Evolución de la Poesía Gallega: De 1936 a 1976
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,72 KB
GALLEGO
Poesía de 1936 a 1976
1. O Silencio de 1940 e a Recuperación a Partir de 1950
A publicación de libros en galego suspendeuse case por completo desde o comezo da Guerra Civil. Provocou unha paralización da vida cultural que fixo que non aparecesen obras novas ata 1947, data en que viu a luz o libro “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia Alvariño.
2. Liñas Poéticas da Posguerra
As principais liñas poéticas son:
- Poesía herdada da posguerra: obras que seguen as correntes xa iniciadas antes da Guerra Civil: o ruralismo, o imaxinismo e o neotrobadorismo. Aquilino Iglesia Alvariño cultivou as dúas primeiras e o neotrobadorismo no que destaca tamén Xosé María Álvarez Blanquez.
- Poesía clasicista: lembra á cultura grecolatina e recupera formas clásicas.
- Poesía intimista: mira ao interior do individuo e aos sentimentos persoais. Luis Pimentel é un dos principais representantes desta liña poética.
- Poesía socialrealista: foi iniciada polos exiliados e recupera o espírito da poesía cívica. Celso Emilio Ferreiro é o principal representante.
3. Luís Pimentel
Luís Pimentel é unha figura difícil de clasificar. Pertenceu á xeración de vangarda antes da guerra e participou na revista vangardista, pero non publicou as súas obras ata o final da súa vida. “Sombra do aire na herba” contén unha poesía intimista e persoal.
-A xeración de 1936-
Esta primeira xeración de posguerra estivo integrada polos autores máis vellos, que viviron a Guerra Civil. Desta xeración formaron parte Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro e Celso Emilio Ferreiro.
4. Aquilino Iglesia Alvariño
Aquilino Iglesia Alvariño destaca na súa obra a presenza da paisaxe, tratada desde o ruralismo costumista ou desde unha perspectiva humanizada próxima ao imaxinismo. Destaca entre as súas obras “Cómaros verdes”.
5. Xosé María Díaz Castro
Xosé María Díaz Castro escribiu Nimbos, que é o único libro que publicou no que predominan os grandes temas como o amor, a dor e a morte.
6. Celso Emilio Ferreiro
Destaca o seu libro “Longa noite de pedra”. Téñense sinalado tres eixos temáticos esenciais na súa poesía:
- Social-realismo: o autor expresa o compromiso con Galicia, coas clases traballadoras e coa loita pola liberdade fronte á ditadura franquista, pero trata tamén temas universais como a loita contra a inxustiza, a crítica ao imperialismo, o antimilitarismo ou a denuncia das desigualdades.
- Sátira: a ironía e o sarcasmo sérvenlle para atacar sobre todo as clases burguesas.
- Intimismo: aborda temas como a soidade, o desacougo fronte aos misterios da existencia ou o sentimento amoroso.
-Obra Poética-
- “O soño sulagado”: 1º libro en galego e nel aprezan as principais liñas temáticas da súa poesía. Conviven os poemas intimistas co sociais.
- “Longa noite de pedra”: esta obra constitúese, desde o seu propio título, pola defensa da liberdade e a denuncia das inxustizas. É social.
- “Viaxe aos países dos ananos”: na primeira parte deste libro critica o colectivo de galegos emigrantes en Venezuela. Mostra a súa decepción pola falta de compromiso. É unha sátira.
A Promoción de Enlace
Son autores e autoras que eran moi nenos durante a Guerra Civil. Criáronse marcados pola miseria da posguerra e tardaron en acceder á cultura e en coñecer a tradición literaria en galego.
7. Antón Tovar
É autor dunha poesía que reflexiona sobre a norte e o sentido da vida dun xeito pesimista e angustiado. Hai, ademais, unha certa preocupación relixiosa. Publicou obras como Non.
8. Luz Pozo Garza
Comezou escribindo unha poesía vitalista e sensual. Posteriormente publicou unha obra máis intimista, “Verbas derradeiras”.
-A Poesía de 1936 a 1976 (II)-
1. Caracterización da Xeración das Festas Minervais
Os integrantes deste grupo recibiron o maxisterio de Ramón Piñeiro e dos membros de Galaxia, editorial na que publicaron as súas obras moitos deles. Algúns dos máis significados membros da xeración fundaron o Grupo Brais Pinto.
2. Principais Liñas Temáticas
- Escola da Tebra: é unha corrente fortemente intimista.
- Paisaxismo renovador: corrente que evoluciona no tratamento da paisaxe con respecto ao ruralismo.
- Paisaxe social ou socialrealista: esta será a corrente predominante, que xa fora levada á súa máxima expresión por poetas da xeración anterior.
3. Poetas da Xeración das Festas Minervais
- Uxío Novoneyra: os eidos recolle a súa poesía de canto á paisaxe, que se identifica coa natureza grandiosa do Courel.
- Manuel María: cultivou todas as liñas poéticas do seu tempo. Foi un dos iniciadores da corrente intimista. Na liña do paisaxismo “Terra chá”. Un dos principais cultivadores da poesía socialrealista.
- Xohana Torres: “Do sulco” destaca un ton fortemente intimista, e aborda temas como a soidade e o paso do tempo. Destaca a súa obra “Estacións ao mai”.
- Bernardino Graña: os seus primeiros libros, como “Poema dun home que quere vivir”, están influídos polo existencialismo e o intimismo “Profecía do mai”.