteólise enzimática.
  • Anti-M: Anticorpo natural frecuente.
  • Anticorpos Anti-M: Poden ser IgM (activas por debaixo da temperatura corporal e escaso interese clínico) ou IgG (activas a 37°C e con relevancia clínica).
  • Efecto dose: Só aglutinan eritrocitos homocigotos MM ou NN.
  • Antíxeno N: Tratamento de proteólise enzimática.
  • Anti-N: Anticorpo natural raro.
  • Anticorpos Anti-N: Efecto dose, só aglutinan eritrocitos homocigotos MM ou NN.

Por outro lado, os antíxenos S e s son menos sensibles e o U é o máis resistente ás enzimas. En conclusión, os anticorpos deste sistema poden provocar hemólise, polo tanto, é crucial transfundir sangue que non teña estes antíxenos.

Características do Sistema Lutheran

O sistema Lutheran non é moi habitual. Cita as características principais do mesmo. As moléculas portadoras deste grupo sanguíneo son dúas glicoproteínas de membrana ligadas entre si e procedentes do mesmo xen. Os seus principais antíxenos son o par antitético Lua e Lub; os anticorpos causan patoloxías leves.

2Q==

2Q==

Relación entre os Sistemas Kell, Kidd e Duffy

A continuación, preséntase un esquema que representa a información principal sobre a relación entre os sistemas sanguíneos Kell, Kidd e Duffy.

9k=

2Q==

Herdanza do Factor Rh

A seguinte imaxe resume os casos de herdanza do factor Rh.

9k=

Herdanza do Sistema AB0

A táboa a continuación ilustra a herdanza do sistema AB0.

Z

Entradas relacionadas: