Exploración da Filosofía Grega Arcaica: Arché, Physis e Métodos de Investigación
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,05 KB
Dimensións da Filosofía
- Explicación da dimensión teórica e práctica da filosofía:
A filosofía é unha actividade teórica, pero distinguimos nela dúas dimensións:
- Dimensión teórica: cando a actividade filosófica está dirixida ao coñecemento.
- Dimensión práctica: cando a actividade filosófica está dirixida ao ámbito da actividade práctica ou praxe.
O Arché nos Milesios
- Exposición sobre o arché para os milesios e os motivos da súa elección.
- Tales considera o Arché (principio de todo) como a auga, xa que cre que esta é a orixe de todo. Tamén considera que as cousas están cheas de deuses.
- Anaximandro considera o Arché (principio de todo) como o apeiron (ilimitado), e considera que todo nace e morre no apeiron.
- Anaxímenes considera o Arché (principio de todo) como o aire, e cre que a partir del se forman os demais elementos da natureza.
Todos os Milesios (Tales, Anaximandro e Anaxímenes) queren explicar o principio da Physis e escollen elementos naturais como a auga, o aire e o apeiron para explicala. Ningún escolle como elemento natural a terra, xa que crían que era o máis inmóbil dos elementos naturais e que non podería cambiar de forma.
Segundo os milesios, os elementos naturais poden cambiar de forma e transformarse noutros elementos da Physis porque están dotados de vida.
O Significado de Physis
- Exposición sobre o significado do termo Physis (inclúe a explicación dos dous sentidos do termo e a súa caracterización como un – múltiple … )
Physis significa para o filósofo da Grecia arcaica a presenza do que nace, crece, brota, chega a ser… de xeito espontáneo. O termo Physis ten dous sentidos:
- Totalidade do que aparece ou faise presente de xeito espontáneo. Neste sentido, os filósofos falan das aparencias.
- Fundamento último do que aparece ou faise presente de xeito espontáneo. O fundamento último constitúe a verdade. Sobre a physis e a verdade é algo que permanece oculto tras as apariencias.
Coa palabra physis os filósofos expresan a intuición que teñen de que por baixo da multiplicidade, dos cambios caóticos e azarosos que constitúen as apariencias hai unidade, permanencia e unha orde necesaria. Intúen que hai algo común e eterno.
Os primeiros filósofos na súa investigación sobre en que consiste a verdade da physis queren determinar o Arché da mesma.
Arché: o primeiro e o rector. O arché é a palabra que designa o fundamento último ou o primeiro principio no que consiste a Physis.
Ao buscar a verdade, os filósofos da Grecia arcaica buscan o Arché, é dicir, algo “un” común e eterno que explique o xurdimento e a presenza de todo o que aparece.
Comparación da Concepción da Natureza
- Comparación da concepción filosófica da natureza na Grecia arcaica coa da física-matemática (Terás que expoñer varios ou todos os aspectos)
Os primeiros filósofos conciben e coñecen así a Physis:
- Enfróntanse coa natureza tal e como aparece ante eles: só utilizan os sentidos e a razón para investigar, e polo tanto, as súas explicacións obedecen a unha actitude contemplativa ante a natureza. Desde que existe a física-matemática, as explicacións do mundo físico baséanse en leis matemáticas, na cuantificación da natureza e en experimentos en laboratorio, e todo isto supón unha actitude de dominio sobre a natureza.
- Non conciben a infinitude espacial, polo tanto, a physis é finita e o universo tamén. Hai que dicir que para os gregos a finitude, o ter límites, é considerado como perfección e non como algo negativo. Tampouco conciben, en xeral, o espazo baleiro.
- Conciben a materia como eterna, a diferenza do cristianismo, que concibe que o mundo empezou a existir cando Deus o creou e haberá un final.
- Teñen unha concepción circular do tempo: Consiste en que na historia se repiten épocas de esplendor e épocas de decadencia. Esta concepción é oposta á concepción lineal do tempo que aparece co cristianismo e que engade no S. XVIII a idea de progreso.
- Non distinguen ben material e espiritual.
O Método Hipotético-Deductivo
Método hipotético-deductivo:
Os pasos ou etapas do método hipotético-deductivo son:
Descubrimento do problema:
Un problema é algo que as teorías existentes non poden explicar ou mesmo que as contradí. Ex. Caída dos corpos.
Invención dunha hipótese:
As hipóteses son algo que inventan ou constitúen os científicos para explicar un problema. Estas expoñen algún tipo de relación entre fenómenos, pero só é unha invención; esa relación non é observable en si mesma. A relación establecida pola hipótese vai máis aló dos datos da observación e por iso non basta con observar e acumular moitos datos.
Non existen regras precisas para elaborar hipóteses.
Teñen relación cos coñecementos científicos previos.
Teñen que ser coherentes desde o punto de vista lóxico.
Teñen que ser contrastables.
Ex: Todos (imp. de comprobar) os corpos caen no baleiro á mesma velocidade.
Dedución de consecuencias da hipótese ou predicións:
As hipóteses, por ser invencións, non poden ser contrastadas directamente. Estas contrástanse indirectamente deducindo delas certas consecuencias ou implicacións que si sexan directamente comprobables. Deducir estas consecuencias é expresar o que dela se seguiría no caso de ser verdadeiras.
Ex. Unha bola de chumbo, un papel e unha pedra caen no baleiro á mesma velocidade.
Contrastación das hipóteses:
Mediante un experimento, os elementos fundamentais para a contrastación son:
A hipótese (H)
As consecuencias deducidas ou predicións (C)
Os elementos ou coñecementos nos que nos apoiamos; que poden ser:
- Condicións iniciais (CI): datos ou circunstancias coñecidas que se dan nun momento e lugar determinados.
- Supostos auxiliares (SA): outras hipóteses ou supostos. Frecuentemente non expresados explicitamente, que poden referirse a coñecementos científicos ou ás condicións do propio experimento.
A contrastación propiamente dita mediante observacións ou experimentos consiste en comparar as consecuencias da hipótese co que acontece na realidade.
Confirmación ou xustificación racional:
Ao facer a contrastación das consecuencias da hipótese só obtemos información sobre se estas son verdadeiras ou falsas, pero aínda non podemos concluír nada sobre a hipótese.