Evolución Literaria e Sociolingüística en Galicia: Idade Moderna ao Pre-Rexurdimento
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 19,95 KB
1.2. Contexto histórico: Galiza na Idade Moderna
Dominio político castelanizador: A partir do reinado de Isabel a Católica, o proceso de integración de Galicia no reino de Castela intensificouse. Jerónimo Zurita, cronista de Isabel, falou da “doma y castración del Reino de Galicia”, sinalando a perda de autonomía política. A alta nobreza galega marchou á Corte castelá e participou activamente nas decisións políticas e militares. A fidalguía local encargouse da administración das terras e o goberno das aldeas, pero a súa presenza na sociedade urbana galega foi menor. A Xunta do Reino de Galicia, que anteriormente tiña poderes de autogoberno, viu as súas funcións limitadas a tarefas como o cobro de impostos ou o reclutamento de soldados para as guerras que asolaban Europa, como as que enfrentaron a Castela contra Francia ou os protestantes.
Demografía: Galicia experimentou un importante crecemento poboacional, pasando de 930.000 habitantes en 1591 a preto de 1,5 millóns ao final do século XVIII. A súa poboación era predominantemente rural, pero existían centros urbanos importantes como Santiago (centro relixioso), A Coruña (centro político e militar) e Pontevedra (centro pesqueiro e comercial).
A emigración foi un fenómeno clave neste período, con moitos galegos a emigrar a outras zonas de Castela, Portugal e, sobre todo, a Andalucía, a traballar nas segas e vendimas. Outros emigraron á América ou foron enviados a repoboar territorios como as Alpuxarras ou Estremadura.
Situación socioeconómica: O sistema foral medieval seguiu sendo predominante na Galiza, coas rendas que os campesiños pagaban aos seus señores (laicos e eclesiásticos), que estaban exentos de impostos. Durante o século XVII, a economía comezou a transformarse parcialmente coa introdución de cultivos traídos de América, como o millo, e a expansión do viño nas comarcas do Ribeiro, Monterrei ou O Rosal. A economía galega era eminentemente rural, con actividades pesqueiras e artesanais complementando a produción agraria. Con todo, a súa situación xeográfica favoreceu máis o comercio con outras zonas peninsulares que co resto do mundo, debido ao monopolio comercial sevillano sobre as Indias.
1.3. Imaxe de Galicia e dos galegos
A situación de dominación política e social, a emigración masiva e as dificultades económicas de Galicia foron a causa dunha imaxe negativa dos galegos no resto da Península. Os galegos foron vistos como persoas miserables e incultas, e a súa terra foi percibida como inhóspita e atrasada. Esta visión despectiva estaba presente tanto na literatura como no refraneiro popular do Renacemento e do Barroco. Autores como Tirso de Molina, Lope de Vega, Quevedo ou Góngora tamén contribuíron a crear esta imaxe negativa. Un exemplo literario importante é a obra El bubo gallego (1620), atribuída ao VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, que, mediante a alegoría do moucho, denuncia as inxustizas e desprezos que sufría Galicia.
1.4. Situación sociolingüística
- Caracterización da situación sociolingüística: A partir de Isabel a Católica, a situación lingüística en Galicia experimentou un cambio dramático. O galego, que antes era a lingua vernácula e de uso común na sociedade galega, comezou a ser substituído paulatinamente polo castelán, que se foi impoñendo en esferas de prestixio como a administración, a Igrexa e a literatura. Este proceso é coñecido como diglosia, onde coexistían dúas linguas pero cunha clara superioridade do castelán. O galego permaneceu como lingua falada pola maioría da poboación, pero comezou a ser excluída dos ámbitos escritos e oficiais, e a súa percepción como lingua inferior foi afianzándose. O castelán gañou prestixio e visibilidade, mentres que o galego quedou relegado ao ámbito rural e informal.
Consecuencias da marxinación da lingua galega:
A carencia dunha variedade estándar. Desde o Renacemento, as principais linguas románicas fixaron as súas normas cultas a través de gramáticas, dicionarios e a extensión do uso literario. O galego só comezaría a ser estudado no século XVIII e a fixarse normativamente a partir da segunda metade do século XIX.
- A diversificación xeográfica. Ao non haber unha variedade estándar, a lingua oral evolucionou espontaneamente dando lugar a unha gran variedade dialectal que foi interpretada como un defecto máis do galego.
- A ruralización e castelanización do léxico. O vocabulario galego quedou circunscrito a áreas da vida social vinculada ás actividades e ao medio agrario-mariñeiro-artesanal e non puido beneficiarse da incorporación de cultismos que impulsou o Humanismo renacentista. A presión do castelán provocou ademais interferencias, sobre todo, no plano léxico. Ese galego deturpado recibirá a denominación coloquial de “castrapo”.
- A castelanización da onomástica - antropónimos e topónimos - fomentouse desde as instancias oficiais coa intención de que desaparecesen os nomes galegos orixinarios.
- A consideración do galego como un dialecto, catalogado ademais erroneamente como dexeneración do castelán ou como mestura de castelán e portugués.
- A aparición do sentimento de autoodio e a interiorización do complexo de inferioridade levou a que o galego pasase a ser sentido por moitos dos seus propios falantes como un estigma social.
A Ilustración (XVIII) e o Pre-Rexurdimento (comezos do XIX)
2.1. Galiza baixo o absolutismo dos Borbóns
A chegada ao poder dos Borbóns a principios do século XVIII supuxo un cambio na política española, con medidas centralizadoras e autoritarias como os “Decretos de Nueva Planta” (1707-1716), que suprimiron as leis propias das Coroas de Aragón e impuxeron o castelán nas terras con linguas propias, como Galicia. A sociedade galega continuou sendo estamental, con poucas oportunidades de mobilidade social. A pesar de algúns avances como a introducción de cultivos como a pataca, a economía viviu unha recesión. A Coruña experimentou un certo auxe comercial grazas ao libre comercio con América, mentres que o interior galego seguía máis empobrecido e menos poboado. Hacia o final do século XVIII, a emigración galega comezou a dirixirse principalmente a América, especialmente a Arxentina, Cuba e Brasil, o que fixo que Galicia pasase de representar o 13,5% da poboación de España ao 6% actual.
2.2. Situación sociolingüística no século XVIIIDurante o século XVIII, o castelán foi impoñéndose como lingua oficial e prestixiosa, especialmente entre a nobreza e as clases medias urbanas, mentres que o galego quedaba relegado ao ámbito rural. A política borbónica de homoxeneización cultural e lingüística promoveu a exclusión do galego en moitos ámbitos públicos e oficiais. Esta diglosia, na que o castelán se asociaba ao progreso e a riqueza, mentres que o galego se vinculaba á pobreza e o atraso, afectou profundamente á percepción social das dúas linguas. O galego continuou sendo a lingua maioritaria na vida diaria das clases populares, pero sen presenza significativa na escritura ou en esferas prestixiosas.
2.3. Os Ilustrados: o renacer da conciencia galegaNo século XVIII, a Ilustración trouxo avances no pensamento crítico, científico e social. En Galicia, os ilustrados crearon institucións como a “Academia de Agricultura” (1765) ou a “Sociedad Económica de Amigos del País” (1784), que procuraban mellorar a economía e a cultura galega. Os pensadores galegos tamén comezaron a reflexionar sobre a situación do galego. Destacan tres frades beneditinos como figuras clave neste movemento:
1. A literatura oral e popular A literatura oral popular comprende un conxunto de xéneros artísticos creados, gozados, difundidos e conservados polo pobo, e a súa transmisión é exclusivamente oral, sendo cantada ou contada de xeración en xeración. Entre as súas características, destaca o feito de ser unha literatura anónima, de variabilidade na forma (os textos teñen múltiples versións) e de ter unha funcionalidade social, como divertir, ensinar, ridiculizar, criticar ou mesmo facer máis levadeiro o traballo. Moitas destas obras están acompañadas de melodías ou elementos parateatrais, especialmente na prosa.
A literatura popular galega pódese dividir en dous grandes apartados: o Cancioneiro Popular e a Narrativa Oral.
1.1. O Cancioneiro PopularEste cancioneiro é moi variado e inclúe xéneros como alalás, ani-novos, desafíos, regueifas, romances, cantigas de maio, coplas satíricas, entre outras. Estas cantigas teñen un léxico sinxelo e son normalmente acompañadas de música, facendo que moitas veces sirvan para o baile. Tratan temas como os sentimentos persoais (amor, soidade, nostalgia), a vida social (burla, disputa, diversión), a vida familiar (casamentos, relacións familiares) e a devoción relixiosa, entre outros. O uso de estrofas curtas e recursos nemotécnicos (como repeticións e antíteses) facilita a súa memorización.
1.2. A Narrativa Oral
A narrativa oral inclúe contos, lendas, refráns e adiviñas, e pode ser clasificada en diferentes tipos. As lendas, por exemplo, divídense en etiolóricas (que explican orixes ou causas de feitos ou nomes), biográficas (que narran feitos de figuras relixiosas) e histórico-fantásticas. Os contos poden ser marabillosos (con elementos sobrenaturais), exemplares (con leccións morais), anedóticos ou humorísticos. Entre os séculos XVI e XVIII, a literatura galega era predominantemente oral, sendo moita desta patrimonio anónima e esquecida, salvo algúns exemplos recompilados por eruditos como o Padre Sarmiento, o Padre Sobreira, Rosalía de Castro ou Manuel Murguía. A pesar de que esta literatura foi historicamente menos valorada, ten gran importancia por varias razóns:
- É un tesouro estético e estilístico, con grandes calidades literarias e con recursos como a ironía e o humor.
- Serve como documento sociohistórico, permitindo coñecer as formas de vida e visións do pobo.
- A súa importancia lingüística é fundamental, pois recolle a lingua viva e rica do pobo.
- Reflicte a sabedoría popular e as estratexias pedagóxicas mediante trabalinguas, contos ou refráns.
- A autoría feminina, moi presente na literatura popular, demostra como as mulleres tiveron un discurso propio na literatura galega.
- Inflúe na literatura culta, especialmente a partir do Rexurdimento e en autores como Rosalía de Castro ou Manuel Rivas.
2. Os textos cultos dos Séculos Escuros
Entre os séculos XV e XVIII, as mostras de literatura culta en galego foron escasas. Neste período, as clases altas cultivaron o galego de maneira esporádica e en contextos privados, sen buscar a súa difusión pública. Aínda así, algúns autores se interesaron por recuperar a lingua galega, como foi o caso do ilustrado Sarmiento no século XVIII. As mostras literarias cultas en galego que chegaron a nós son fundamentalmente poesía, teatro e prosa.
2.1. Poesía Existen algúns poemas notables, como o “Cantar do Mariscal” e o “Romance de Pedro Pardo de Cela”, que narran a traizón e morte do Mariscal Pardo de Cela. Outras mostras inclúen sonetos e poesías de circunstancia, como os “Sonetos en honra da raíña Margarida” ou as “Décimas ao Apóstolo Santiago”. Tamén se recollen vilancicos de Nadal en galego, unha mestura de galego e castelán que reinterpreta as escenas do Nadal.
2.2. Teatro Un dos primeiros textos teatrais galegos que se coñecen é o “Diálogo de Alberte e Bieito” (final do século XVI), que critica as difíciles condicións do campesiñado galego. Existen tamén outras pezas como o “Entremés de Janiño” ou o “Entremés de los gallegos”, que empregan o galego para satirizar a sociedade da época.
2.3. Prosa Algunhas mostras prosaicas da época inclúen a “Relazón da carta xecutoria” que narra a morte de Pardo de Cela, así como cartas privadas en galego, como as dirixidas ao conde de Gondomar. Outros textos son os falsos cronicóns como a “Historia Gótica” de Xoán Fernández de Boán.
3. A literatura ilustrada
No século XVIII, a literatura galega comeza a experimentar un renacemento, aínda que moitos dos textos dos ilustrados galegos foron escritos en castelán. No entanto, algúns autores destacaron por escribir tamén en galego, como o Padre Sarmiento, que redactou o “Coloquio de 24 Gallegos Rústicos”, unha obra literaria en galego que reivindicaba a valía do idioma como vehículo poético. Outros autores como Diego Antonio Cernadas e Francisco de Isla tamén contribuiron á literatura galega da Ilustración.
3.1. Poesía O “Coloquio de 24 Gallegos Rústicos”, composto polo Padre Sarmiento entre 1746 e 1747, é unha das obras máis importantes da Ilustración galega. Está composto por coplas populares e ten un forte valor literario e reivindicativo, pois defende o galego como lingua poética e de valor literario. Sarmiento tamén recolleu moitos termos e expresións galegas na súa “Colección de Voces y Frases Gallegas”. Ademais, existen outros poetas ilustrados en galego, como Diego Antonio Cernadas, que eloxiaban Galiza e a súa xente, combatendo a súa mala imaxe. Tamén figuran autores como Francisca de Isla, que publicou un romance en galego en 1775. Outros poetas de renome do século XVIII foron Anselmo Feixóo Montenegro, Xosé Noguerol e Camba, e Xosé Cornide Saavedra.
3.2. Teatro A literatura teatral galega do século XVIII tamén deixounos algúns exemplos notables. Un deles é o “Entremés gallego al feliz y Real parto de Nuestra Reyna” de Salvador Francisco Roel, e tamén destaca o “Sainete ou Entremés de Bora” de Gregorio Couto, que ridiculiza a castelanización das autoridades locais. No campo da prosa, os textos galegos do século XVIII son escasos, e moitos carecen de valor literario. A “Historia da Santa Igrexa de Iria” de Pedro Otero Romero é unha obra historiográfica que celebra os méritos de Galiza e das súas elites. Tamén se conserva a “Carta da Magdalena”, escrita en 1755, e o “Prego de Cordel Ó Apóstol Santiago ¡Viva!”, escrito en 1801.
4. A literatura do Pre-Rexurdimento
O Pre-Rexurdimento corresponde ao período entre 1808 e 1836, un tempo de transición na literatura galega, que vai desde a invasión napoleónica ata a instauración do liberalismo. Durante esta época, a literatura galega comeza a recuperar a súa identidade, a pesar das dificultades socio-políticas e da súa marginalización fronte ao castelán.
4.1. Contexto histórico e social
Este período está marcado por importantes conflitos como a Guerra de Independencia (1808-1814), que levou ao florecemento de textos patrióticos e de resistencia, moitos deles escritos en galego. Ademais, o ascenso do liberalismo e a loita contra o absolutismo deron paso a un cambio ideolóxico que tamén afectou á literatura, que se converteu en un vehículo para as ideas liberais e a defensa da cultura galega.
4.2. A poesía de resistencia
A poesía do Pre-Rexurdimento utilizou o galego para expresar a loita social e política. Poetas como Xosé Fernández Neira destacan pola súa exaltación do heroísmo galego na guerra contra os franceses e pola súa defensa da identidade galega. Os seus poemas mesturan a denuncia social coa exaltación dos valores patrióticos.
4.3. Teatro e crítica social
Autores como Manuel Pardo de Andrade utilizaron o teatro para criticar a situación política e social da época, enfocándose na loita contra o absolutismo e a defensa dos dereitos dos máis desfavorecidos. As súas obras abordan a crítica á Inquisición e á Monarquía absoluta, propoñendo un cambio cara á modernidade.
4.4. A prosa e a loita ideolóxica
A prosa tamén desempeñou un papel importante, cunha clara influencia das ideas liberais e ilustradas. Autores como Antonio Benito Fandiño e Francisco Javier Rodríguez de la Fuente utilizaron a súa escrita para loitar contra as inxustizas sociais e para pedir a mellora das condicións de vida en Galicia, buscando un maior recoñecemento da súa autonomía.
4.5. Recuperación da lingua galega
A literatura do Pre-Rexurdimento tamén supón un paso importante na recuperación do galego como lingua literaria. A pesar de que o castelán dominaba a cultura e a administración, autores deste período comezaron a escribir en galego para defender a súa identidade e cultura. Este uso do galego prepararía o terreo para o Rexurdimento literario no século seguinte.
1. Sátira literaria
Este tipo de sátira burla dos defectos doutros trobadores, da súa arte poética ou do seu estilo.
- Fanse críticas entre xoglares, ridiculizando a súa falta de talento ou copiando fórmulas repetitivas.
- A veces hai desafíos e respostas entre autores, como un xogo verbal ou duelo poético.
2. Sátira social (de tipo e costumes)
Trata cuestións da vida cotiá, criticando comportamentos comúns ou normas sociais.
- Critícanse as falsas aparencias, a cobiza, a hipocrisía e os costumes considerados ridículos.
- Moitas cantigas céntranse en tipos populares como labregos, criadas, vellas, novos ricos ou xente con pretensións.
3. Sátira obscena
É unha das máis provocadoras, con contido sexual explícito ou insinuacións groseiras.
- Fanse burla de condutas sexuais, adúlteras, impotencia, prácticas consideradas desviadas, etc.
- Tamén aparecen referencias escatolóxicas e insultos directos, especialmente nas cantigas de maldizer.
4. Sátira política
Ataca figuras de poder como reis, nobres, fidalgos ou membros da Igrexa.
- Critícase a corrupción, a incompetencia ou os abusos de autoridade.
- Aínda que ás veces se disimula co uso de linguaxe ambigua, outras veces é moi directa.