Evolución Histórica e Impacto Social do Século XX
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 115,84 KB
Educación secundaria
para persoas adultas
Páxina 1 de 52
Ámbito social
Educación a distancia semipresencial
Módulo 4
Unidade didáctica 14
A fin do segundo milenio e os comezos do
terceiro
Páxina 2 de 52
Índice
1. Introducíón.................................................................................................................3
1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3
2. Secuencia de contidos e actividades ......................................................................4
2.1 Un mundo bipolar ......................................................................................................... 4
2.1.1 A organización das nacíóns unidas....................................................................................................................4
2.1.2 A bipolarización e a guerra fría (1945-1991)......................................................................................................6
2.1.3 A descolonización e o terceiro mundo .............................................................................................................12
2.1.4 Evolución económica e sociopolítica do bloque comunista (1945-1991).........................................................17
2.1.5 Evolución económica e sociopolítica do bloque occidental (1945-1991) .........................................................21
2.2 A unidade europea ..................................................................................................... 24
2.3 O mundo actual .......................................................................................................... 27
2.3.1 Unha nova xeoestratexia desde 1991..............................................................................................................27
2.3.2 A globalización: fase actual do capitalismo......................................................................................................30
2.3.3 Os grandes desafíos da actualidade................................................................................................................35
2.3.4 O poder da imaxe.
............................................................................................................................................37
3. Exercicios de autoavaliación .................................................................................40
4. Solucionarios...........................................................................................................42
4.1 Solucións das actividades propostas.
......................................................................... 42
4.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 48
5. Glosario....................................................................................................................50
6. Recursos..................................................................................................................51
Páxina 3 de 52
1. Introducíón
1.1 Descrición da unidade didáctica
Esta unidade abrangue un período de pouco máis de sesenta anos, desde o remate da II
Guerra Mundial ata a actualidade.
Durante os primeiros corenta anos do período, o trazo fundamental foi o profundo enfrontamento
ideolóxico entre os Estados Unidos e a Uníón Soviética, o que provocou a división
do mundo en dous bloques antagónicos, a creación dun estado de tensión permanente
que puña en perigo a supervivencia do planeta ao posuír ambas as potencias armas
atómicas. A principios da década de 1990 afúndese o sistema comunista soviético, co que
remata a política de bloques. A partir desta data, nace unha nova orde internacional, na
que os Estados Unidos se constitúen na única superpotencia.
Logo de rematada a II Guerra Mundial, os países de Europa occidental recuperaron a
súa economía, e incrementaron o nivel de vida dos traballadores ao implantarse un tipo de
política social denominado Estado do benestar. Por outra banda, iniciouse o proceso cara á
unidade económica.
Un feito de grande importancia foi a descolonización, que afectou a máis da metade da
humanidade e trouxo un aire de esperanza na mellora da situación de millóns de persoas.
Pero os novos estados dependen económicamente das grandes transnacionais, nunha nova
situación coñecida como neocolonialismo.
Por outra banda, desde a década de 1980, imponse o sistema capitalista, creándose a
escala mundial unhas relacións económicas totalmente interdependentes. É a fase actual
do capitalismo, coñecida co nome de globalización.
Ao remate desta unidade, vostede estará capacitado para:
Coñecer a finalidade para a que se creou a ONU e identificar os seus organismos.
Coñecer a evolución das relacións entre EE UU e a Uníón Soviética durante a Guerra
Fría e identificar os principais conflitos.
Explicar as causas e comprender as consecuencias da descolonización do Terceiro
Mundo, e identificar os trazos do mundo islámico.
Recoñecer as carácterísticas da URSS como gran potencia mundial e analizar as causas
do afundimento do sistema comunista.
Coñecer os factores que levaron os EEUU a converterse en líder do mundo capitalista.
Analizar o proceso de construción da Uníón Europea e valorar a súa importancia.
Recoñecer as carácterísticas da nova orde internacional existente desde 1991.
Explicar as causas que conduciron ao fenómeno da globalización das relacións
económicas e valorar as consecuencias que ten sobre as sociedades actuáis.
Tomar conciencia dos desafíos cos que se enfrontan as sociedades actuáis.
Valorar a importancia da imaxe na sociedade actual e recoñecer a súa manipulación
como o elemento básico para o estímulo do consumo.
Páxina 4 de 52
2. Secuencia de contidos e actividades
2.1 Un mundo bipolar
2.1.1 A organización das nacíóns unidas
Este organismo internacional foi creado polos Estados Unidos, a Uníón Soviética, o Reino
Unido, Francia e China na Conferencia de San Francisco, en xuño de 1945, cando se rematou
de redactar a Carta das Nacíóns Unidas.
Fixáronse como obxectivos propios da ONU o mantemento da paz mundial, a defensa
dos dereitos e das liberdades fundamentáis do ser humano, o cumprimento dos tratados internacionais,
a procura do progreso social e a mellora do nivel de vida da humanidade.
O 24 de outubro dese ano iniciaba o seu funcionamento oficial, substituíndo a desacreditada
Sociedade de Nacíóns, por non ter sido quen de impedir a II Guerra Mundial.
Nós, os pobos das Nacíóns Unidas, decididos a preservar as xeracións do drama da guerra (…); a reafirmar a fe nos dereitos
fundamentáis das persoas, na dignidade e o valor da persoas, na igualdade dos dereitos de homes e mulleres, e das
nacíóns grandes e pequenas; a crear condicións baixo as cales poidan manterse a xustiza e o respecto ás obrigas que xorden
dos tratados internacionais, a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de
liberdade (…), decidimos xuntar os nosos esforzos para realizar estés designios.
Principais órganos da ONU
Asemblea Xeral. Principal órgano deliberativo, composto por todos os estados membros,
cada un con dereito a voto. Ten como funcións principais, entre outras, a aprobación
do orzamento e a elección dos membros non permanentes do Consello de Seguridade;
pode adoptar medidas de forzá en caso de que estea ameazada a paz. Ten unha
serie de programas de actuación, como o ACNUR (Alto Comisionado das Nacíóns
Unidas para Refuxiados) ou a UNICEF (Fondo das Nacíóns Unidas para a Infancia)
Consello de Seguridade. Está formado por 15 membros: cinco permanentes (os países
fundadores), que teñen dereito a veto, e dez renovables cada dous anos. É o principal
órgano de deliberación e de adopción de resolucións; sobre el recae a responsabilidade
do mantemento da paz e da seguridade internacionais. Ten poder para levar a cabo accións
contra calquera país agresor.
Quen decide son os cinco países do Consello de Seguridade da ONU, que
son os que poden vetar. As cinco potencias que velan pola paz son as cinco
maiores potencias fabricantes de armas. Os que velan pola paz… O mundo
está do revés.
Eduardo Galeano (escritor)
Páxina 5 de 52
Secretaría Xeral. Presta servizos aos outros órganos e encárgase de administrar os
programas que elaboran. O seu xefe é o Secretario Xeral.
Tribunal Internacional de Xustiza. É o órgano xudicial principal da ONU.
Consello Económico e Social. É o órgano que coordina o labor económico e social das
Nacíóns Unidas e dos organismos especializados: OIT (Organización Internacional do
Traballo), FAO (Organización das Nacíóns Unidas para a Agricultura e a Alimentación),
UNESCO (Organización das Nacíóns Unidas para a Educación, a Ciencia e a
Cultura), OMS, (Organización Mundial da Saúde), etc.
A Asemblea Xeral das Nacíóns Unidas proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Art. 1.º Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia,
deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Art. 2.º Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción de raza, cor, sexo,
idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou
calquera outra condición.
Art. 3.º Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa..
Declaración Universal dos Dereitos Humanos (fragmento). París, 10 de decembro de 1948
Actividades propostas
S1. En que conferencia e en que ano se fundou a ONU?Que Estados a crearon?
Con que obxectivos?
S2. Resuma as principais ideas do Preámbulo da Carta das Nacíóns Unidas.Consulte en Internet a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (introduza
nun buscador, Google, por exemplo, a expresión inmediatamente anterior) e
analice outros artigos que considere importantes.
S3. Tendo en conta o texto, cite os principais órganos da ONU e indique as súasSaque as principais ideas do texto de Eduardo Galeano.
Páxina 6 de 52
2.1.2 A bipolarización e a guerra fría (1945-1991)
Malia loitaren xuntos contra o nazismo, nas conferencias de Ialta e de Potsdam a URSS e
os Estados Unidos fixaron o reparto das súas respectivas áreas de influencia, materializándose
así a chamada bipolarización:
Bloque occidental: caracterizábase por sistema económico capitalista, políticamente
fragmentado en democracias e ditaduras e liderado polos EEUU. Formábano a Europa
occidental, o continente americano (agás Cuba), Xapón, Australia e Nova Zelandia.
Bloque oriental: tamén se coñeceu como bloque do leste, ou bloque soviético ou comunista.
Nel estaban integrados a Uníón Soviética, que exercía o liderado, e os países
de Europa oriental, aos que se uniron posteriormente China, Corea do Norte, Vietnam e
Cuba. En Europa, a separación entre os bloques estaba marcada polo denominado por
Churchill pano de aceiro.
Desde Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, un pano de aceiro caeu sobre o continente europeo. Detrás desta liña
atópanse todas as capitais dos antigos estados de Europa central e oriental: Varsovia, Berlín, Praga, Viena, Budapest,
Belgrado, Bucarest e Sofía.
Todas estas cidades famosas e as súas poboacións están no que eu debo chamar a área de influencia soviética (…). Os
partidos comunistas, que eran moi pequenos nestes países da Europa oriental (…), están pretendendo en todas partes obter
o control absoluto.
Churchill, Winston. Discurso na Universidade de Fulton (EEUU). 5 de Marzo de 1946
A Guerra fría
Durante máis de corenta anos, as relacións entre as dúas superpotencias caracterizáronse
por un estado de tensión permanente, de acoso continuado do contrario, de ameazas de
guerra tanto convencional coma atómica, de confrontación ideolóxica, de guerra económica
e de espionaxe. Esta tensión e ameaza constantes coñécese co nome de Guerra fría, que
perdurou ata a caída do réxime comunista na URSS en 1991.
Páxina 7 de 52
Cada bloque tratou de manter a súa área de influencia con accións para contrarrestar a
política do bloque contrario: atemorizábanse entre si aumentando o poder militar, o que
deu lugar a unha atolada carreira armamentista, sobre todo de armas atómicas. Esta
escalada armamentista conduciu a unha situación denominada equilibrio do terror. Por
que se chegou a esta situación?
Polas profundas diferenzas ideolóxicas, políticas e económicas entre as dúas superpotencias.
Porque, logo de rematada a guerra, a URSS non só incumpriu a promesa que fixera de
celebrar eleccións democráticas nos países de Europa do leste que liberara dos nazis,
senón que ampliou a súa zona de influencia mediante a imposición pola forzá réximes
comunistas (tamén chamados democracias populares) en Polonia, Checoslovaquia,
Hungría, Románía, Bulgaria, Iugoslavia, Albania e zona oriental de Alemaña.
Porque en 1947, Truman, presidente dos Estados Unidos, expuxo nun discurso que lideraría
o mundo libre e democrático para deter o avance do comunismo (doutrina Truman).
Os pobos de varios países tiveron que aceptar recentemente, contra a súa vontade, réximes totalitarios (…) Creo que a
política dos EEUU debe dirixirse a apoiar aos pobos libres (…). Creo que a nosa axuda debería efectuarse primordialmente
por medio da asistencia económica e financeira, que é esencial para a estabilidade económica e o desenvolvemento de
procedementos políticos disciplinados.
Truman, Harry. Discurso pronunciado no Congreso dos EE UU, 12 de Marzo de 1947
Porque os EEUU aplicaron en 1948 un programa de axuda económica, coñecido como
Plan Marshall, para a reconstrución dos países de Europa occidental destruídos pola
guerra, excluíndo os países do leste.
Non necesito dicirlles, señores, que a situación mundial é moi seria (...). A verdade da cuestión é que as necesidades de
Europa para os próximos tres ou catro años en alimentos e outros produtos esenciais procedentes do exterior, principalmente
de América, son tan superiores á súa presente capacidade de pago, que teñen que recibir unha axuda adicional
substancial ou enfrontarse cun dano económico, social e político dun carácter moi grave (…). É lóxico que os Estados Unidos
fagan canto estea no seu poder para axudar a volver a unha saúde económica normal ao mundo, sen a cal non cabe
estabilidade política nin paz segura.
Marshall, George. Discurso na Universidade de Harvard. 6 de xuño de 1947
Pola resposta da URSS ás dúas iniciativas anteriores dos EEUU, apoiando os partidos
comunistas dos países democráticos para levaren a cabo a revolución (doutrina Jdánov,
1947).
As potencias que actúan no teatro mundial agrupáronse en dous campos: o campo imperialista e antidemocrático, dun lado,
e o antiimperialista e democrático, do outro. Os EEUU son a forzá dirixente no campo imperialista (…). O fin principal
do campo imperialista é a preparación dunha nova guerra imperialista, a loita contra o socialismo e a democracia.
O outro campo está integrado polas forzás antiimperialistas e democráticas. A súa forzá reside na URSS e nas novas democracias.
O campo antiimperialista apóiase no movemento obreiro e nos movementos democráticos de todos os países,
e nos partidos comunistas irmáns (…)..
Jdánov, Andrei. Discurso. Setembro de 1947
Páxina 8 de 52
Os bloques militares
Cada un dos bloques creou unha organización militar para defender a súa zona de influencia
e os seus intereses fronte a un posible expansionismo do bloque contrario. Os países do
bloque occidental, por iniciativa dos Estados Unidos, constituíron en 1949 a Organización
do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), composta nese momento polos Estados Unidos,
Canadá, o Reino Unido, Francia, os Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Italia, Portugal,
Noruega, Dinamarca e Islandia.
Por outra banda, a URSS responde coa creación do seu propio bloque militar, o Pacto
de Varsovia, no que se integraron os seus aliados comunistas de Europa oriental.
Conflitos durante a primeira fase da Guerra Fría
Aínda que as dúas superpotencias nunca se enfrontaron directamente, si que existiron conflitos
puntuáis, nos que se enfrontaron indirectamente, apoiando os seus aliados. Ao comezo
da Guerra Fría, entre 1948 a 1953, ten lugar a fase de máxima tensión.
A crise de Berlín: os dous Estados alemáns
En xuño de 1948 os tres aliados occidentais reunificaron os territorios alemáns e crearon a
República Federal Alemá. Como resposta, a Uníón Soviética decretou o bloqueo de Berlín,
que se atopaba en territorio baixo o seu control, impedindo o abastecemento e as comunicacións
cos outros sectores berlineses dos EEUU, Gran Bretaña e Francia. Os EEUU
e Gran Bretaña responderon cunha ponte aérea militar de 1.400 voos diarios para atender
as necesidades dos berlineses occidentais.
A URSS constituíu a República Democrática de Alemaña, integrada no bloque
comunista. Berlín quedou dividida tamén en dúas zonas en 1961 cando as autoridades
deste Estado levantaron un muro entre as dúas zonas.
A división de Alemaña e de Berlín
A guerra de Corea (1950-1953)
Ao rematar a II Guerra Mundial e liberarse a Asía continental, que fora invadida por Xapón,
Corea dividiuse en dous polo paralelo 38º N: Corea do Norte, cun réxime comunista
e aliada da URSS, e Corea do Sur, cun réxime anticomunista e aliada dos EEUU.
Páxina 9 de 52
En 1950 Corea do Norte invadiu Corea do Sur para unificar os dous territorios, o que provocou
a intervención militar dos EEUU para evitar a extensión do comunismo. Despois de
tres anos de guerra temíase que este conflito puidese xerar unha Guerra Mundial, e iniciáronse
negociacións de paz. Ao remate, a situación volveu a como estaba en 1950, con Corea
dividida en dous Estados, ata a actualidade.
A época da coexistencia pacífica
Rematada a guerra de Corea, entre 1953 e 1975, pásase á segunda fase da Guerra Fría, coñecida
como a época da coexistencia pacífica. Agora a tensión redúcese debido ao talante
dos novos dirixentes das dúas superpotencias (Kruschev sucede a Stalin na URSS, e Eisenhower
e Kennedy suceden a Truman en EE UU), que deron un xiro importante na política
exterior, decatándose de que tiñan que convivir e que evitar unha confrontación militar,
pois a URSS conseguirá a bomba atómica en 1949.
O recoñecemento da existencia de dous sistemas diferentes (…), o respecto da soberanía, o arranxo de todos os problemas
internacionais por medio de negociacións; isto é o que implica a coexistencia pacífica.
Kruschev, Nikita. Informe ao Soviet Supremo. 1959
A aquelas nacíóns que serían os nosos adversarios, non lles ofrecemos un compromiso,
senón unha petición: que ambas as partes comecen de novo a procura da paz
antes de que os sombríos poderes de destrución desencadeados pola ciencia afundan
a humanidade enteira nunha autodestrución (…). Que ambas as partes analicen
os problemas que nos unen en vez de insistir nos problemas que nos separan.
Kennedy, John F. Discurso da toma de posesión como presidente dos EEUU. Xaneiro de 1961
Con todo, os conflitos máis graves ocorreron nesta fase:
Crise de Cuba. En 1959, Fidel Castro tomou o poder. Rexeitado polos EEUU, achegouse
á URSS, ata implantar un réxime comunista en 1961. No verán de 1962 os norteamericanos
descobren ramplas de foguetes soviéticos que poderían levar armas atómicas.
Xa que logo, a seguridade dos EEUU viuse ameazada. Neste punto, a tensión entre
os EEUU e a URSS alcanzou o máximo nivel de toda a Guerra Fría: Kennedy ordenou
a blocaxe naval da illa para impedir a chegada de barcos soviéticos, advertíndolle a
Kruschev que ordenase aos seus barcos volver ás súas bases ou os Estados Unidos o
impedirían pola forzá. O mundo enteiro estivo a piques dunha guerra nuclear. Kruschev
ordenou a retirada dos seus barcos e as bases de lanzamento foron desmanteladas.
Guerra de Vietnam, froito da descolonización e da Guerra Fría. Rematada a II Guerra
Mundial e tras a expulsión dos xaponeses do sueste asíático, Francia quixo manter a colonia,
pero os vietnamitas querían a independencia. En 1954, e tras seren derrotados os
franceses, na Conferencia de Xenebra decidiuse a independencia e a partición de Vietnam
en dúas zonas separadas polo paralelo 17º N: Vietnam do Norte, cun réxime comunista
apoiado pola URSS e a China, e Vietnam do Sur, cunha ditadura apoiada por
Francia e os Estados Unidos, para evitar a expansión do comunismo nesa zona de Asía.
Páxina 10 de 52
En 1965 estoupa o conflito. Os EEUU enviaron armas e soldados para apoiar a Vietnam
do Sur. A URSS e China apoiaron a Vietnam do Norte. En 1975 o exército norteamericano
foi derrotado e todo país quedou reunificado baixo un réxime comunista.
Conflito de Oriente Medio. En 1947 a ONU autorizou a creación do Estado de Israel
en terras de Palestina. A raíz deste feito xerouse un permanente estado de tensión entre
xudeus e palestinos, con catro guerras e conflitos e tensións permanentes ata hoxe.
Invitamos a todos os xudeus do mundo a unírense a nós na tarefa da inmigración e da construción, e a axudar no combate
emprendido para realizar o soño perseguido de xeración en xeración: a redención de Israel.
Declaración Israelí de independencia, 1948
Palestina é unha patria árabe unida polos lazos do nacionalismo árabe aos outros países árabes que no seu conxunto
forman a gran nacíón árabe. A unidade árabe e a liberación de Palestina son dous obxectivos que se complementan.
Manifestó da Organización para a Liberación de Palestina, 1964
Primeira guerra. Tivo lugar en 1948 contra os países veciños (Exipto, Xordania, Siria
e o Líbano), que non aceptaban a existencia de Israel. Israel ocupou case toda Palestina,
agás Gaza e Cisxordania.
Segunda guerra. En 1956 (crise da canle de Suez), sen alteracións da situación.
Terceira guerra. En 1967 contra Exipto, Xordania e Siria. Israel ocupou a península
do Sinaí, Cisxordania, Gaza, os altos do Golán e a parte occidental de Xerusalén.
Cuarta guerra. Estoupa en 1973. Esta vez Israel foi atacado. A consecuencia máis
importante deste conflito foi a utilización do petróleo como arma por parte dos países
árabes produtores, que aplicaron unha reducíón da producíón que provocou unha
suba moi grande do prezo do barril, o que desencadeou a crise económica de 1973.
Proceso de perda de territorio de Palestina
Situación en 1946 Partición da ONU. 1947 1949-1967 2000
Páxina 11 de 52
Posteriormente celebráronse reuníóns entre palestinos e Israelís na procura dunha solución.
Pero Israel, que asinou o acordó Paz a cambio de territorios para crear unha rexión
autónoma palestina, incumpriu o pactado, en parte polos ataques de extremistas
palestinos. Hoxe este conflito segué sen solución, como o evidencia a tensión xerada en
Gaza entre o sector palestino radicalizado de Hamas e Israel a principios de 2009.
Fase final da Guerra Fría (1975-1991)
Carácterízase pola distensión, os rebrotes dos conflitos, a desaparición da URSS e o inicio
dunha nova orde mundial. A influencia soviética esténdese por Angola, Mozambique, Afganistán
e Nicaragua. En 1979 a URSS invade Afganistán para evitar que o gobernó prosoviético
fose derrotado polos islamistas (talibáns), o queprovoca que os EEUU apoien
con armas esta guerrilla e a Bin Laden. Logo de dez anos de guerra a URSS retírase derrotada
de Afganistán. A partir de 1981, os EEUU (con Ronald Reagan), comezan o custoso
plan de defensa chamado Iniciativa para a Defensa Estratéxica (Guerra das Galaxias).
A grave crise económica que padecía a URSS impediulle levar a cabo un plan semellante
para contrarrestar o plan norteamericano. Por iso van ser os soviéticos os que lles
propoñan aos EEUU o desarmamento nuclear, nas reuníóns celebradas entre Reagan, presidente
dos EEUU e Gorbachov, máxima autoridade soviética desde 1985.
Finalmente, a caída do muro de Berlín en 1989, a democratización da Europa do leste,
a reunificación das Alemañas en 1990 e a disolución do Pacto de Varsovia en 1991 marcan
a fin da Guerra Fría e da división do mundo en bloques. Tras a desaparición da URSS,
estableceuse unha nova orde mundial, baseada na hexemonía de Estados Unidos.
Actividades propostas
S4. Por que se deterioraron as relacións entre os EE UU e a URSS ao rematar a IICales foron as razóns desta ruptura?
S5. Que se entendé por Guerra Fría?Que conflitos se desenvolveron durante a Guerra Fría?
Cal foi o momento de máxima tensión entre os dous bloques?
Resuma o conflito de Oriente Medio.
S6. Complete as seguintes frases:Nas conferencias de _____ os EE UU e a URSS fixaron as zonas de influencia.
Os EE UU crearon o bloque militar da _____ e a URSS o _____
A Doutrina _____ denunciaba a implantación do comunismo en países ocupados
por _____, e para frear a expansión comunista concedeuse o _____ , un
préstamo para a reconstrución de _____
A URSS no Informe ____ denunciaba esta actuación de ____ como un modo
de dominio, e apoiou os ____ dos países democráticos para levar a cabo a ____
Páxina 12 de 52
2.1.3 A descolonización e o terceiro mundo
O proceso histórico do imperialismo acontecido entre 1870 e 1914 inicia unha rápida viaxe
de volta cando remata a II Guerra Mundial. Afectou a máis da metade da superficie do
planeta e a máis da metade da poboación mundial: é a descolonización, é dicir, o remate
do sistema colonial e a creación de novos Estados independentes nos territorios ata daquela
controlados polas potencias imperialistas occidentais.
Factores da descolonización
As dúas guerras mundiais. Estés conflitos puxeron de manifestó a importancia das colonias
como provedoras de materias primas, alimentos e soldados, e tamén a fraxilidade,
a decadencia moral e a hipocrisía das potencias colonizadoras, que aplicaban os valores
democráticos na metrópole e conculcábanos nos seus imperios.
A ONU. Este organismo internacional favoreceu o proceso descolonizador a través de
resolucións favorables.
A Asemblea Xeral proclama solemnemente a necesidade de poñer fin rápida e incondicionalmente ao colonialismo en
todas as súas formas e manifestacións. Para tal fin declara que:
1. A suxeición dos pobos a unha dominación e explotación estranxeiras constitúe unha negación dos dereitos humanos
fundamentáis, é contraria á Carta das Nacíóns Unidas e compromete a causa da paz e da cooperación mundiais.
Resolución 1.514 da ONU. 14 de decembro de 1960
A Guerra Fría. As dúas superpotencias, os EEUU e a URSS, déronlle pulo a este proceso,
xa que coa creación de novos estados en Asía e África, fráxiles e dependentes
económica e políticamente, vían neles a oportunidade de ampliar as súas áreas de influencia,
substituíndo as potencias coloniais europeas no espolio económico.
Nehru e Ghandi, artífices da independencia de India
Os movementos nacionalistas. Baseándose no desexo de independencia da maioría da
poboación autóctona das colonias, estés movementos de liberación iniciaron un proceso
de loita contra as potencias ocupantes do seu territorio.
Cambios económicos, sociais e mentáis provocados nas colonias pola influencia occidental.
As obras públicas, o crecemento da poboación e das cidades, a destrución da estrutura
social, a aculturación e o nacemento dunha burguésía autóctona con estudos
universitarios realizados en Europa foron factores que crearon unha conciencia de autodeterminación
que se foi concretando en movementos nacionalistas que tiñan como
obxectivos a independencia e as melloras sociais.
Páxina 13 de 52
O proceso de descolonización
Uns procesos foron pacíficos e outros violentos. Nos primeiros, a metrópole cedeu a soberanía
sen moitas tensións, para seguir gozando dos beneficios económicos (o caso do Reino
Unido); nos segundos, a colonia accede á independencia pola vía revolucionaria, logo
de violentos enfrontamentos.
A independencia de India. Era a colonia máis prezada do Reino Unido, a que denominaban
a xoia da coroa. A súa poboación estaba constituída por dúas culturas, os hindús
e os musulmáns. En 1885 fundouse un partido independentista, o Partido do Congreso,
dirixido por Gandhi e Nehru, que seguía as tácticas da resistencia pacífica, a non
violencia, a desobediencia civil e a non cooperación coas autoridades británicas. En
1947 o Gobernó británico concedeulle a independencia, pero partindo o territorio en
dous Estados: un hindú, a India, e outro musulmán, Pakistán. Esta partición provocou,
ata a actualidade, un profundo odio, guerras entre os dous Estados, e reivindicacións
por parte destes países da rexión de Cachemira.
A independencia de Indonesia. Era unha colonia dos Países Baixos, de relixión musulmá.
En 1927 Sukarno fundou o Partido Nacional lndonesio, nacionalista e socialista,
que tiña como meta a independencia. Rematada a II Guerra Mundial, comeza unha guerra
de liberación, que remata coa independencia de Indonesia en 1949.
A descolonización no resto de Asía. Foi tamén despois da II Guerra Mundial cando
alcanzaron a independencia outras colonias asíáticas: Birmania (hoxe, Myanmar), Malasia,
Sri Lanka, Laos, Camboxa, Irán, Iraq, Siria, Líbano, Xordania, Kuwait, Iemen,
Qatar, Bahrein, Vietnam, etc.
A Conferencia de Bandung. En 1955 celebrouse en Bandung (Indonesia) unha conferencia
internacional para reclamar a descolonización dos países aínda sometidos, na
que participaron maioritariamente estados independizados recentemente (Indonesia,
Exipto, India, Libia, Arabía, os dous Vietnam, China, Xapón, etc.) e líderes destacados
da independencia como Nehru e Sukarno. A conferencia rematou cun comunicado que
incluía varias reivindicacións: respecto dos dereitos humanos, respecto á soberanía das
nacíóns, condena do sistema colonial e chamada á rebelión contra el, igualdade entre
razas e nacíóns, non intervención nos asuntos internos dos países, rexeitamento da guerra,
e sobre todo, o dereito dos pobos á autodeterminación.
Estamos decididos a non ser dominados por ningún país
nin por ningún continente (…). Nós somos grandes países
do mundo e queremos vivir libres, sen recibir ordes de ninguén.
Somos conscientes da importancia que ten manter
relacións de amizade coas grandes potencias (…), pero no
futuro só cooperaremos en relación de igual a igual.
Todas as nacíóns teñen dereito a escoller libremente os
seus propios sistemas políticos e económicos e o seu propio
medio de vida de conformidade cos principios das Nacíóns
Unidas (…). Porque sufrimos durante moito tempo o
colonialismo é polo que alzamos a nosa voz contra eles.
Dirixentes de Exipto (Nasser), Iugoslavia (Tito) e India (Nehru)
Discurso de clausura da Conferencia de Bandung.
24 de Abril de 1955
Bandung marca tamén o inicio da creación dun terceiro bloque de países, o Movemento
de Países non Aliñados, que pretendían non ser incluídos en ningún dos bloques enfrontados
na Guerra Fría, o que supuña unha forte crítica ao modelo bipolar.
Páxina 14 de 52
A descolonización de África. A Conferencia de Bandung xogou un papel fundamental
na independencia africana porque estimulou os movementos de liberación nacional
africanos, a maior parte deles de tendencia socialista.
Proceso de descolonización en África
Alxeria, colonia francesa, padeceu un dos procesos de descolonización máis longo e
violento de África. A numerosa poboación de orixe francesa opúñase á independencia, así
como o gobernó francés. Isto provocou un duro e cruento enfrontamento co nacionalismo
independentista alxeriano, representado pola Fronte de Liberación Nacional (FLN). En
1962 Alxeria independízase e establécese un réxime socialista presidido por Ben Bella.
O resto do norte de África foise independizando na década de 1950: Exipto, en 1953;
Sudán, en 1956, onde permanece un conflito civil entre o norte e o sur; Libia, colonia italiana,
en 1951; Marrocos, en 1956; Tunisia, en 1956.
A África negra seguiu o exemplo e iniciou un longo proceso de liberación, no que destacan
líderes africanos que contribuíron intelectualmente ao proceso, como L. S. Senghor,
que foi presidente de Senegal, e K. Nkrumah, presidente de Ghana. A grande diversidade
étnica, lingüística e cultural desta área deu lugar á creación de estados en que conviven
comunidades humanas con culturas distintas en permanente conflito civil.
Primeiro foron as dúas grandes guerras, nas que os brancos se destruíron. A atrocidade da guerra e os medios de propaganda
empregados contribuíron a espertar as conciencias dos pobos dominados.
En segundo lugar, os propios vicios da explotación colonialista, isto é, a explotación económica, a destrución das civilizacións
autóctonas, o menosprezo de todo o que é indíxena e, por descontado, o feito de que os colonizadores non puñan
en práctica as virtudes que ensinaban e predicaban, por todo isto, os europeos deixaron de aparecer como seres infalibles.
Foi así como chegamos a tomar conciencia da absoluta necesidade de recuperar a nosa identidade orixinal, a nosa civilización
orixinal e a recuperar a nosa dignidade.
Senghor, Léopold Sédar. Declaracións de 1962
Páxina 15 de 52
Consecuencias da descolonización: o neocolonialismo
A independencia dos antigos territorios coloniais non supuxo a fin dos seus problemas,
que mesmo nalgúns casos empeoraron. Os novos estados continúan nunha situación de
dependencia denominada neocolonialismo.
Estés países seguen vinculados económicamente a Occidente; e agora, na etapa da
globalización económica, o problema agrávase. Os ingresos que lles proporcionan as
materias primas exportadas son cada vez menos porque son as multinacionais as que fixan
os prezos das mesmas. Por outra banda, como carecen dunha industria competitiva,
dependen da tecnoloxía e dos produtos industriáis importados, o que lles provoca un
elevado déficit comercial ao que non lle poden facer fronte e que os endebeda a
perpetuidade.
Para remediar estés problemas, reciben créditos da banca internacional e do Banco
Mundial, pero o que en realidade ocorre é que o endebedamento medra nunha escala exponencial
ao teren que devolver o capital e mais os xuros nos prazos estipulados, o que os
obriga a pedir novos créditos para pagar os anteriores.
Este conxunto de países conforman o que se coñece como Terceiro Mundo, que inclúe
xeograficamente África, Asía (agás Xapón), Oceanía (agás Australia e Nova Zelandia) e
América Latina, e comprende máis da metade da poboación mundial.
O mundo islámico
Cando se producen a expansión imperialista europea de fináis do XIX e o derrubamento
do Imperio turco despois da I Guerra Mundial, naceu dentro do mundo islámico un movemento
que propoñía a uníón de todos os practicantes desta relixión. Despois da II Guerra
Mundial, coa descolonización e as guerras contra Israel, o movemento refórzase e propón
a unidade política entre os estados árabes: en 1971 créase a Conferencia Islámica, integrada
por máis de 50 Estados.
Nas décadas de 1940 e 1950 os movementos islamitas foron apoiados polas potencias
occidentais para lle facer fronte ao comunismo. Bin Laden recibiu, como xa vimos, apoio
da Cía (servizo de intelixencia dos EEUU) na década de 1980 para loitar contra a invasión
soviética en Afganistán.
A frustración social e a dominación estranxeira foron e seguen sendo factores que levan
a estas sociedades ao integrismo ou fundamentalismo islámico, caracterizado por:
Páxina 16 de 52
Estar en contra dos poderes políticos occidentais e da súa influencia corruptora.
Concibir que a leí de Deus é a orixe do poder político, do dereito e da acción dos
políticos, rexeitando calquera fundamento democrático.
Considerar que o Islam é a base da vida persoal, das relacións sociais e do Estado.
Avogar por unha nova orde social e política baseada no Corán, na tradición e na Sunna
(modelo de comportamento de Mahoma).
O islamismo fundamentalista ten o poder en Irán; está detrás dos atentados de Nova York,
Madrid, Londres; está presente en conflitos como o de Palestina; e oponse á hexemonía
mundial estadounidense.
Actividades propostas
S7. Cando se inicia o proceso descolonizador?A que porcentaxe de persoas e de territorio mundiais afectou?
Enumere as causas do proceso descolonizador.
S8. Que dous tipos de procesos descolonizadores se poden establecer?A que zonas ou países afectou?
En que lugares a independencia supuxo unha guerra coa metrópole?
S9. Como contribuíu a Conferencia de Bandung ao proceso de descolonización?Que entendé vostede por neocolonialismo?
Caracterice o fundamentalismo islámico.
Páxina 17 de 52
2.1.4 Evolución económica e sociopolítica do bloque comunista (1945-
1991)
Como vemos no mapa (Historia do mundo contemporáneo. Vicens Vives, 2008, páx.
283), durante a Guerra Fría, o réxime comunista estaba implantado na URSS, en Europa
oriental (democracias populares), China, Corea do Norte, Vietnam e Cuba. En todos eles o
modelo económico, social e político é semellante ao da URSS:
Planificación estatal da economía: nacionalización da industria, da banca e dos transportes;
colectivización da agricultura.
Partido único, o comunista, que exerce un control absoluto do poder; supresión do Estado
de dereito e dos dereitos e liberdades individuáis e colectivos.
Influencia soviética no mundo
Evolución económica da URSS
No campo económico Stalin aplicou durante o seu mandato, ata 1953, un programa de colectivización
da terra e iniciou a industrialización mediante os plans quinquenais, experimentando
a URSS unha transformación espectacular: suprimiu a propiedade privada en
favor da propiedade do Estado e da propiedade colectiva. En poucos anos a URSS converteuse
na segunda potencia económica mundial.
Baixo o mandato do seu sucesor Kruschev (1953-1964) descentralizouse o control da
economía. Déuselle autonomía ás empresas e aos traballadores, co fin de aumentar e diversificar
a producíón, favorecendo a producíón de bens de consumo para mellorar o benestar
da poboación.
Páxina 18 de 52
De 1964 a 1982 o poder da URSS estivo controlado por Breznev. Neste período intentouse
aumentar a produtividade e a calidade dos produtos e estimular a renovación tecnolóxica.
Pero ao final do seu mandato a situación da economía era crítica.
En 1985 accede ao poder o derradeiro mandatario da URSS, Mijail Gorvachov. No sector
económico intentou levar a cabo unha profunda reforma económica incorporando elementos
propios da economía capitalista: libre comercio, liberdade de empresa, fomento da
iniciativa privada, e privatización das terras.
Pero estas medidas non tiveron tempo de ser aplicadas: en 1989 comeza a derrubarse
este sistema nacido en 1917. Estableceuse unha economía de mercado e de libre empresa.
Pero o brusco paso dunha economía planificada e centralizada a unha economía capitalista
e competitiva resultou moi difícil e complicado ao non haber experiencia nin persoas cualificadas.
Evolución política da URSS
Stalin concentrou todo o poder na súa persoa e no partido comunista. Consolidou a revolución,
controlou totalmente a poboación e os órganos políticos, e estableceu un réxime de
terror que acabou con toda a oposición. Kruschev desmontou o estalinismo e avogou pola
coexistencia pacífica entre os bloques. Breznev controlou con man de ferro as
democracias populares do leste de Europa, invadindo Checoslovaquia cando intentou
humanizar o réxime. No ámbito internacional iniciou conferencias con EE UU para a
reducíón do armamento nuclear; pero invadiu Afganistán, enfriando as relacións cos
norteamericanos.
O derrubamento do sistema comunista. Á parte das reformas económicas, Gorbachov
decidiu transformar o sistema comunista para sacar a URSS da crise económica,
social e política en que se atopaba: foi a chamada perestroika (reorganización, reformismo).
Perestroika significa a superación dun proceso de estancamento económico;
significa o desenvolvemento da democracia; supón a supresión das tendencias
niveladoras na paga.
É unha renovación a fondo de todos os aspectos da vida soviética: a economía,
a sociedade, a política e a moral.
Gorbachov, Mijail. Perestroika. Ediciones B. 1987.
Políticamente propuxo a democratización do sistema: pluripartidismo, eleccións libres
e dereitos e liberdades individuáis. Socialmente intentou atallar a corrupción, rematar
cos privilexios da nomenklatura, diminuír o absentismo laboral e transmitir esperanza
no futuro.
Para alcanzar estés fins, fomentou a crítica ao sistema e a liberdade de expresión
(glasnost: transparencia, apertura informativa) para crear unha nova mentalidade na sociedade
capaz de xerar os cambios necesarios para a transformación. Estas propostas
foron moi ben acollidas nos países occidentais porque reducían a tensión propia da guerra
fría.
Páxina 19 de 52
Pero Gorbachov non puido materializar as reformas: conxugar comunismo e democracia
nin equilibrar as forzás que se querían manter no pasado e as que querían acabar co
comunismo. Para complicar a situación, xurdiron con forzá as tendencias nacionalistas
das repúblicas que integraban a URSS, solicitando a independencia.
En 1990 celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que Boris Yeltsin acadou a
presidencia da Federación Rusa, a maior e a máis importante e rica das repúblicas que
formaban a URSS. Yeltsin era partidario de rematar co sistema comunista e
enfrontouse con Gorbachov.
No verán de 1991 produciuse un intento de Golpe de Estado por parte dos que
querían manter o comunismo. Yeltsin foi quen logrou paralizar o golpe. Estés feitos
puxeron de manifestó que era imposible levar a cabo unha reforma do socialismo,
como pretendía Gorbachov.
Agora, o poder pasa a Rusia: Yeltsin disolveu o Partido Comunista e confiscou os
seus bens. Nas demais repúblicas da URSS (Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Xeorxia,
Bielorrusia e Uzbekistán…) desencadeouse un forte descontento contra os respectivos
gobernos comunistas, motivado polas dificultades económicas, a falta de liberdades,
o nacionalismo. Nas seguintes semanas declaráronse independentes. En decembro
de 1991 desapareceu a URSS.
Nos outros países comunistas do leste europeo o proceso xa comezara uns meses antes,
e seguiron unha pautas similares: a oposición democrática clandestina uniuse contra
os gobernos comunistas, fixo folgas e manifestacións, obrigou á convocatoria de
eleccións libres e, tras o triunfo, desaloxou do poder os comunistas e iniciou a implantación
de sistemas democráticos. Moitos deles ingresaron na Uníón Europea.
O derrubamento do muro de Berlín en 1989 e a reunificación das dúas Alemañas
simbolizaron a fin dun sistema iniciado en 1917 e o remate da división bipolar do mundo
e da guerra fría.
O comunismo na China
A China era un Imperio feudal e milenario, que no século XIX foi ocupado polas potencias
imperialistas para o seu espolio. En 1911 unha revolución nacionalista e democrática,
dirixida polo partido burgués Kuomintang (Partido Nacionalista Chinés), derrocou o derradeiro
emperador e instituíu unha república.
En 1921 Mao Zedong fundou o Partido Comunista Chinés, que en 1927 pasou á clandestinidade
tras pórse a mal co Kuomintang. Cando Xapón invadiu a China en 1937 ambos
os partidos aliáronse contra o invasor.
Ao rematar a II Guerra Mundial, iniciouse unha Guerra Civil (1945-1949) que rematou coa
vitoria dos comunistas de Mao Zedong, quen proclamou en outubro de 1949 a República
Popular de China.
Páxina 20 de 52
Tras a morte de Mao (1976), o poder pasou ás mans de dirixentes reformistas e moderados,
como Deng Xiaoping. Iniciouse un profundo cambio na política económica: propiedade
privada, libre mercado e apertura ao comercio exterior, producíndose un ritmo de
crecemento económico extraordinario.
Hoxe a China é unha potencia económica mundial, cun réxime político ditatorial e un
sistema económico case capitalista, sobre todo nas occidentalizadas cidades costeiras: é o
que se coñece coa contraditoria expresión de economía socialista de mercado.
Actividades propostas
S10. Diga se son verdadeiras ou falsas estas afirmacións:O comunismo só triunfou na URSS e nalgúns países africanos.
O partido comunista exerce o control absoluto do poder.
A URSS foi unha potencia económica de segunda fila.
Un dos problemas máis importantes da economía da URSS foi o atraso tecnolóxico.
A Guerra Fría rematou porque EE UU e a URSS destruíron as armas atómicas.
S11. Explique as reformas aplicadas por Gorbachov.Puido levalas a cabo?
Por que?
S12. Que carácterísticas presentaba China antes da revolución comunista de Mao?Cando e como se levou a cabo esta revolución?
Describa a situación política e económica de China despois da morte de Mao.
Páxina 21 de 52
2.1.5 Evolución económica e sociopolítica do bloque occidental (1945-
1991)
O fortalecemento da democracia
En Europa occidental, a derrota do nazismo significou o triunfo do sistema democrático,
incluíndo Alemaña e Italia. Foron unha excepción Portugal e España, ata mediados dos
70, e Grecia entre 1967 e 1974. As carácterísticas básicas do sistema democrático son:
Un poder executivo exercido por un gobernó que ten que render contás ao poder lexislativo
(Parlamento) elixido polos cidadáns por sufraxio universal entre varios partidos
políticos que se presentan ás eleccións.
Aplicación e defensa dos dereitos individuáis e colectivos contidos na Declaración
Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
A evolución económica
Papel dos EEUU. Ao remate da II Guerra Mundial existe un gran contraste económico
entre a Europa arruinada e endebedada e a fortaleza dos EEUU, que medraran durante o
conflito un 15 % anual, alcanzando unha producíón superior á metade da mundial. Nesta
situación a recuperación de Europa dependía da política económica dos EEUU, que
decidiron intervir, pois unha Europa desenvolvida garantiría o seu crecemento económico
e o seu liderado mundial. A partir de 1947 produciuse en Europa un espectacular
crecemento económico ata a crise do ano 1973 debido aos seguintes factores:
Plan Marshall: que inxectou nas economías de Europa occidental 20.000 millóns de
dólares en forma de alimentos, materias primas e créditos, de xeito que en 1952 a
producíón xa acadara os niveis anteriores á guerra.
Banco Mundial: que facilita créditos a longo prazo aos novos países en vías de desenvolvemento.
Fondo Monetario Internacional: que ten como obxectivos conceder créditos aos Estados
e garantir un comercio internacional sen atrancos.
Aplicación das teorías de Keynes: intervención do Estado nos sectores económicos
básicos, dirixindo a economía para corrixir os desequilibrios que orixina o libre
mercado e aplicando a política social do Estado do Benestar.
Terceira revolución industrial: caracterizada por un gran avance tecnolóxico en sectores
novos como a enerxía nuclear, a medicina, a investigación espacial, a electrónica,
a informática e as telecomunicacións.
Inicio da globalización da economía: coa consolidación das grandes multinacionais.
A crise de 1973. Como xa se tratou, a cuarta guerra de Oriente Próximo tivo como
consecuencia a suba do prezo do petróleo en 1973, desencadeando unha forte crise
económica concretada en:
Un forte déficit nas balanzas de pagamentos.
Un incremento dos custos de producíón polo encarecemento do prezo da enerxía, o
que provocou unha forte suba dos prezos (alta inflación), descenso do PIB, quebrás
de empresas e un aumento do paro.
Páxina 22 de 52
A recuperación económica. Na década de 1980, coa chegada ao poder de políticos
conservadores nos principais países industriáis (Reagan nos EEUU, Margaret Thatcher
no Reino Unido, etc.), abandónase a práctica económica proposta por Keynes e adóptase
a ideoloxía económica neoliberal, vixente ata a actualidade, e caracterizada por:
Non intervención do Estado na economía.
Diminución do gasto público (os investimentos que fai o Estado).
Privatización das empresas propiedade do Estado.
Estancamento dos salarios.
Reducíón ou supresión dos servizos sociais públicos (educación, sanidade, pensións
de xubilación, subsidios de paro…), que se lles pasan ás empresas privadas.
Os gobernos actuáis están eliminando os servizos públicos por
unha razón moi simple: a acumulación de capital esixe que todo se
transforme en mercadoría, porque sobre as mercancías pódense
obter beneficios, e os beneficios serven para a acumulación. Só a
educación no mundo significa 2.000 billóns de dólares: é unha fonte
extraordinaria de posibilidades de beneficio.
Margaret Tatcher (RU) e Ronald Reagan (EEUU) Houtart, Françoís. Director do Centro Tricontinental
A evolución social: o estado do benestar
A decadencia económica e a ruptura social en Europa occidental eran tan grandes logo da
guerra que se viu que a iniciativa privada era incapaz de achar solucións: cumpría a participación
dun Estado forte que planificase e dirixise o proceso de recuperación económica.
A partir de 1950 os Estados Unidos, Xapón e a Europa occidental viviron unha etapa de
crecemento e prosperidade, caracterizada pola mellora do nivel de vida dos seus habitantes.
A suba dos salarios, a incorporación masiva da muller ao mundo do traballo, o incremento
da producíón e dos servizos e a xeneralización da venda a prazos permitiron o acceso
de todos os sectores sociais a unha maior cantidade de bens materiais que melloraron o
seu nivel de vida, como o automóbil, o teléfono, a radio, a televisión e os electrodomésticos.
Así se consolida a chamada sociedade de consumo, que nacerá na década de 1920.
Páxina 23 de 52
Paralelamente, a intervención do Estado na economía, consonte as teorías de Keynes, garantiu
tamén unhas prestacións sociais básicas ás que teñen dereito todas as persoas, como
a sanidade, a ensinanza, o salario mínimo, vacacións pagadas, a pensión por xubilación ou
o subsidio de desemprego. A este sistema de protección social dáselle o nome de Estado
do Benestar, financiado mediante a aplicación dunha política fiscal redistributiva.
Problemas internos
Protestas xuvenís. Na década dos anos sesenta, en moitos países occidentais producíronse
protestas da xente nova, que rexeitaban un sistema baseado na posesión de
bens materiais pero que era responsable de inxustizas sociais e de guerras; reivindicaban
unha sociedade máis xusta e máis libre de prexuízos. O movemento hippie,
que procuraba xeitos de convivencia alternativos á familia, e a protesta estudantil de
maio de 1968 en Francia son os exemplos máis coñecidos.
Segregación racial. Nos EEUU a poboación negra loitou polos dereitos civís, para
acabar coa segregación racial que os marxinaba nas escolás, nos transportes, no traballo
e na vida diaria. Martín Luther King foi o principal dirixente deste movemento
en favor da igualdade de dereitos da poboación negra. Morreu asasinado.
Oposición á guerra de Vietnam. Moitos mozos estadounidenses se manifestaron para
poñerlle fin a este conflito, chegando a paralizar a universidade e a enfrontárense
violentamente coas forzás da orde.
Actividades propostas
S13. Desde o punto de vista económico, que supuxo a II Guerra Mundial para osQue factores favoreceron o desenvolvemento económico de Europa despois de
1945?
S14. Cal foi a principal causa da crise económica de 1973?Que consecuencias provocou?
Cales son os trazos básicos da política económica neoliberal?
Tire a idea principal do texto de Françoís Houtart.
S15. A que lle chamamos Estado do Benestar?En que teorías económicas se fundamenta?
Como se financia?
Páxina 24 de 52
2.2 A unidade europea
Aínda que ao longo da historia houbo propostas para lograr a unidade dos países do Occidente
de Europa, non foi ata despois da II Guerra Mundial cando se puxo de manifestó que
non se podía demorar máis un proxecto de cooperación entre eles. Dúas guerras mundiais
en corenta anos deixaran o continente arruinado económicamente e moralmente afundido.
A actual Uníón Europea é o resultado dun longo proceso de integración supranacional
que se foi afondando e ampliando:
1946: Churchill propuxo a creación duns Estados Unidos de Europa para acabar coas
rivalidades entre países, coordinar as súas economías e formar un terceira potencia
mundial fronte aos EEUU e a URSS.
1951: polo Tratado de París creouse a CECA (Comunidade Europea do Carbón e do
Aceiro), un mercado común (libre de aranceis) para estés dous produtos. Asinaron este
tratado Bélxica, os Países Baixos, Luxemburgo, Francia, a República Federal de Alemaña
e Italia.
1957: polo Tratado de Roma, os estados da CECA crearon a CEE (Comunidade Económica
Europea) e o Euratom (Comunidade Europea de Enerxía Atómica).
Art. 1. Polo presente tratado, as Altas Partes Contratantes constitúen entre
si unha Comunidade Económica Europea.
Art. 2. A Comunidade terá por misión, mediante o establecemento dun
mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas,
un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas, unha estabilidade
crecente, unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións
máis estreitas entre os Estados que a integran.
Art. 3. Para acadar os fins enunciados, a Comunidade levará consigo:
a) A supresión, entre os Estados membros, dos dereitos de aduana e das
restricións á entrada e saída das mercancías (…).
c) A eliminación entre os Estados membros dos obstáculos á libre circulación
de persoas, servizos e capitais.
Tratado de Roma, 25 de Marzo de 1957
A CEE, coñecida como Mercado Común, establecía o mercado único ou libre circulación
de persoas, mercadorías, servizos e capitais entre os membros (en xullo de 1968
suprimíronse totalmente os aranceis); tamén creaba unha política común agrícola e de
transportes. Tiña como obxectivos a mellora das condicións de vida e de traballo da cidadanía,
asegurar o progreso económico e social, e a eliminación das barreiras que dividirán
Europa.
O Euratom pretendía desenvolver a investigación e a industria nuclear con fins pacíficos
e crear un mercado común de combustibles nucleares.
1967: a CECA, a CEE e o Euratom unificáronse formando unha única institución: a
Comunidade Europea (CE). Os artífices destes primeiros pasos cara a unha Europa unida
foron os dirixentes J. Monnet e R. Schuman.
Década de 1970: a Comunidade ampliouse con Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido e
creouse o Sistema Monetario Europeo (SME) para facer estables os cambios das moedas.
Páxina 25 de 52
Década de 1980. Súmanse Grecia, España e Portugal. En 1987 entra en vigor a Acta
Única Europea, coa que se reducen as diferenzas de desenvolvemento entre estados.
Para isto duplícanse os fondos estruturais destinados ás rexións máis atrasadas.
Os fondos estruturais son orzamentos destinados a corrixir as desigualdades
territoriais, apoiando as rexións máis atrasadas mediante axudas económicas.
Son catro: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para corrixir
desequilibrios rexionais, investindo en infraestruturas e en zonas industriáis en
declive; o IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación Pesqueira), para
modernización do sector e da comercialización; o Fondo Social Europeo (FSE), que
realiza programas de formación para diminuír o paro xuvenil, feminino e de longa
duración; o Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), que
financia a Política Agrícola Común (PAC), garantindo prezos e orientando a
producíón para aumentar a competitividade. O Fondo de Cohesión creouse en 1993
para financiar proxectos ambientáis e redes de transporte.
1992: asinouse o Tratado da Uníón Europea, ou Tratado de Maastricht, que entrou en
vigor en 1993. Por el a CE cambiaba o seu nome polo de Uníón Europea (UE), e establecíanse
os seus fins básicos: a uníón económica e monetaria, suprimindo os derradeiros
obstáculos á libre circulación de persoas; avances significativos en política social;
unha política exterior e de seguridade común (PESC); e a cooperación nos ámbitos da
xustiza e asuntos de interior.
1993: implantouse o mercado único de forma definitiva.
1995: a UE ampliouse con Austria, Suecia e Finlandia.
1997: asinouse o Tratado de Amsterdam, que entrou en vigor en 1999 e que revisa o de
Maastricht, facendo fincapé na necesidade de lograr unha Europa máis democrática.
2001: asinouse o Tratado de Niza, polo que se designa unha comisión que elabore o
proxecto de Constitución Europea, que aprobará en xuño de 2004 o Consello Europeo.
2002: o 1 de xaneiro comeza a circular o euro, actualmente moeda común para quince
países e 320 millóns de europeos.
2004: a UE acometeu a maior ampliación da súa historia: Estonia, Letonia, Lituania,
Polonia, a República Checa, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Chipre e Malta.
2007: incorporáronse Románía e Bulgaria, constituíndose con eles a Europa dos 27.
Territorio actual da Uníón europea
Páxina 26 de 52
Institucións e organismos da Uníón Europea
Comisión Europea. É o poder executivo da UE. Está formada por un presidente e un
comisario por cada estado membro, que se encarga dunha área da política comunitaria.
Funcións: administrar as políticas da UE, propoñer leis, asegurar o cumprimento da lexislación
e dos tratados, e elaborar o orzamento.
Parlamento Europeo. Representa os pobos da Uníón. 0s parlamentarios son elixidos
por sufraxio universal cada cinco anos. Funcións: aprobar a lexislación proposta pola
Comisión e o orzamento, controlar o Consello de Ministros e a Comisión, e ratificar os
acordos internacionais.
Consello da Uníón Europea ou Consello de Ministros. É o principal organismo de
toma de decisións; está formado por un ministro de cada Estado, segundo os temas a
tratar. Funcións: aprobar, xunto co Parlamento, as leis propostas pola Comisión e o orzamento.
Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. Está formado por un xuíz de cada
país máis un rotatorio. Funcións: asegurar que se respectan as normas europeas e os tratados,
e resolver as disputas relativas ás leis comunitarias.
Actividades propostas
S16. Explique a razón polas que se iniciou o proceso de integración europea despoisS17. Que obxectivos establece o artigo 2 do Tratado de Roma?Que medidas propón o artigo 3?
Cales foron os momentos transcendentais para a construción da UE?
Verifique se no seu entorno se realiza algunha infraestrutura que estea financiada
por algún dos fondos estruturais.
S18. Que funcións desempeñan a Comisión, o Parlamento e o Consello da UE?Páxina 27 de 52
2.3 O mundo actual
2.3.1 Unha nova xeoestratexia desde 1991
A hexemonía de Estados Unidos
Desde que se produce o derrubamento do sistema comunista en 1991, aparece unha nova
orde internacional na que o capitalismo se impón a escala mundial, e os Estados Unidos
desenvolven o papel de única superpotencia. Dispoñen dun inmenso poder militar e interveñen
en calquera rexión do planeta, segundo lle conveña aos seus intereses económicos,
que son en realidade os intereses das multinacionais: é unha nova xeoestratexia.
Vimos no Gobernó de Washington a influencia das multinacionais do petróleo. George Bush é un petroleiro fracasado. Dick
Cheney foi o antigo xefe da maior empresa de servizos petroleiros do mundo; agora é o vicepresidente dos EEUU, e aínda
recibe diñeiro desa empresa, Halliburton. Condoleeza Rice, Secretaria de Estado, foi parte da xunta directiva da empresa
petroleira Chevron durante dez anos.
Goodman, Amy. Directora de Democracy Now.
En 1990, cando Iraq invadiu Kuwait, os EEUU interviñeron para controlar esta zona de
alto valor estratéxico polas súas reservas de petróleo. A URSS admitiu esta intervención
sen emitir protesta ningunha: este feito marca o inicio da nova consideración internacional
de EE UU.
A inseguridade internacional
Aínda que se puidera pensar que coa fin da Guerra Fría se entraba nunha etapa de seguridade
internacional e de cooperación entre os Estados, os feitos demostraron que estés presupostos
non eran realistas.
O 11 de setembro de 2001 produciuse o atentado contra as Torres Xemelgas de Nova
York e contra o edificio do Pentágono en Washington; é dicir, contra as sedes dos poderes
económico e militar de EE UU. Os autores eran membros da organización fundamentalista
islámica Al-Qaeda, liderada por Osama Bin Laden, a quen EE UU apoiara anos antes para
enfrontarse á URSS en Afganistán.
O balance do terrible atentado foi de case 3.000 mortos, e provocou na sociedade
estadounidense unha sensación de grande inseguridade e vulnerabilidade, ao padecer por
primeira vez na súa historia e no seu territorio un atentado perpetrado por organizacións
terroristas estranxeiras. Tamén puxo en evidencia que o xeito que tiñan os EE UU de
exercer o seu liderado mundial non era o correcto. Como resposta, os EEUU interviñeron
en Afganistán e Iraq.
Intervención en Afganistán. Ao mes seguinte dos atentados de Nova York e de Washington,
os EEUU atacaron este país, gobernado polo réxime dos talibáns, e que acollía
os campos de adestramento de Al-Qaeda e quizá a Bin Laden. O ataque a Afganistán
contou coa aprobación do Consello de Seguridade da ONU para establecer un réxime
democrático, e co apoio militar doutros países. O réxime talibán foi derrubado pero na
actualidade estase a desenvolver unha guerra de guerrillas na que os talibáns aparecen
como unha forzá difícil de derrotar.
Páxina 28 de 52
Invasión de Iraq. Este país, gobernado por Saddam Hussein, foi considerado polo gobernó
dos EEUU como pertencente ao eixe do mal.
Iraq foi acusado de ter armas de destrución masiva e de formar grupos terroristas,
polo que, sen aprobación de todos os membros do Consello de Seguridade da
ONU, coa axuda militar do Reino Unido e doutros países, os EEUU invadírono en
Marzo de 2003, derrubaron o réxime de Sadam e intentaron establecer un réxime
democrático acordado entre as etnias e confesións relixiosas do país.
Pero a poboación iraquí non confía nos plans das potencias estranxeiras, que son vistas
como invasoras e non como liberadoras, que pretenden facilitarlles ás multinacionais o
control da producíón petroleira do país. Ademáis, a falsidade sobre a existencia das armas
de destrución masiva, a execución de Saddam Hussein nun xuízo dubidoso, as torturas
aplicadas polas potencias democráticas no cárcere de Abu Ghraib, os atentados terroristas
cotíáns, a Guerra Civil entre as etnias e faccións, mais a humillación que supón
a ocupación do país por potencias estranxeiras, lonxe de solucionar os problemas están
a levar o conflito a unha fase de enquistamento e de difícil saída.
Cando todo é criticar os EEUU, primeiro, non é os EEUU. Nunca hai que criticar os pobos, que sempre merecen no seu
conxunto todo o respecto. Os que traballan arreo todos os días, mulleres e homes, non merecen que todos fagamos xuízos
xerais. Pero ao gobernó, si.
Mayor Zaragoza, Federico. Presidente da Fundación para unha Cultura de Paz, e ex Director Xeral da UNESCO
O 20 de xaneiro de 2009 Barack H. Obama tomou posesión como novo presidente dos
EEUU. Del espérase un cambio de rumbo na política exterior deste país que permita rebaixar
a tensión creada nos últimos oito anos de mandato de George W. Bush, o presidente
con menor índice de aceptación da historia dos EEUU, e a recuperación dunha imaxe que
transmita seguridade e honestidade a esta potencia.
No que respecta á nosa defensa común, rexeitamos como falso que haxa que elixir entre a nosa seguridade e os nosos
ideáis. (…) a todos os demais pobos e gobernos que hoxe nos contemplan (…), dígovos: sabede que os Estados Unidos
son amigos de todas as nacíóns (…)
Empezaremos a deixar Iraq, de xeito responsable, en mans do seu pobo, e a forxar unha merecida paz en Afganistán.
Traballaremos sen descanso con vellos amigos e antigos inimigos para diminuír a ameaza nuclear e facer retroceder o espectro
do quecemento do planeta (...).
Ao mundo musulmán: buscamos un novo camiño para adiante, baseado en intereses mutuos e mutuo respecto.
Obama, B. H. Discurso da toma de posesión como Presidente dos EEUU. 20 de xaneiro de 2009
Páxina 29 de 52
Actividades propostas
S19. Explique por que os EEUU se converteron na única superpotencia mundial.Resuma as intervencións militares estadounidenses nos últimos anos.
S20. Determine se estas frases son verdadeiras ou falsas.Os EEUU interviñeron militarmente onde creron que os seus intereses se vulneraban.
A fin da Guerra Fría deu lugar a unha época de paz internacional.
Os EEUU apoiaron no seu día a Bin Laden.
Os atentados do 11 de setembro de 2001 crearon unha grande inseguridade nos
estadounidenses.
Os movementos islamistas están en retroceso.
S21. Destaque a idea principal do texto de Federico Mayor Zaragoza.Do discurso de B. H. Obama, explique o significado das expresións "rexeitamos
como falso que haxa que elixir entre a nosa seguridade e os nosos ideáis" e
"Traballaremos sen descanso con antigos inimigos para diminuír a ameaza nuclear."
Páxina 30 de 52
2.3.2 A globalización: fase actual do capitalismo
Como se tratou en unidades anteriores, globalización ou mundialización é o nome que se
lle dá á actual etapa do sistema económico capitalista. Carácterízase por un mundo sen
fronteiras, no que se xeneraliza a escala mundial o sistema capitalista e se globaliza non só
a economía, senón as relacións políticas, sociais e culturáis, e os problemas ambientáis.
Desde o punto de vista económico, supón a globalización da producíón, do consumo e dos
intercambios comerciáis.
Malia irreversible, ten unhas consecuencias que afectan a centos de millóns de persoas;
un exemplo: o 20 % da poboación mundial benefíciase do 80 % da riqueza do planeta.
A mundialización do capitalismo
Desde 1975 o capitalismo adquire caracteres mundiais ou globais debido a varios factores:
A revolución tecnolóxica baseada na microelectrónica (informática, robótica, etc.), que
permite crear, almacenar e transmitir inxentes cantidades de información en tempo real.
A mellora nos transportes, que amplía os mercados e facilita uns intensos e densos movementos
de mercadorías a escala planetaria.
O progreso das telecomunicacións reduce ou anula a importancia do factor da distancia,
o que lles permite ás compañías transnacionais e aos poderosos centros financeiros establecer
uns intensos e densos movementos de capitais e de decisións económicas que
os conectan con calquera rexión do mundo, creando redes interdependentes.
No 2005, as 500 maiores multinacionais privadas controlaron o 52 % do Produto Mundial Bruto (…). O volume
de negocios de Exon Mobil (multinacional estadounidense do petróleo) é superior ao PIB de Austria; o de General
Motors é superior ao de Dinamarca.
Ziegler, Jean. Escritor e político
A liberalización do comercio mundial, é dicir, a reducíón ou mesmo a supresión dos
aranceis, levada a cabo polos gobernos dos países desenvolvidos e pola Organización
Mundial do Comercio (OMC).
A mundialización da producíón, do consumo e dos intercambios comerciáis
Polos factores anteriormente sinalados, a economía funciona a escala planetaria ou global.
A producíón, controlada por multinacionais dos países máis desenvolvidos localízase
nos territorios onde as condicións sexan máis favorables para a obtención dos maiores
beneficios producíndose unha división internacional e deslocalización do traballo.
Páxina 31 de 52
Se un traballador europeo está disposto a cobrar o que un chinés, a empresa non se vai. O Parlamento alemán aprobou a leí
de 35 horas de traballo semanais. A multinacional Siemens manifestou que esa leí non lle gustaba e que levaría as fábricas a
outra parte. Para evitar isto, os traballadores alemáns fan 40 horas semanais polo mesmo salario; a cambio, non se perderon
2.000 empregos.
Ramonet, Ignacio. Director de Le Monde Diplomatique
Os medios de comunicación e a publicidade determinan os comportamentos das masas
de consumidores, estendéndose así por todo o planeta as mesmas preferencias polos
mesmos produtos xerados polas multinacionais, o que implica a uniformización do
consumo.
Os capitais tamén circulan libremente por todo o mundo, ben sexa comprando accións
de empresas para obter beneficios a curto prazo (especulación), ben realizando investimentos
produtivos.
O capitalismo actual deixou de ser un capitalismo produtivo e industrial para converterse nun capitalismo puramente especulativo.
(…) É un capitalismo que non produce, que non xera postos de traballo novos.
Fariñas, Mª José. Profesora de Filosofía do Dereito da U. Carlos III, de Madrid
A mundialización política, social, cultural e ambiental
No terreo político hai, desde a fin da Guerra Fría, unha nova orde internacional, dirixida
polos principais centros da economía capitalista (os EEUU, a UE e Xapón), que teñen
unha enorme influencia política e económica a escala mundial debido ao control
que exercen sobre organizacións internacionais como a ONU, o G8, o FMI e o Banco
Mundial.
Seremos moi inxenuos se concluísemos que as persoas que dirixen os nosos sistemas políticos teñen unha verdadeira capacidade
de decisión no que se refire ao verdadeiramente importante. Son, máis ben, as grandes corporacións financeiras
que operan na parte de atrás as que ditan as regras do xogo político.
Taibo, Carlos. Profesor de Ciencias Políticas da U.A. De Madrid
Os medios de comunicación (prensa escrita, televisión, Internet, etc.) controlados mundialmente
por poucos grupos, facilitan a transmisión de información ao momento a case
todo o planeta, sobre todo a través da publicidade de multinacionais e doutros produtos
audiovisuais (películas, series, videoclips, etc.). Isto provoca a mundialización dunha
mesma cultura e dos comportamentos persoais e sociais: modelos estéticos, tendencias
artísticas, gustos musicáis, ideoloxía e comunicacións persoais (chats, foros, blogs,
YouTube, Facebook, Tuenti, etc.) tenden á estandarización, é dicir, responden a tipos,
modelos e normas universalizados.
Páxina 32 de 52
Hai un control sobre os medios de comunicación que converte o planeta nun mundo de xordomudos. Escoitamos a través
deles só o que di a minoría que nos manexa..
Galeano, Eduardo. Escritor
Os problemas ambientáis (quecemento do planeta, reducíón da capa de ozono, contaminación,
esgotamento de recursos naturais, reducíón de especies, etc.) tamén son problemas
mundializados.
A crise económica de 2008
A práctica económica neoliberal, aplicada desde comezos da década de 1980, afronta desde
fináis de 2007 unha forte crise financeira de dimensións mundiais, que se foi agravando
ao longo de 2008 e estendeuse a todos os sectores económicos.
Esta crise financeira ten a súa orixe en Estados Unidos, onde os bancos concederon
créditos hipotecarios, sen controlar se os clientes poderían devolvelos ou non; estés
créditos son coñecidos co nome de subprime. Cando os prezos da vivenda comezan a
baixar, os tipos de xuro a subir e os clientes dos bancos deixan de pagar as cotas dos
créditos, estala o problema.
Por que este problema estadounidense contamina o sistema económico mundial?
Porque coas técnicas do que se coñece como enxeñería financeira, os bancos
norteamericanos que concederán as hipotecas, repartiron o risco en moitas partes ou
paquetes, colocándoos en bancos de todo o mundo, aos que lles ofrecían unha elevada
rendibilidade. Cando caen os prezos da vivenda en EE UU e os clientes deixan de pagar, o
valor dos paquetes afúndese.
E así vaise extendendo unha forte desconfianza entre todos os bancos a escala mundial,
porque non saben con exactitude cal é a situación dos seus competidores, que acochan os
seus balances. Moitos bancos dos países máis desenvolvidos quebraron.
A partir desta situación, os bancos deixan de conceder créditos: ás industrias, ao
comercio, aos autónomos…, co que a actividade económica sofre unha forte
desaceleración a escala mundial: recesións, descenso do consumo privado, diminución das
vendas, reducíón da producíón industrial, pechamentos temporais de empresas,
incremento do paro, aumento da pobreza...
Páxina 33 de 52
Nesta situación xorde un gran paradoxo: os defensores do neoliberalismo abandonan os
seus fundamentos ideolóxicos e, polo momento, piden a intervención do Estado na
economía. Tal foi o caso de George Bush, gran defensor da causa neoliberal, que nas
derradeiras semanas do seu mandato aprobou unha axuda do Tesouro de EE UU, por un
importe de 750.000 millóns de dólares aos bancos privados para que recuperen liquidez.
(…) todo está permitido mentres hai beneficios a cachón, sabendo que cando se entra en perdas, o Estado inxecta diñeiro
dos contribuíntes para salvar as desfeitas realizadas polos irresponsables.
Ramoneda, Josep. El País, 18 de setembro de 2008.
Esta mesma política de socorro da banca e das multinacionais se está a aplicar por parte
dos demais gobernos dos países occidentais.
A economía clásica dicía que a resposta a case todos os problemas era deixar que as forzás da oferta e a demanda fixeran o
seu traballo. Pero a economía clásica non ofrecía nin explicacións nin solucións para a Gran Depresión. Cara a mediados da
década de 1930, Keynes, que non era nin moito menos de esquerdas veu a salvar o capitalismo, non a enterralo- expuxo a
súa teoría na que afirmaba que non se podía esperar que os mercados libres proporcionaran pleno emprego, e estableceu
unha nova base para a intervención estatal a grande escala na economía. (…)
Hai moito que o Gobernó dos EEUU pode facer pola economía. Pode proporcionar prestacións aos desempregados, o que á
súa vez axudará ás angustiadas familias a amañarse e poñerá diñeiro nos petos da xente que probablemente o gastará. Tamén
pode proporcionar axuda de emerxencia aos gobernos locais, para que non se vexan forzados a recortar os gastos que
á súa vez degraden os servizos públicos e destrúan empregos (…). Este é un bo momento para embarcarse nalgúns investimentos
en infraestruturas importantes.
KRUGMAN, Paúl. Profesor de Economía na Universidade de Princeton e Premio Nobel de Economía 2008.
El País, 19 de outubro de 2008.
Páxina 34 de 52
Actividades propostas
S22. Caracterice a globalización.Que factores facilitaron a mundialización da economía?
S23. Diga se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas.En 2005, 500 multinacionais controlaban o 25 % do Produto Mundial Bruto.
As multinacionais instalan as fábricas nos países onde teñan máis beneficios.
O capitalismo actual inviste máis en especulación que en producíón.
Os dirixentes políticos son autónomos á hora de tomaren decisións.
A información emitida polos medios de comunicación contrólaa unha minoría.
A deslocalización consisten en trasladar fábricas aos lugares máis rendibles.
S24. Como se desencadeou a actual crise económica?Como pasou de crise financeira a crise económica total?
Que cambio de actitude se observa agora nos mandatarios anteriormente partidarios
do neoliberalismo?
As medidas propostas polo premio Nobel Paúl Krugman para remediar esta
crise, están máis próximas ao keynesianismo ou ao neoliberalismo?
Razoe a resposta.
Páxina 35 de 52
2.3.3 Os grandes desafíos da actualidade
Alto crecemento da poboación: nos países subdesenvolvidos é unha das dificultades
máis importantes con que se atopan os países pobres para resolver os seus problemas,
aínda que se están aplicando algunhas medidas para o seu control, sobre todo na China,
cuxa poboación representa o 20 % da total mundial; e en Iberoamérica está a estabilizarse.
Producíón de alimentos: é unha cuestión íntimamente relacionada coa anterior. Non
obstante, a producíón mundial de alimentos é suficiente para alimentar a actual poboación
mundial e aínda máis. Pero a falta de concienciación, os intereses económicos e a
indiferenza ante a inxustiza impiden unha distribución correcta dos recursos. A fame é
a causante de máis mortos que as guerras.
Co actual ritmo de crecemento da poboación, será necesario incrementar a producíón
de alimentos nun 60 % nos vindeiros 20 anos. Non obstante, cos 2.300 millóns de dólares
diarios que se gastan en armamento habería recursos máis que suficientes para erradicar
a fame do planeta.
Hai un control cada vez maior sobre os alimentos por parte das grandes transnacionais, que son as que deciden sobre os
recursos alimentarios no planeta.
Pérez Esquivel, Adolfo. Premio Nobel da Paz
Biodiversidade: é dicir, o mantemento do número de especies animáis e vexetais que
existen no planeta. Nas últimas décadas perdéronse o 45 % dos bosques, o 25 % dos
mamíferos e o 33 % dos anfibios. Como dato que resume esta situación, podemos citar
que tan só 30 produtos naturais proporcionan o 90 % das quilocalorías que necesita a
humanidade.
Falta de liberdade: constitúe unha das lacras humanas máis magoantes dos nosos tempos.
Aínda que máis da metade dos Estados se declaran democráticos, moitos deles o
son a medias; outros carecen de institucións propias do sistema democrático; noutros a
corrupción, as loitas civís e os intereses económicos limitan ou mesmo imposibilitan a
aplicación do modelo.
Baixo o pretexto de protexer a democracia fronte ao terrorismo, desde o 11 de setembro
de 2001, en países de tradición democrática como EEUU, ditáronse leis antidemocráticas
que permiten a tortura e mesmo a suspensión do hábeas corpus e os cárceres secretos.
En resumo, só a quinta parte da poboación mundial goza de plenos dereitos e liberdades;
dúas quintas partes vive en Estados parcialmente libres, e outras dúas quintas en
países onde non se respectan os dereitos políticos nin as liberdades.
Páxina 36 de 52
(…) Mentres a sociedade civil progresa adecuadamente no recoñecemento da igualdade e dos dereitos humanos, (…) os
Estados e as organizacións internacionais están creando unha dura coiraza que, baixo o amable aspecto da protección da
orde mundial e a loita contra o terror fan o que lles parece cos dereitos e costumes que ninguén puxo en dúbida desde a
Revolución Francesa.
Os países máis avanzados establecen leis de defensa da democracia que son contrarias aos dereitos humanos. A pena de
morte aplícase con profusión, mesmo en países democráticos, sen que os organismos internacionais, a Igrexa e os líderes
estatais se mollen contra ela. O centro de Guantánamo demostrá a quen queira velo que a violencia e o fascismo de Estado
seguen vixentes na gran nacíón americana e nos seus principais aliados da Uníón Europea (…). E as cerimonias que
se lles fan ás ditaduras como China, en nome da pura economía, demostran á súa vez que os dereitos humanos distan
moito de ser a primeira preocupación no gobernó do mundo.
Se a isto engadimos a fame, a ditadura, a falta de auga, a destrución do planeta, o espolio material e intelectual do Terceiro
Mundo, a pésima distribución da saúde e a vivenda e o crecente recurso ás guerras como arma de política económica,
veremos que as maiores ameazas aos dereitos humanos veñen hoxe dos Estados máis poderosos, que xestionan o mundo,
máis ca nunca, aplicando a leí do embude.
Barreiro Rivas, Xosé Luís. La Voz de Galicia, 11 de decembro de 2008
Actividades propostas
S25. A quen afecta máis o problema da superpoboación?Que medidas se toman para corrixilo?
S26. Cales son as causas que impiden unha dispoñibilidade suficiente de alimentosQue papel xogan neste problema as multinacionais da alimentación, segundo
Adolfo Pérez Esquivel?
S27. Segundo o texto de Xosé Luís Barreiro Rivas:Con que desculpas os Estados democráticos asoballan os dereitos humanos?
Que prácticas aplicadas polos gobernos dos países democráticos atentan contra
estés dereitos?
Que outras situacións denuncia o autor como graves atentados contra os dereitos
humanos?
Quen son os responsables desta situación?
Páxina 37 de 52
2.3.4 O poder da imaxe
A cultura da imaxe
Desde 1950 impúxose a escala mundial o que se coñece como cultura da imaxe. As imaxes
están difundidas básicamente polos medios de comunicación e, agora, pódense conseguir
fácilmente por calquera persoa a través de cámaras dixitais e teléfonos móbiles e difundir
a través de Internet.
Están por todos lados, impóñensenos seguindo unhas leis psicolóxicas e inflúen
decisivamente na vida de todos nós, determinándonos o modo de ver e entender o mundo.
Coñecemos os obxectos reais a través da súa representación, que son as imaxes: abonda
pensarmos en que se vemos un logotipo xa vemos o obxecto completo ou real,
imaxinámolo todo sobre el; o obxecto que compramos vémolo antes a través da súa
representación, que é o logotipo. Por exemplo, en lugar de mostrarnos unha bebida
refrescante, móstrannos algo que a suxira: o tapón, a botella ou as burbullas.
A imaxe e a sociedade de consumo
A imaxe é a base máis forte e máis desenvolvida sobre a que se asentá a actual sociedade
de consumo. É tan forte o poder das imaxes que difícilmente poderiamos imaxinar unha
sociedade sen elas. Un cartel publicitario colocado nunha rúa dunha gran cidade permanece
na nosa visión algunhas décimas de segundo. Se miramos os anuncios que aparecen nos
doce minutos que dura o corte publicitario durante a emisión dunha película por televisión,
podemos reter información sobre centos de imaxes.
(…) a imaxe crea adicción, é dicir, que unha imaxe esixe a continuación
doutra, e así sucesivamente; cada imaxe que nace anula á
que lle precedeu (…) Unhas imaxes de hoxe serán mañá material
de arquivo (…) Vivimos nun supermercado repleto de imaxes que
nos informan hoxe para abandonarnos mañá.
Font, Domènec: El poder de la imagen. Ed. Salvat, Temas Clave. 1984
Por que nos seducen as imaxes?
En toda imaxe, detrás do que se ve hai máis dun significado. As imaxes están creadas,
elaboradas e difundidas de xeito que se dirixan á parte máis irracional dos que as recibimos:
diríxense como mísiles ás nosas emocións, á nosa afectividade,é dicir, afástanse da
razón, do lóxico.
Os creativos publicitarios conciben sempre as imaxes cunha intencionalidade moi distinta
(por exemplo, vender) á intencionalidade de quen as recibe.
Páxina 38 de 52
Por que adoitamos admitir que nos inflúe unha película ou unha conversa
e non, en cambio, un anuncio? Acaso porque estamos en garda
permanente? Si, claro; pero iso o creativo publicitario tamén o
sabe e, precisamente por iso, xoga con vantaxe: o publicitario sabe
que o consumidor cre estar preparado contra os anuncios, pero sabe
que non o está. E neste crer-estar-pero-non-estar reside a súa oportunidade;
esa oportunidade que case sempre aproveita (…). E é que
cada tipo de consumidor ten, aínda sen ser consciente disto, algunha
tecla que o publicitario remata sabendo tocar.
O investigador publicitario, antes de elaborar unha mensaxe, analiza
o comportamento dos consumidores, intenta coñecer os seus máis
íntimos desexos, as súas frustracións, os seus prexuízos, para devolverllos
máis tarde como envoltorios e reclamo do produto.
Furones, Miguel Ángel: El mundo de la publicidad. Ed. Salvat, Temas Clave. 1980
Ante unha imaxe concreta, os creativos e os receptores adoptan unha actitude moi
diferente. Os creativos manipulan porque:
Son os únicos que coñecen a mensaxe que as imaxes transmiten.
Dirixen o que o receptor percibe.
E é que o éxito dos medios de masas audiovisuais se explica en boa medida pola facilidade coa que dan resposta a necesidades
emotivas máis ou menos inconscientes. As películas e os programas televisivos ofrecen personaxes aos que amar e
personaxes aos que odiar, personaxes nos que o espectador ve reflectida a súa realidade e personaxes nos que ve reflectidos
os seus ideáis, personaxes que encarnan os fantasmas e medos que os atenazan.
O feito de que se paguen auténticas fortunas pola inserción de anuncios de produtos nos momentos clave das películas e
das series televisivas (product placement) é unha mostrá do peso das emocións e do inconsciente na experiencia do consumo
audiovisual. Se se realizan estés investimentos é porque se sabe que resultan rendibles (…).
Os especialistas saben que esta estratexia funciona mellor cando o espectador non é consciente de que se lle está facendo
publicidade. E saben que se pode pagar máis cando o produto queda asociado cun personaxe central da historia que cando
queda asociado cun personaxe secundario, que se pode pagar máis cando o personaxe é encarnado por unha estrela que
cando é interpretado por un actor ou unha actriz de segunda fila, que pode pagarse máis cando o produto aparece nun momento
cume da historia que cando aparece nun momento máis anódino.
Saben, en definitiva, que a mente emocional funciona mediante estruturas asociativas, e a miúdo inconscientemente. Os
produtos adquiren valor en función do valor de aquilo co que quedan asociados.
Ferrés Prats, Joan: Las emociones y el inconsciente en la comunicación. En Murdochowicz, R. (Coord.):
Comunicación, Medios y Educación. Un debate para una educación en democracia. Ed. Octaedro, 2003.
Páxina 39 de 52
Actividades propostas
S28. Tire a idea principal do texto de Domènec Font.Relaciónea co feito de que unhas imaxes que hoxe nos amosan os informativos
de televisión e que nos impactan polo seu dramatismo, mañá as esquezamos.
S29. Tire as principais ideas do texto de Miguel Ángel Furones.A través de que mecanismos manipulan os creativos publicitarios?
S30. Despois de ler o texto de Joan Ferrés, conteste:Como se explica o éxito dos medios de comunicación audiovisual?
Por que as empresas recorren á técnica do product placement?
Déalle unha explicación á frase os produtos adquiren valor en función do valor
de aquilo co que quedan asociados.
Que ideas comúns comparten este texto e o de Miguel Ángel Furones?
Páxina 40 de 52
3. Exercicios de autoavaliación
1. Cales son os obxectivos propios da ONU?
O mantemento da paz e a regulación do comercio internacional.
A defensa dos dereitos humanos e o control da banca mundial.
A defensa dos dereitos humanos e o mantemento da paz.
O mantemento da paz e o control da biodiversidade.
2. O equilibrio do terror impediu...
Un enfrontamento ideolóxico entre as dúas superpotencias.
A implantación do comunismo en Europa do leste.
A guerra directa entre os EE UU e a URSS.
A inclusión dos países comunistas no Plan Marshall.
3. Os factores que máis favoreceron a descolonización foron...
Os movementos nacionalistas e a ONU.
As guerras mundiais e o fundamentalismo islámico.
A Guerra Fría e o neocolonialismo.
A ONU e as multinacionais.
4. Que afirmación referida ao bloque comunista non é correcta?
A URSS converteuse nunha gran potencia mundial.
O sistema comunista implantouse en China en 1949.
Gorbachov iniciou unhas reformas que remataron coa fin do comunismo
No continente americano non houbo ningún país comunista.
5. Con respecto ao bloque occidental é certo que...
As teorías de Keynes desaconsellan a intervención do Estado na economía.
O Plan Marshall favoreceu a recuperación económica de EE UU.
O Estado do Benestar garante servizos básicos a todas as persoas.
A poboación negra dos EEUU tivo sempre dos mesmos dereitos que a branca.
Páxina 41 de 52
6. Os tratados que máis contribuíron á unidade europea foron...
París e Niza.
Roma e Niza.
Niza e Maastricht.
Roma e Maastricht.
7. Desde a fin da Guerra Fría...
Hai unha maior seguridade internacional.
As accións terroristas foron menos violentas.
Moitos países democráticos non aplican a tortura.
Os EEUU interveñen nos países onde ten intereses económicos.
8. Na era da globalización...
A superprodución é a causa da crise económica de 2008.
500 multinacionais controlan o 52 % do PIB mundial.
As noticias son proporcionadas por moitas axencias de información.
As fábricas instálanse indefinidamente nun lugar concreto.
9. Os principais problemas actuáis son...
A superpoboación e falta de liberdade.
O exceso de especies vexetais e animáis.
A escaseza de alimentos.
A falta de armamento.
10. Por que nos manipulan os creativos publicitarios?
Porque as mensaxes teñen un só significado.
Porque as mensaxes van dirixidas ao noso ámbito irracional e inconsciente.
Non nos manipulan porque estamos preparados para analizar obxectivamente
as mensaxes.
Só nos manipulan cando as mensaxes van asociadas a unha persoa famosa.
Páxina 42 de 52
4. Solucionarios
4.1 Solucións das actividades propostas
S1.
a) Na Conferencia de San Francisco, en xuño de 1945.
b) Polos Estados Unidos, a Uníón Soviética, Reino Unido, Francia e China.
c) Obxectivos: mantemento da paz mundial, defensa dos dereitos e liberdades
fundamentáis do ser humano, cumprimento dos tratados internacionais, procura
do progreso social e mellora do nivel de vida da humanidade.
S2.
a) Coinciden cos obxectivos da ONU.
b) Resultado da consulta.
S3.
a) Asemblea Xeral: aprobación do orzamento e elección dos membros non
permanentes do Consello de Seguridade; Consello de Seguridade: adopta resolucións,
ten a responsabilidade do mantemento da paz internacional e pode levar
a cabo accións contra calquera país agresor; Secretaría Xeral: presta servizos
aos outros órganos e encárgase de administrar os programas que elaboran;
o seu xefe é o Secretario Xeral, elixido pola Asemblea Xeral despois da recomendación
do Consello de Seguridade, para un mandato de cinco anos.
b) Eduardo Galeano denuncia a incongruencia ou mesmo o cinismo dunha institución
que pretende manter a paz mundial e que está gobernada por potencias
que fan da venda de armas un proveitoso negocio.
S4.
a) Porque os seus respectivos fundamentos ideolóxicos, políticos e económicos
eran radicalmente opostos.
b) A ruptura produciuse por: as diferenzas citadas; a URSS non convocou eleccións
democráticas nos países de Europa do leste; a doutrina Truman; o Plan
Marshall; e polo apoio da URSS aos partidos comunistas dos países democráticos
(doutrina Jdánov).
S5.
a) Un estado de tensión permanente, de acoso continuado do contrario, de ameazas
de guerra tanto convencional coma atómica, de confrontación ideolóxica,
de guerra económica e de espionaxe, mantido entre as dúas superpotencias durante
máis de corenta anos.
b) Entre outros: a crise de Berlín, coa partición de Alemaña; a guerra de Corea;
a crise cubana; a guerra de Vietnam…
Páxina 43 de 52
c) O momento de máxima tensión aconteceu durante a crise dos mísiles de Cuba.
d) En 1947 a ONU autorizou a creación do Estado de Israel en terras de Palestina;
a raíz deste feito xerouse un permanente estado de tensión entre xudeus e
palestinos, con catro guerras e conflitos e tensións permanentes ata hoxe.
S6.
a) Ialta e Potsdam.
b) OTAN e Pacto de Varsovia.
c) Truman, a URSS, Plan Marshall e Europa Occidental.
d) Jdánov, EEUU, partidos comunistas, revolución.
S7.
a) Logo de rematada a II Guerra Mundial.
b) Afectou a máis da metade da superficie do planeta e da poboación mundial.
c) Causas: as dúas guerras mundiais, que puxeron de manifestó a importancia
económica das colonias; a ONU, que favoreceu este proceso; a Guerra Fría,
que levou as dúas superpotencias a ampliar as súas áreas de influencia; os movementos
nacionalistas das colonias, que reivindicaban a independencia.
S8.
a) Procesos pacíficos e violentos.
b) A descolonización afectou a case toda África, e ao sur e sueste de Asía.
c) A independencia tivo un carácter violento en Alxeria, Indonesia e Vietnam.
S9.
a) A Conferencia de Bandung acelerou o proceso descolonizador ao reivindicar
o respecto á soberanía das nacíóns, a rebelión contra o sistema colonial e a
igualdade entre razas e nacíóns.
b) Por neocolonialismo enténdese a situación actual na que se atopan as antigás
colonias: economía controlada polas multinacionais e réximes políticos subordinados
a eses intereses.
c) O fundamentalismo islámico está en contra da influencia do mundo occidental;
e considera que o Islam establece tamén as bases da vida persoal, social e
política.
S10.
F V F V F.
Páxina 44 de 52
S11.
a) Mijaíl Gorbachov; no sector económico intentou incorporar elementos propios
da economía capitalista (mellora da tecnoloxía, libre comercio, liberdade
de empresa, fomento da iniciativa privada, autorización dos investimentos estranxeiros
e privatización das terras); no campo político propuxo a democratización
do sistema (pluripartidismo, eleccións libres, e dereitos e liberdades individuáis.
b) Non foi quen de levalas a cabo.
c) Porque non puido equilibrar as forzás que se querían manter no pasado e as
que querían acabar co comunismo.
S12.
a) Era un Imperio feudal e milenario, que no século XIX foi ocupado polas potencias
imperialistas para o seu espolio.
b) O triunfo da revolución comunista dirixida por Mao Zedong tivo lugar en
1949, despois dunha Guerra Civil de catro anos.
c) Logo da morte de Mao, o poder pasou a mans de dirixentes que reformaron
en profundidade a economía (propiedade privada, libre mercado e apertura ao
comercio exterior), mantiveron a ditadura e converteron o país nunha potencia
económica mundial.
S13.
a) Un gran fortalecemento económico, acadando un crecemento medio do 15 %
do PIB anual e a metade da riqueza mundial.
b) Europa recuperouse grazas ás axudas económicas do Plan Marshall, do Banco
Mundial e do FMI; á intervención do Estado nos sectores económicos básicos;
á terceira revolución industrial e á globalización da economía.
S14.
a) A forte suba do prezo do petróleo.
b) Consecuencias: déficit nas balanzas de pagamentos; aumento dos custos de
producíón; elevada inflación, descenso do PIB; quebrás de empresas e aumento
do paro.
c) Neoliberalismo: non intervención do Estado na economía; diminución dos
investimentos do Estado; privatización das empresas estatais; estancamento dos
salarios; privatización dos servizos sociais públicos (educación, sanidade, pensións
de xubilación…).
d) Françoís Houtart destaca que se se privatizan os servizos públicos, proporciónanselles
uns enormes beneficios ás multinacionais que os xestionan.
Páxina 45 de 52
S15.
a) É un sistema de organización social no que o Estado lle garante á poboación
unha protección mediante unha serie de servizos: sanidade, educación, xubilacións,
subsidio de paro…
b) Baséase nas teorías de Keynes.
c) Finánciase unha política fiscal redistributiva: paga máis impostos quen máis
gaña.
S16.
Porque as dúas guerras mundiais deixaran Europa económicamente arruinada e
moralmente afundida.
S17.
a) Artigo 2.: un desenvolvemento da economía e unha mellora do nivel de vida
mediante o establecemento dun mercado común.
b) Artigo 3.: suprimir os aranceis sobre as mercancías e permitir a libre circulación
de persoas, servizos e capitais.
c) Os momentos transcendentais foron o Tratado de París (1951), o Tratado de
Roma (1957), o Tratado de Maastricht (1992) e a entrada en vigor da moeda
única, o euro (2002). D) Resultado da investigación.
S18.
Comisión Europea: é o poder executivo; administra as políticas da UE, propón
leis, asegura o cumprimento da lexislación e dos tratados, e elabora o orzamento.
Parlamento Europeo: aprobá a lexislación proposta pola Comisión e o orzamento,
controla o Consello de Ministros e a Comisión, e ratifica os acordos
internacionais. Consello da Uníón Europea ou Consello de Ministros: é o principal
organismo de toma de decisións; aprobá, xunto co Parlamento, as leis
propostas pola Comisión e o orzamento.
S19.
a) Desde a fin da Guerra Fría os EEUU interveñen en calquera rexión do planeta,
segundo lles conveña aos seus intereses económicos, admitindo Rusia estés
feitos sen ningunha protesta.
b) EE UU interveu en Iraq e Afganistán.
S20.
V F V V F.
S21.
a) Que non debemos prexulgar as poboacións dos Estados que teñen un comportamento
internacional inadecuado; os verdadeiros responsables desas condutas
son os gobernos, aos que si que hai que criticar.
Páxina 46 de 52
b) Coa primeira expresión, Obama queré dicir que non é necesario restrinxir liberdades
e dereitos democráticos para protexer a poboación de ataques terroristas;
coa segunda fai referencia ao establecemento de negociacións con Rusia
para diminuír o arsenal de armas atómicas.
S22.
a) É a etapa actual do capitalismo, caracterizada pola mundialización da producíón,
do consumo e dos intercambios comerciáis.
b) Os factores son: a revolución tecnolóxica (informática, robótica…); a mellora
dos transportes; o progreso das telecomunicacións; e a reducíón dos aranceis
a escala internacional.
S23.
F V V F V V.
S24.
a) Cos créditos hipotecarios coñecidos co nome de subprime.
b) Converteuse en crise global ao repartiren os bancos estadounidenses os riscos
destas hipotecas con bancos de todo o mundo.
c) Coa crise, os defensores do neoliberalismo están a pedir a intervención do
Estado na economía.
d) Máis próximas ao keynesianismo.
e) Porque avoga pola intervención do Estado na economía, proporcionando
prestacións aos desempregados e facendo investimentos en infraestruturas.
S25.
a) Aos países subdesenvolvidos.
b) O control da natalidade.
S26
a) A falta de concienciación, os intereses económicos das multinacionais e a
indiferenza ante a inxustiza.
b) Pérez Esquivel afirma que as multinacionais da alimentación son as que determinan
a cantidade de alimentos dispoñibles a escala planetaria.
S27.
a) Coa desculpa da protección da orde mundial e a loita contra o terrorismo.
b) Atentados contra os dereitos humanos: a pena de morte e a prisión sen probas
inculpatorias (Guantánamo).
c) Outras violacións de dereitos: a fame, as ditaduras, a escaseza de alimentos,
a destrución do planeta, o espolio material e intelectual do Terceiro Mundo, a
falla de asistencia sanitaria e de vivenda, e as guerras.
Páxina 47 de 52
d) Os responsables desta situación son os Estados máis poderosos.
S28.
a) As imaxes que estamos a ver neste instante borran as inmediatamente anteriores.
b) As imaxes dramáticas de noticias que vemos hoxe nos telexornais, mañá xa
non nos lembramos delas.
S29.
a) Os creativos publicitarios saben que non somos quen de protexernos da influencia
dos anuncios; os publicistas baséanse nos nosos desexos máis íntimos
e nas nosas frustracións para provocar a compra dun determinado produto.
b) Manipúlannos porque coñecen a mensaxe que as imaxes transmiten (dirixida
á nosa irracionalidade: ás emocións e aos afectos) e porque controlan o que nós
percibimos.
S30.
a) O éxito dos medios explícase porque responden fácilmente ás nosas necesidades
emocionáis e afectivas, case sempre inconscientes.
b) Porque asociar un produto cun personaxe co que nos identificamos facilita a
súa venda.
c) O valor emocional que ten para nós o personaxe é transmitido ao produto co
que vai asociado.
d) Os dous textos comparten a idea de que a publicidade explota os aspectos
irracionais e inconscientes da nosa mente.
Páxina 48 de 52
4.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación
1. Cales son os obxectivos propios da ONU?
A defensa dos dereitos humanos e o mantemento da paz.
2. O equilibrio do terror impediu...
A guerra directa entre os EEUU e a URSS.
.
3. Os factores que máis favoreceron a descolonización foron...
Os movementos nacionalistas e a ONU.
4. Que afirmación referida ao bloque comunista non é correcta?
No continente americano non houbo ningún país comunista.
5. Con respecto ao bloque occidental é certo que...
O Estado do Benestar garante servizos básicos a todas as persoas.
Páxina 49 de 52
6. Os tratados que máis contribuíron á unidade europea foron...
Roma e Maastricht.
7. Desde a fin da Guerra Fría...
Os EEUU interveñen nos países onde ten intereses económicos.
8. Na era da globalización...
500 multinacionais controlan o 52% do PIB mundial.
9. Os principais problemas actuáis son...
A superpoboación e falta de liberdade.
10. Por que nos manipulan os creativos publicitarios?
Porque as mensaxes van dirixidas ao noso ámbito irracional e inconsciente.
Páxina 50 de 52
5. Glosario
A Arancel Imposto que deben pagar os produtos importados ao atravesaren as fronteiras dun Estado.
B Bipolarización
División do mundo en dous bloques ideolóxica, política e económicamente antagónicos,
liderado cada un deles polos EE UU e a URSS.
C Coexistencia pacífica
Diminución da tensión entre os EEUU e a URSS, a través do diálogo, a negociación e a
non intervención nos asuntos internos do outro bloque.
Colectivización
Feito polo que, a través da nacionalización, a propiedade se pon ao servizo de toda a
sociedade.
D Dereito de veto
Facultade que ten calquera institución de poder a opoñerse a que entre en vigor unha leí
aprobada por unha asemblea.
Dereitos civís Son os dereitos e liberdades propios das sociedades democráticas.
Deslocalización
Práctica que levan a cabo as multinacionais, consistente en trasladar as fábricas dos
países desenvolvidos a países do Terceiro Mundo para aproveitarse dos menores custos.
E Equilibrio do terror
Situación á que chegaron as dúas superpotencias, logo de que en 1949 a URSS conseguise
fabricar a bomba atómica. Este feito impediu o estoupido dunha guerra entre ambas
potencias, porque sabían que de producirse perigaría a supervivencia do planeta.
H Habeas corpus
É unha figura xurídica creada en Inglaterra no século XVII para que ningunha persoa sexa
detida nin arrestada sen motivo razoado.
I Inflación Fenómeno económico que se manifestá cunha suba xeneralizada dos prezos.
L Logotipo Forma ou figura que distingue unha marca, unha empresa ou un produto.
N Neocolonialismo
Situación na que se atopan actualmente as antigás colonias, caracterizada porque a súa
economía permanece controlada e subordinada aos intereses económicos das multinacionais
das antigás potencias ou doutras novas, que a súa vez inflúen ou mesmo determinan
a política interna deses países.
Nacionalización Transferencia da propiedade privada ao Estado.
Nomenklatura Conxunto dos dirixentes do partido comunista e do Estado soviético.
X Xeoestratexia
É un concepto que fai referencia a como se realiza o reparto do poder nun territorio concreto
ou a escala mundial.
Páxina 51 de 52
6. Recursos
Filmografía
A Guerra Fría
Teléfono vermello? Voamos cara a Moscova, de S. Kubrick, 1964.
O terceiro home, de C. Reed, 1949.
Apocalypse Now, de F. F. Coppola, 1979.
A descolonización
Ghandi, de R. Attenborough, 1982.
A batalla de Alxer, de G. Pontecorvo, 1966.
O bloque comunista
A confesión, de C. Costa-Gavras, 1970.
Good bye, Lenin, de W. Becker, 2003.
O bloque capitalista
Os mellores anos da nosa vida, de W. Wyler, 1946.
Chovendo pedras, de K. Loach, 1993.
A unidade europea
Recordos de Francia, de A. Techiné, 1975
Na cidade branca, de A. Tanner, 1983
Unha nova xeoestratexia
Hotel Rwanda, de G. Terry, 2004
En terra de ninguén, de D. Tanovic, 2001
A globalización
Babel, de A. G. Iñárritu, 2006
Voces contra la globalización. ¿Otro mundo es posible?, TVE, S.A., 2006.
O poder da imaxe
Mad men, de Matthew Weiner, 2007. Lionsgate Televisión.
Ligazóns de Internet
A Organización das Nacíóns Unidas
[http://www.Un.Org/spanish]
A Guerra Fría
[http://www.Historiasiglo20.Org/GF/mundobipolar.Htm]
A descolonización:
[http://www.Historiasiglo20.Org/GF/descolonización.Htm]
Páxina 52 de 52
O bloque comunista
[http://www.Claseshistoria.Com/revolucionrusa/stalinplanificada.Htm]
A unidade europea
[http://www. dicoruna.Es/ipe/unión/instYorg.Html]
Unha nova xeoestratexia
[http://www.Democraciaweb.Org/democas.Htm]
A globalización
[http://www.Telepolis.Com/especiales/globalización/opiniones.Htm]
Os desafíos da actualidade
[http://www.Es.Amnesty.Org] [http://www.Greenpeace.Es]