Exploración da Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Cantigas de Amigo, Amor e Escarnio
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,87 KB
Cantigas de Amigo
Ondas do mar de Vigo
A cantiga que se presenta é unha cantiga de amigo na que a voz poética é dunha muller namorada que busca ao seu amigo, expresando mágoa. Esta diríxese ás ondas do mar. O elemento da natureza que se presenta é o mar; por isto mesmo, clasificámola como unha cantiga mariña pola súa ambientación.
As figuras que se presentan son o refrán («E, ai Deus! se verá cedo!»), o leixaprén, porque o segundo verso da primeira estrofa repítese no primeiro da terceira («se vistes meu amigo»), e tamén aparece paralelismo estrutural («se vistes meu amigo»).
Bailemos nós xa todas tres
A cantiga que se presenta é de amigo, xa que a voz poética é dunha muller que se dirixe ás amigas invitándoas a bailar. Aparece na descrición da natureza (avelaneiras frolidas, ramo, avelaneiras). Podémola clasificar como unha bailada porque incita ao baile.
As figuras que presenta esta cantiga son o refrán («verá bailar»), paralelismo literal (primeiros versos da 1ª e 2ª estrofa) e paralelismo estrutural («se amigo amar»), no mesmo sitio e coas mesmas palabras.
Sedia-m'eu na ermida de San Simón
A cantiga que se presenta é de amigo porque a voz poética é dunha muller namorada que expresa mágoa pola ausencia do seu amigo. Presenta elementos da natureza como as ondas do mar. É mariña pola ambientación.
Conta con refrán («eu atenderei o meu amigo! e virá?»), leixaprén («e cercaron as ondas que grandes son»): o 2º verso da 1ª estrofa repítese no 1º da 3ª.
Cantigas de Amor
Ora non moito
A cantiga que se presenta é de amor porque a voz poética é dun home que se dirixe aos amigos, expresando a súa dor profunda polo amor non correspondido. Non fai alusión á paisaxe nin a describe.
Presenta paralelismo estrutural (o 4º verso de cada estrofa) e fiinda (os últimos 3 versos de cada estrofa).
Se eu podesse desamor
É unha cantiga de amor porque a voz poética é dun trobador dirixíndose a unha señor, expresando a súa dor profunda polo amor non correspondido. Non describe a dama nin a natureza.
Aparece refrán («a quen me sempre coita deu»), paralelismo literal (versos da 2ª e 4ª da 1ª estrofa), dobre («coita») e mordobre («enganar-enganou/dar-deu/buscar-buscou»).
Nela o trobador tamén expresa os síntomas que ten polo amor non correspondido, como a perda do sono, e tamén sente odio.
Cantigas de Escarnio e Maldicir
María Pérez, a nosa cruzada
A cantiga que se presenta é de escarnio e maldicir, xa que se critica a unha soldadeira chamada María Pérez. Utiliza a ironía para expresar a perda da virxindade de María.
Clasificámola como unha cantiga sobre sexo.
Consta de 3 partes: enunciación, paralelismo narrativo coa 1ª estrofa e glosa irónica.
Ai, dona fea
É de escarnio e maldicir porque se critica a unha muller chamándoa vella, fea e sandía, utilizando a sátira. Podémola clasificar como cantiga sobre defectos físicos.
Presenta dobre («cantar») e mordobre («luar-luei»).