A Evolución do Teatro Galego: Irmandades, Nós e Vangardas
Enviado por Anónimo y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,75 KB
O Teatro Galego entre Dous Séculos (XIX-XX)
A dramaturxia dos primeiros anos do século XX sitúase a medio camiño entre a continuidade do teatro costumista e histórico do século XIX e o teatro nacionalista das Irmandades.
Un elemento fundamental no asentamento popular do noso teatro foron os coros populares.
Xesús San Luís Romero (1872 – 1966)
Emigrou á Arxentina e volveu a Santiago. Escribiu numerosas obras, das que destacamos O fidalgo.
Xavier Prado Rodríguez (1874 – 1942)
Coñecido polo seu pseudónimo Lameiro. Escribiu sainetes como Almas sinxelas, Estebiño ou Os trasacordos de Mingos.
O Teatro das Irmandades da Fala
A estrea en 1919 da peza de Ramón Cabanillas A man de Santiña significou a inauguración do Conservatorio Nacional de Arte Galego e o comezo dunha nova xeira na historia do noso teatro.
O teatro galego converteuse nun instrumento ideal para espallar popularmente o ideario nacionalista.
Novos Temas do Teatro Nacionalista
A intención propagandística comporta a busca dunha temática acorde con ela:
- A recreación de episodios singulares da nosa historia.
- A reivindicación social.
- A recuperación cultural.
Novas Formas Dramáticas
A carón das formas dramáticas de maior tradición, xorden novas posibilidades, nun intento de normalizar e universalizar a nosa dramaturxia. Aparecen así:
- O drama simbolista.
- O teatro cómico e infantil.
- A comedia burguesa.
- A ópera.
Esta renovación veu acompañada dun grande éxito de público.
Manuel Lugrís Freire (A Coruña, 1863 – 1940)
Foi un dos grandes animadores da vida cultural e política de Galicia. Foi cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia Galega, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista.
Produción Teatral
A ponte é unha obra cunha importante carga reivindicativa.
Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 – 1959)
Naceu en Cambados en 1876. Despois de realizar estudos no Seminario Menor de Santiago, emigra cara a Cuba. Alí entra en contacto coa intelectualidade galeguista emigrante. En 1915 volve a Galicia e participa nas Irmandades da Fala, no Grupo Nós e no Seminario de Estudos Galegos. Ingresa na Real Academia Galega e na Real Academia Española como representante da literatura galega.
Produción Teatral
A man de Santiña é o primeiro intento de comedia burguesa da nosa dramaturxia.
O Mariscal é unha traxedia histórica centrada en Pedro Pardo de Cela, símbolo de rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno.
Antón Vilar Ponte (Viveiro, 1881 – A Coruña, 1936)
Foi artífice da renovación ideolóxica das Irmandades.
Produción Teatral
Publicou obras dun marcado carácter propagandístico e didáctico, destinadas a espallar a ideoloxía nacionalista das Irmandades.
Armando Cotarelo Valledor (A Veiga, 1879 – Madrid, 1950)
Formou un grupo de teatro universitario.
Produción Teatral
O seu teatro é realista, con personaxes de caracterización complexa. Algunhas das súas obras son: Trebón, Hostia, Beiramar, Ultreya ou Sinxebra.
A Xeración Nós e a Renovación Teatral
Os membros do grupo Nós crían que a modernización das nosas letras pasaba pola actualización tamén do teatro.
Vicente Risco (Ourense, 1884 – 1963)
As súas inquietudes culturais lévanos a fundar a revista La Centuria, na que expresa o seu interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo. Únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. Funda a revista Nós e asume a dirección literaria. Tras a Guerra Civil, abandona as súas actividades galeguistas.
Produción Teatral
O bufón de El-Rei, fortemente marcada polo simbolismo.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – Trasalba, 1976)
Ingresa nas Irmandades da Fala e únese ao Seminario de Estudos Galegos. Participa na fundación da editorial Galaxia. Durante toda a ditadura, mantívose como un testemuño do nacionalismo de posguerra.
Produción Teatral
Os seus textos dramáticos teñen un carácter moi experimental e novidoso.
- A primeira peza teatral é A lagarada, que contén elementos de tipo simbolista.
- O desengano do prioiro constitúe unha alegoría da vida fronte á morte.
- As pezas breves de Teatro de máscaras están moi relacionadas coa vangarda expresionista e van acompañadas dun conxunto de ideas para posibles escenificacións.
Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950)
Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Destacou nas facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político agrarista. Reside na Pampa arxentina onde emigrara o seu pai. Volve a Galicia e cursa Medicina en Santiago. Participa no sindicato Acción Galega e ingresa no galeguismo ao entrar nas Irmandades da Fala. Faise cargo da dirección artística da revista Nós. Forma parte do Seminario de Estudos Galegos. É elixido membro da Real Academia Galega. Participou na creación do Partido Galeguista.
Produción Teatral
Os vellos non deben namorarse componse de tres lances nos que presenta tres versións do tópico drama do vello namorado dunha moza e, nos tres casos de forma simétrica, remata coa morte do protagonista. Esta farsa ten unha posta en escena fortemente expresionista.
O Teatro das Vangardas
Comparten coa Xeración Nós a concepción do teatro como unha «arte total», á vez que asumían as tendencias das vangardas europeas do momento.
Rafael Dieste (Rianxo, 1899 – Compostela, 1981)
Exerceu o xornalismo en Vigo e comezou a publicar a súa obra en galego. Tivo que emigrar a Bos Aires, onde desenvolveu unha intensa actividade cultural.
Produción Teatral
A fiestra valdeira é unha comedia que se divide en tres lances, que se corresponden coa estrutura de exposición, nó e desenlace. Aparece representada a tensión entre as dúas posturas ante a identidade galega: asumila como propia e diferenciada ou renegar por considerala marxinal. Aínda que a ambientación podería encadrarse dentro da tradición naturalista ou costumista, os finos apuntamentos psicolóxicos e a función simbólica do retrato fan desta peza unha das máis brillantes e orixinais do teatro galego.