A Expansión do Galego: Presenza e Normalización nos Ámbitos Social, Cultural e Tecnolóxico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,29 KB

ÁMBITOS DE USO E NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

A recuperación e expansión do galego é un proceso multifacético que abarca desde o mundo laboral ata a cultura dixital, sendo fundamental para a identidade e o desenvolvemento social de Galicia.

O Galego na Esfera Socioeconómica

O galego empresarial

O galego é imprescindible para calquera traballo en contacto co público. Non obstante, o proceso de galeguización no mundo da empresa adoita ser lento.

O galego institucional

Levado a cabo por nacionalistas e galeguistas tras o fin da guerra franquista, a lingua era o tema central de debate. Creáronse institucións autonómicas que procuraban o galego como lingua oficial de Galicia e a cooficialidade derivada do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística.

O galego educativo

É un instrumento moi importante no proceso de recuperación lingüística pola escolarización masiva. En 1979 permitiuse o ensino da lingua e en 1983 fíxose obrigatorio. Santiago é a única provincia que ten plenamente galeguizada a súa vida oficial e administrativa.

Cultura, Medios e Produción Artística

O galego nos medios de comunicación

A presenza do galego nos medios é variada:

  • Prensa escrita: Existen periódicos como Galicia Hoxe (único periódico íntegramente en galego), e outros como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo, que son xornais galegos escritos en castelán.
  • Revistas especializadas: Son escasas, destacando Tempos Novos ou Revista de Economía.
  • Medios audiovisuais: Teñen gran poder. Destacan informativos da cadea COPE ou na TVE en Galicia (Panorama de Galicia). En 1986 comezou a funcionar a radio e a TVG.

A visibilidade da cultura galega nos medios de comunicación

Destaca positivamente o programa Diario Cultural da Radio Galega; na prensa, A Nosa Terra; e na rede, o portal de información Vieiros (cerrado actualmente).

O galego na produción editorial

Experimentou un gran incremento durante a segunda metade do S. XX con editoriais como:

  • Edicións A Nosa Terra
  • Cumio
  • Xerais de Galicia

O galego no cine, teatro e audiovisual

Dende Sempre Xonxa, o cine galego experimentou un desenvolvemento notable. Apareceron películas coma A lingua das bolboretas (de José Luis Cuerda) ou O lapis do carpinteiro (ambas baseadas nunha novela de Manuel Rivas). Tamén destacan series de televisión como:

  • Mareas Vivas
  • Pratos Combinados
  • Padre Casares

A banda deseñada

Tivo unha gran importancia coa revista Golfiño, publicada semanalmente polo xornal La Voz de Galicia. Tamén destaca Retranca, revista de humor.

O galego na música

Ten gran importancia o folk. Algúns grupos acadaron premios, como Milladoiro ou Luar na Lubre. Outro estilo musical que emprega o galego é o pop-rock, con grupos como Goma 2 ou Heredeiros da Crus.

O Galego no Ámbito Dixital e Global

O galego na rede

A lingua ten presenza en diversos portais dixitais, destacando:

  • anosaterra.com
  • xornal.com
  • chuza.com

O galego no asociacionismo cultural

Xoga un papel fundamental no proceso de normalización lingüística. Encárgase da organización de festivais musicais, mostras de teatro e recuperación de patrimonio material e inmaterial.

A presenza exterior da lingua

A Universidade de Santiago de Compostela ofrece cursos de galego para todo o mundo. A estes cursos acoden persoas de Europa, América e mesmo Asia.

O galego e a lusofonía

O alto grao de intercomprensión entre os falantes dá lugar a que o galego forme parte da lusofonía. O portugués é a 6ª lingua con máis falantes, o que sitúa o galego nun idioma de gran utilidade. Os dous países seguen mantendo unha intensa relación cultural e lingüística.

Entradas relacionadas: