Exocad: procedemento completo para o deseño de restauracións dentais con paso a paso
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 9,38 KB
Orde de traballo
Para empezar, imos cubrir a folla de traballo cos datos que nos pide. En notas faremos constar aquilo que nos pareza importante.
Escanado da oclusión
En "escanado da oclusión" poñeremos: dous modelos en oclusión (para modelos ocluídos montados en articulador ou non) ou un só modelo.
Posteriormente seleccionaremos o dente que queremos deseñar. Vainos aparecer unha ventá onde teremos que elixir dentro das opcións que nos propón o software Exocad:
Coroas e cofias
- Coroa anatómica: coroa a volume total sobre implantes ou sobre tocos.
- Cofia anatómica: para facer estruturas para cerámica.
- Coroa prensada: deseña unha coroa a volume total pero dividida en dúas partes: oclusal e resto.
- Cofia: un casquillo a volume mínimo.
- Coroa provisional: sería para os dentes sen tallar. Exocad fai un tallado inferior ao que fará posteriormente o clínico, e deseñamos un provisional.
Tipos de póntico
- Póntico anatómico = Coroa anatómica
- Póntico reducido = Cofia anatómica
- Póntico prensado = Coroa prensada
- Póntico provisional = Coroa provisional
Incrustacións e carillas
- Incrustación / Onlay: para facer incrustacións a volume total.
- Onlay de grosor mínimo: unha restauración para despois cargar con cerámica.
- Carilla.
Copias dixitais
Permítenos facer un deseño para fresar en cera, ou ben escanar unha estrutura encerada e usar estas pezas para o noso traballo (non usaríamos as que nos propón Exocad).
- Encerado anatómico = Coroa anatómica
- Encerado reducido = Cofia anatómica
- Rest e Rec Estéticos
- Encerado póntico = Póntico anatómico / póntico reducido
Ataches e dispositivos
Ataches
- Pilar de barra: cando deseñamos as barras naqueles elementos onde hai implantes.
- Segmento de barra: cando deseñamos as barras en elementos onde non hai implantes.
- Atache Coroa telescópica.
Dispositivos removibles
- Férula de descarga (dente ausente).
- Dentadura completa.
- Esqueléticas parciais.
- Offset substructure: estrutura que vai encima dunha barra.
- Dentadura restante.
Antagonista (con só poñer un é suficiente; así o software xa sabe que hai antagonista).
Dente adxacente: á restauración que esteamos realizando.
Dente ausente.
Material
Temos dúas opcións principais para fabricación:
- 3/4 eixos
- 5 eixos / láser / impresión 3D
Aceptar / Copiar
Coa tecla Control + botón esquerdo do rato podemos copiar os deseños dente a dente. Coa tecla Shift / Maiúscula + botón esquerdo podemos copiar deseños de tramos.
Marco os dentes da seguinte forma:
- Dente adxacente: para os dentes remanentes que están ao lado dos que vou realizar. Deste xeito o software saberá que ten que colocar a estrutura de acordo con eses dentes.
- No resto dos dentes da arcada da estrutura podo poñer antagonista ou dente adxacente.
- Na outra arcada podo marcar só un dente ou todos, iso si, como antagonista. A mordida tamén se vai considerar antagonista.
No caso de que o traballo sexa unha ponte temos que unir os elementos con conectores.
Gardar — Escanear / Deseñar — Fabricar
Gardar – escanar / deseñar
- Fabricar, se temos unha fresadora.
- Creador de modelos: no caso de que nos envíen impresións escaneadas intraorais e queremos fabricar o modelo.
- Dentalshare: permite enlazar centro de produción co noso laboratorio.
- Copiar: toda a folla de traballo con escanados e deseños.
- Imprimir a orde de traballo. Impresión da folla de traballo.
DESEÑO
Cargar os arquivos dos modelos. Primeiro o do que imos realizar (a estrutura) e despois o antagonista.
1. Recoñecer a liña de marxe
Se non quedou ben, modificámola. Tamén podemos poñer points e sacalos. Imos recoñecendo o colo. Se fai falta, modificámolo.
2. Eixe de vista previa
Marcar “dirección de vista” para que nos marque o eixo de entrada que lle indicamos. Buscar o eixe de inserción da ponte. As retencións dentro de cada pilar deben quedar dentro da liña verde se é posible. Prememos en dirección de vista – eixe de inserción e damos a aceptar para que quede posto.
Debemos ter en conta o espazo para o cemento de 0,08 mm.
3. Marxe e compensación
Non aliviar áreas retentivas (así a estrutura adáptase ao muñón), salvo no caso dos pilares personalizados. Prememos seguinte e imos seguindo as indicacións do programa.
4. Seleccionar copia ou espello
Seleccionar se corresponde a copia ou espello da peza.
5. Exocad xera as pezas
Posicionamento dos dentes. Podo mover, rotar e escalar. Neste paso podo cambiar a orde dos dentes.
6. Biblioteca dental
Neste paso podemos cambiar a biblioteca dental. Colocaremos as pezas en posición ideal. En libre podo poñer e sacar material. En anatomía podo mover partes dos dentes.
7. Libre, anatomía, adaptación
Póntico: non adaptar neste paso a enxiva no póntico. Adaptaremos no seguinte paso despois de reducir. Eu reduzo 0,4 mm se quero que quede sitio para a cerámica; se quero que o metal vaia encima da enxiva a distancia será 0.
Oclusal
- Recortar interferencias – estático: recorta interferencias entre os dentes só en oclusión. (dínámico non, xa que senón saca volume segundo todos os movementos da prótese; só se usa en rehabilitacións).
- Recortar interseccións – partes a volume total: 0,1 mm.
- Adaptar mantendo a forma: non se usa.
Contactos
- Recortar interseccións – adxacentes: 0,0 mm.
- Adaptar mantendo a forma: non se usa.
Se temos que mover un dente do seu sitio segundo o colo da peza, pasarémolo a póntico. Para que non o deforme, podemos usar a seguinte ferramenta (tanto en tocos como en implantes): modelos de librería a póntico.
8. Contracción. Profundidade.
A redución ideal sería para posteriores 1,2 mm, e anteriores 0,8 mm. Pero isto non sempre é posible. A redución máis habitual é de 0,7 mm. En circonio 0,5 mm. Despois aplicarase a redución a toda a nosa estrutura.
Temos varias posibilidades:
- Reducir todo (é o normal).
- Non reducir nada (cando queremos facer provisionais, etc.).
- Banda lingual (omitir áreas determinadas – banda lingual 1 mm de altura; marcar parte lingual).
Ás veces contraemos menos do 100% por lingual. Se quero partes do dente que non se reduzan: marco reducir todo – co botón Maiúscula + rato pinto as partes que non quero reducir – aplicar.
Despois de decidir o que reduzo, prememos en USAR para ver o que se reduciría (por se é suficiente).
Adapto o póntico á enxiva: 0,4 mm (adaptación — distancia desexada 0,4 mm — adaptar á enxiva — seguinte). Ou ben saco cera na zona da banda lingual. Adapto contactos. Atraer cara os adxacentes os dentes que deseño, para que se peguen ben.
Os colos dos dentes débense deixar todos á mesma altura, tanto pilares coma pónticos. Os pónticos en vestibular deixareinos un pouco metidos cara dentro. Premo en seguinte. O perfil de emerxencia sairá en forma de tubo ata a saída da enxiva.
9. Conectores
Os conectores terán como mínimo 9 mm. Orientarémolos cara a dentro, aínda que apareza un vulto por palatino, que despois de sinterizado sacaremos no laboratorio.
Usaremos o conector redondo para arcadas superiores e o triangular para as inferiores e para implantes. Unha vez que temos a ponte terminada prememos en "deseño libre de restauracións" para redondear e suavizar os conectores e despois prememos en seguinte.
No caso dos conectores para monolítico de circonio ou PMMA usamos o conector +. Usar sección transversal. Desta forma os dentes quedan pegados e cunhas unións correctas.
Saír de modo experto.
Crear unha carpeta para os traballos a enviar e arrastrar aí o arquivo CAD.