Exploración da Lingua, Literatura e Cultura Galega: Conceptos Clave e Impacto Social

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,44 KB

Despedida a Akira Toriyama, creador de Son Goku e Arale.

Cal é a tese que defende o autor no texto anterior?

O autor defende a tese de que os medios de comunicación, máis concretamente a televisión, xogan un papel fundamental na normalización dun idioma. De feito, fala do importante que foi o programa Xabarín e a emisión da serie "As bólas máxicas" en galego, pois conseguiu que moita rapazada castelán falante se achegase por primeira vez ao noso idioma.

Indique a diferenza entre os conceptos de normalización e normativización.

Normalización Lingüística

É o proceso de recuperación por parte dunha lingua de funcións e ámbitos de uso que lle foron usurpados, así como da súa dignidade e aceptación por parte da propia comunidade lingüística. Pretende converter unha lingua en vehículo habitual e normal de comunicación entre os cidadáns dunha comunidade en todas as súas actividades.

Normativización Lingüística

A normativización lingüística consiste na elaboración dunha variedade estándar de lingua que funcione como modelo. Normativizar unha lingua é elaborar un código formal común.

Explique o significado dos termos hipergaleguismo, vulgarismo e arcaísmo.

Hipergaleguismo:
Forma inventada a partir das correspondencias lingüísticas entre galego e castelán (primaveira, brilar, estrano...).
Vulgarismo:
Palabra deturpada que se usa na lingua culta (probe, múseca...).
Arcaísmo:
Forma moi antiga xa desaparecida da lingua (vegada, capiduo, outo...).

Indique as funcións sintácticas que desempeñan os fragmentos subliñados.

  • "Ver "As bólas máxicas" na TVG cada tarde": Complemento Directo (para "As bólas máxicas"); Complemento Circunstancial de Tempo (para "cada tarde").
  • "ficaban": Complemento Predicativo (referíndose ao suxeito da acción).
  • "Aínda hoxe me atopo con persoas": Suplemento / Complemento de Réxime / Complemento Preposicional.
  • "ir ver o Xabarín era case unha relixión": Suxeito (para "ir ver o Xabarín"); Atributo (para "case unha relixión").

Achegue as características dialectais principais do bloque ocidental.

  • Plurais en -ns: cancións, cans, reféns...
  • Terminación -án para masculinos e femininos: o irmán, a irmán, a mañán...
  • Gheada.
  • Seseo total.
  • Uso do pronome "ti".

O teatro independente de Ribadavia.

En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase a creación de textos dramáticos. O exemplo de Ribadavia foi seguido por outras localidades (Vigo, A Coruña).

Os obxectivos do teatro independente son:

  • Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais, tanto urbanos como rurais.
  • Romper co concepto de teatro burgués e apostar pola itinerancia e a creación colectiva.
  • Pescudar novos métodos para a creación e a representación.
  • Crear unha rede teatral no país que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna.

O Grupo Abrente está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia. Ademais de escritores, son tamén directores e promotores de compañías. A pesar de que comezan a publicar antes de 1976 (Romería ás covas do demo de Manuel Lourenzo), a práctica totalidade das súas obras pertence a este período.

O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas. Por que cres que este libro se titula así? Que papel xoga o lapis na historia?

O lapis pertencera a un preso, pintor de profesión, que pintaba con el aos seus compañeiros de cela como se fosen os personaxes do Pórtico da Gloria. Posteriormente, acaba en mans de Herbal, garda do cárcere onde está preso o doutor Da Barca. Este lapis actúa como unha especie de voz da conciencia, a voz do "ben", que se opón á voz do mal, a do "home de ferro", e que fai que o comportamento de Herbal se mova entre o ben e o mal.

Entradas relacionadas: