Execución e avaliación dunha campaña publicitaria
Enviado por Chuletator online y clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,74 KB
1.4. A EXECUCIÓN DA CAMPAÑA
Tan pronto como o equipo creativo teña elaborado a proposta, a axencia convocará ao anunciante a unha reunión co obxectivo de presentarlle a proposta final da campaña.
Na fase de execución da campaña, a axencia deberá levar a cabo actividades. Entre estas actividades destacamos:
→La produción das pezas publicitarias propostas.
→La compra de espazos nos medios.
→A inserción dos anuncios nos medios.
1.5. A AVALIACIÓN DA CAMPAÑA PUBLICITARIA
« Se denomina postest ao test publicitario que permite estudar o impacto e a eficacia dun mensaxe publicitario ou dunha campaña publicitaria durante ou despois da súa difusión pública. »
Este tipo de análise serve para avaliar de forma global os efectos da campaña nun público obxectivo e o impacto de cada un dos medios e soportes utilizados. O grao de eficacia dunha campaña publicitaria ven definido por:
- O grao de penetración do mensaxe publicitario no público obxectivo elixido.
- Os comportamentos de compra, isto é, a intención de compra e o impacto das vendas, analizados a través dos datos aportados por paneis de consumidores e detallistas.
- O consumo que a campaña provocou.
Para a avaliación final dunha campaña, utilízanse dous tipos de estudos:
→ Postest puntuais: realizanse nun momento determinado da campaña ou ben ao finalizar esta.
→ Postest continuos ou “trackings”: realizanse de forma periódica, durante ou despois da campaña.
Non existe unha única forma de realizar un postest e para iso pódense utilizar:
- Técnicas cualitativas: utilizan entrevistas de grupo: ás persoas seleccionadas preséntaselles o noso anuncio xunto con outros anuncios da competencia e pídeselles a súa opinión.
- Técnicas cuantitativas: son a forma máis usual de realizar postest, aínda que unha combinación de ambas técnicas sería a solución óptima.