Evolución da Poesía e o Teatro Galego Contemporáneo (1980-S.XXI)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,17 KB

Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Xeracións

O cambio nas tendencias poéticas vén marcado polas obras Con pólvora e Magnolias de Ferrín e Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Nos anos anteriores predominaba a poesía social, pero isto vira cara ao culturalismo e o intimismo.

Etapas da Poesía Galega a partir dos Anos 80

  • Poetas maiores: Da xeración de Ferrín ou Luz Pozo, que teñen moita importancia ata a actualidade.
  • A Xeración dos 80: Renovación e Culturalismo

    Esta xeración ten como trazos máis relevantes:

    • Preocupación pola forma e pola linguaxe.
    • Introducen o culturalismo.
    • Amplían os temas: intimismo, elementos da cultura urbana, erotismo, metapoesía...

    Os autores máis salientables desta xeración son Xosé Mª A. Caccamo con Praia das Furnas e Paulino Vázquez con Seixo de desfacer entre os dedos. Ambas as dúas obras contan con referencias culturalistas.

    A Xeración dos 80 consolida a renovación poética e escriben colectivamente unha serie de volumes como De amor e desamor e tamén participan en revistas como Dorna.

  • A Xeración dos 90: Transformacións e Temas Sociais

    Inicia transformacións na poesía coas seguintes características:

    • Aparecen temas sociais como o feminismo ou o ecoloxismo.
    • Reducindo o culturalismo.
    • Mestura de xéneros literarios e introdución de elementos artísticos.
  • Poesía a partir dos 90: Linguaxe Directa e Voz Feminina

    Os autores a partir dos 90 teñen as seguintes características:

    • Linguaxe sinxela e directa.
    • Temas sociais.
    • Incorporación da muller á poesía: Pilar Pallarés, Yolanda Castaño, María Cebreiro...

    Outros autores son Sechu Sende coa poética da experiencia ou Rafa e Miro Villar.

Teatro Galego Contemporáneo: Liñas Temáticas e Evolución

Existen catro liñas temáticas principais: a crítica (baseada no humor e a sátira), a irónica, a lúdica e a culta (baseadas na técnica do teatro dentro do teatro, o metateatro).

Promocións e Tendencias no Teatro Galego

  • Promoción dos 80: Abandono Social e Culturalismo

    Os autores abandonan a temática social abordando novos temas. Son obras cunha vocación culturalista. Emprégase a ironía, a parodia, o humor e o absurdo. Esta promoción conta cunha grande heteroxeneidade temática, utilizando o metateatro.

    Como autores destacan Xesús Pisón (O Panto) ou Anxo Rei (Xogos de damas).

  • Promoción dos 90: Comedia e Intertextualidade

    O teatro desta década caracterízase polo predominio da comedia e da intertextualidade, como o Códice Clandestino de Quico Cadaval. Outro autor é Cándido Pazó (O merlo branco).

    Os autores desta xeración danse a coñecer grazas ás mostras de teatro, aos festivais, aos premios e ás novas coleccións. Son autores que pretenden crear obras de fácil representación cunha menor carga simbólica.

    Hoxe desenvólvese un teatro infantil con autores como Paula Carballeira (Boas noites).

  • O Teatro no S. XXI: Lúdico, Experimental e Actual

    Téndese a facer un teatro máis lúdico no que predomina o humor para reflexionar sobre temas de actualidade. Tamén é importante o teatro experimental no que se mesturan diversas técnicas.

    Manuel Rivas publica O heroe, estreada por Sarabela Teatro.

    Proliferan compañías de teatro como: Sarabela Teatro, Talía Teatro, Lagarta ou Teatro do Morcego.

Entradas relacionadas: