Exploración da Literatura Galega Contemporánea: Narrativa, Poesía e Lexislación Lingüística
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 8,75 KB
Literatura Galega Contemporánea
3.1 Narrativa Actual
A partir de 1975, a narrativa galega insírese nun proceso de continua mudanza que leva ao cultivo de novos temas. Unha das consecuencias da transición á democracia vai ser a abundancia de obras que novelizan a historia, sobre todo a guerra civil e a posguerra. Tamén destaca a aparición de novas editoriais como Xerais. Alén de novas editoriais, nacen tamén unha serie de premios de narrativa, entre os que podemos citar o Premio Eduardo Blanco Amor e o Premio Xerais de Novela.
Temática da Narrativa Hoxe
A narrativa galega actual abrangue unha variedade de xéneros:
- Narrativa policial: Crime en Compostela de Carlos G. Reigosa
- Narrativa fantástica: O cervo na torre de Darío Xohán Cabana
- Narrativa histórica: O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes
- Narrativa de terror: Cando petan a porta pola noite de Xabier Docampo
- Narrativa de aventuras: Morning Star de Xosé Miranda
- Narrativa experimental: Polaroid de Suso de Toro
Características Xerais da Narrativa Galega Actual
- Tratamento de temas variados, aínda que se mostra certa preferencia pola narrativa histórica.
- Incorporación á escrita dun bo número de mulleres.
- Incremento do volume de títulos publicados, en especial desde a incorporación da lingua.
Novelas Históricas Destacadas
- Un home de Vilameán de Koan Bernárdez Vilar: ambientada nas revoltas irmandiñas.
- A nosa cinza de Xavier Alcalá.
- O triángulo inscrito na circunferencia de Victor Freixanes: ambientada na imigración galega americana.
- Morte de rei de Darío Xohan Cabana: ambientada na idade media durante o reino de Galicia.
3.2 Poesía Actual
A poesía actual ten como punto de partida mediados dos 70, data en que conflúen referencias poéticas imprescindíbeis para explicar as mudanzas experimentadas desde a década dos 80 neste xénero: Con pólvora e magnolias, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Este poemario actúa de maneira determinante sobre a renovación poética. Non obstante, certos/as poetas tamén recoñecen na súa obra a influencia dos poemarios Seraogna, de Alfonso Pexegueiro.
Características da Poesía Actual
Como resultado destas influencias xorde nos anos 80 un amplo grupo de poetas que partilla ideario estético con outros/as de xeracións anteriores:
- Preferencia por temas como o paso do tempo, a morte, o amor e a sensualidade.
- Concentración nos poemas dunha ampla variedade de referencias culturais: música, pintura, literatura...
- Lingua literaria moi coidada.
- Creación de grupos poéticos: Rompente.
- Presenza en revistas especializadas en poesía.
- Publicación de poemarios grazas á consecución de premios poéticos.
Lexislación Lingüística
1. Os Antecedentes
A situación actual da lingua galega no ámbito legal non sería posible se o galego non fose gañando, xa desde o século XIX. A súa entrada en vigor viuse truncada polo inicio da Guerra Civil. Naquel Estatuto xa se anunciaba o recoñecemento oficial e legal da lingua galega e, sobre todo, a introdución do galego no ensino.
2. O Marco Legal
Rematada a ditadura franquista, recoñécese a existencia de linguas diferentes do castelán: galego, catalán e éuscaro.
O artigo quinto do Estatuto di:
- Artigo 5: 1. A lingua propia de Galicia é o galego.
- Artigo 5: 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.
3. A Lei de Normalización Lingüística
Desde o momento en que se declarou a lingua galega como lingua propia de Galicia e cooficial co castelán, creáronse medidas lexislativas que protexesen e promovesen o uso da lingua galega: a Lei de normalización lingüística. Esta lei establece que o galego é a lingua propia de Galicia, declara os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos e ocúpase do uso oficial do galego.
- Artigo 4: 1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma.
- Artigo 4: 2. Tamén o é o castelán como lingua oficial do Estado.
- Artigo 6: 1. Os cidadáns teñen dereito ao uso do galego, oralmente e por escrito.
- Artigo 6: 3. Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega.
- Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
- Artigo 12. O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino.
- Artigo 14. A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non universitarios.
- Artigo 18. O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión públicas.
Literatura Universal
LEON TOLSTOI
Escritor ruso do s. XIX-XX.
- Anna Karenina: conta a historia dunha dama cun matrimonio insatisfactorio cun home maior ca ela. Vai iniciar un romance cun nobre militar que terá fatais consecuencias.
- Guerra e paz: conta a historia de varios personaxes durante a invasión napoleónica de Rusia a comezos do S.XIX.
FIODOR DOSTOIEWSKY
Escritor ruso do s. XIX.
- Crime e castigo: historia dun mozo pobre con algúns problemas psicolóxicos e que decide asasinar brutalmente a unha rica veciña, provocando despois o seu arrepentimento e o seu castigo.
- O idiota
- O xogador
VIRGINIA WOLF
Escritora inglesa do s. XIX-XX. Nas súas obras defende os dereitos das mulleres e diferentes de relacións afectivas e sexuais.
- Un cuarto propio: nesta obra defende o dereito á liberdade, independencia e formación para todas as mulleres, referíndose a que ela non tiña un cuarto propio.
- Orlando: conta a historia dun nobre do s. XVI que, tras un desengano amoroso, sofre unha metamorfose e un día esperta convertido en muller. Este cambio repetirase varias veces ao longo dos séculos ata a actualidade.
- Setora Dalloway: Conta a historia dunha moza durante un día, con todos os seus pensamentos e recordos.
Poesía de Posguerra
1. Caracterización
A Xeración das Festas Minervais recibiu esa denominación debido a que case todos os seus integrantes participaron e foron premiados nun certame poético denominado dese xeito, foi denominada por outros estudosos como Xeración de 1950.
2. Principais Liñas Temáticas
- Escola da Tebra. É unha corrente fortemente intimista.
- Paisaxismo renovador. Baséase nunha reflexión profunda ante a natureza.
- Poesía social ou socialrealista. Esta será a corrente predominante.
2.1 Manuel María
É autor dunha extensa obra. Foi un autor moi comprometido coa cultura, a sociedade e a política de Galicia.
2.2 Xohana Torres
Escribiu poesía e a importante novela Adiós, María e o libro Estacións ao mar.
2.3 Bernardino Graña
Formou parte do Grupo Brais Pinto. Profecía do mar é a súa obra de madurez, en que atopamos unha poesía máis vitalista.
2.4 Xosé Luis Méndez Ferrín
Un persoeiro moi importante do noso ámbito político. A súa obra clave é Con pólvora e magnolias, que supuxo unha reacción fronte á poesía socialrealista e marca a fronteira entre a etapa de posguerra e a poesía actual.
Conxugación Verbal
Presente: eu ando-varro-parto
Copreterito: eu andaba-varria-partia
Pret. Perfc: eu andei-varrin-partin-(el andou)
Antepreterito ou plusc: eu andara-varrera-partira
Futuro: eu andarei-varrerei-partirei
Condicional ou Pospret: eu andaría-varreria-partiria
Presente: eu ando-varra-parta
Preterito imperfecto: eu andase-varrese-partise