Experimento de Meselson e Stahl: Replicación Semiconservativa do ADN

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,95 KB

Experimento de Meselson e Stahl: Replicación Semiconservativa

Hipótese semiconservativa: despois da replicación, as dúas hélices duplas resultantes conteñen unha das cadeas antiga e outra de nova síntese. No seu experimento, Meselson e Stahl cultivaron bacterias E. coli co isótopo N15 e despois pasaron esas bacterias a un medio con N14, deixando que se replicasen. Unha vez duplicado o ADN, este foi illado e centrifugado, aparecendo unha banda híbrida con peso molecular intermedio, unha das cales, a vella, contiña N15 mentres que a outra, a nova, só contiña N14.

Mutacións

a) Que é unha mutación?

Un cambio no material xenético dunha célula.

b) Por que nalgúns casos a aparición dunha mutación puntual pode ser causa dunha enfermidade grave e noutros non se expresa?

Porque en ocasións, ao alterar a secuencia de nucleótidos do xene, tradúcese nun aminoácido diferente que afecta á secuencia dunha proteína e, polo tanto, á súa estrutura e función, que pode estar implicada na aparición dunha enfermidade. Noutros casos, esa mutación puntual non altera a configuración da proteína porque o novo triplete codifica para o mesmo aminoácido ao ser o código xenético dexenerado.

c) Que diferenza hai entre mutación a nivel molecular e a nivel cromosómico?

A mutación a nivel molecular, tamén chamada puntual, afecta á secuencia de bases dos nucleótidos dun xene, mentres que a mutación a nivel cromosómico afecta á estrutura dun cromosoma.

Regulación da transcrición en procariotas

a) e b) Como se denomina o modelo que explica a regulación da transcrición en procariotas? Que elementos podemos diferenciar nel?

O modelo chámase operón. Nel podemos diferenciar:

  • Xenes estruturais: codifican as proteínas estruturais e encimáticas.
  • Xene regulador: codifica as proteínas reguladoras encargadas de controlar os xenes estruturais.
  • Operador: rexión do promotor á que se une unha molécula reguladora que pode ter carácter activador ou represor.

c) Explica como funciona o devandito sistema utilizando un exemplo.

(Falta o exemplo de funcionamento do operón)

Outros conceptos importantes

  • No núcleo ten lugar a síntese de ADN.
  • Na replicación interveñen as encimas ADN polimerasas.
  • A cadea retardada está formada polos fragmentos de Okazaki.
  • A transcriptasa inversa cataliza a síntese de ADN a partir de ARN.
  • O VIH é o retrovirus causante da SIDA.
  • A replicación do ADN é semiconservativa.
  • A recombinación e a mutación aumentan a variabilidade xenética.
  • Meselson e Stahl demostraron que a replicación do ADN é semiconservativa.
  • O AUG é o codón de iniciación na síntese de proteínas.

Entradas relacionadas: