Evolución de España durante o Franquismo: Da Autarquía ao Desenvolvemento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,49 KB

A Etapa da Posguerra: Illamento e Autarquía (1939-1959)

Política

Na política, tras a vitoria de Franco, instaurouse un réxime autoritario baseado na represión dos opositores e no control absoluto do Estado. A posguerra estivo marcada pola persecución política e pola consolidación do franquismo co apoio da Igrexa e do Exército. España sufriu un illamento internacional ata que, coa Guerra Fría, comezou a ser aceptada polos Estados Unidos e outras potencias occidentais.

Sociedade

A sociedade española viviu anos de escaseza e represión. A posguerra trouxo fame e dificultades económicas, cun sistema de racionamento que durou máis dunha década. A moral católica dominaba a vida cotiá, e as liberdades individuais estaban severamente restrinxidas. Porén, nos anos 50, a mellora económica permitiu unha leve modernización social.

Economía

A autarquía imposta por Franco nos primeiros anos levou a unha profunda crise económica, con escaseza de produtos básicos e unha industria paralizada. A partir dos anos 50, o réxime comezou a abrirse aos investimentos estranxeiros e ao comercio internacional, o que permitiu un crecemento económico progresivo.

Cultura

A censura foi unha constante nestes anos, limitando a produción artística e literaria. A educación estivo fortemente influenciada pola Igrexa, e o nacionalcatolicismo marcou a identidade cultural do país. A pesar das restricións, a sociedade comezou a recibir influencias externas, especialmente a través do cine e da música.


O Cambio de Rumbo: Apertura e Estabilización

A partir dos anos 50, debido ao fracaso económico e ao illamento internacional, o réxime verase obrigado a modificar a súa política económica e abrirse timidamente ao exterior. Polo que, en 1953 asínanse os acordos cos Estados Unidos e o Concordato coa Santa Sé, e en 1959 adóptase o Plan de Estabilización, abandonando definitivamente a autarquía e dando paso ao desenvolvemento económico dos anos 60.

O Desenvolvemento e a Crise do Réxime (Anos 60 e 70)

Política

Durante os anos 60, o franquismo intentou modernizarse coa incorporación de tecnócratas ao goberno, promovendo reformas económicas sen alterar a estrutura autoritaria. Porén, a oposición ao réxime foi en aumento, con movementos obreiros, estudantís e nacionalistas cada vez máis activos. A morte de Carrero Blanco en 1973 nun atentado de ETA, o cal era o sucesor de Franco, marcou un punto de inflexión que debilitou a estabilidade do réxime.

Sociedade

España experimentaba cambios significativos. A urbanización e o crecemento demográfico transformaron as cidades, mentres que o acceso a bens como o automóbil e os electrodomésticos reflectía unha incipiente sociedade de consumo. Porén, as desigualdades sociais e a censura seguían sendo prominentes.

Economía

España viviu un auxe económico co chamado "milagre español", impulsado polo turismo e a industrialización. O Plan de Estabilización de 1959 permitiu a liberalización económica, atraendo investimentos estranxeiros e modernizando o país. Porén, as desigualdades persistían e o desenvolvemento non chegaba a todos os sectores, concentrándose en primeiro lugar en áreas xa desenvolvidas.

Cultura

A censura do réxime limitaba a expresión cultural, pero a televisión e o contacto con turistas estranxeiros comezaron a influír na mentalidade dos españois. Ademais, os acordos cos Estados Unidos, que consigo trouxeron a chegada de soldados, cine, música e novas costumes, influenciaron na cultura de maneira indirecta, especialmente nas zonas de bases militares. O papel da muller na sociedade tamén empezou a cambiar, cun aumento na poboación activa feminina.


Conclusión: Cara á Transición

Con todo, a modernización non implicou unha apertura política. Só tras a morte de Franco en 1975 comezou a transición democrática, que culminou coa Constitución de 1978 e a integración plena de España nas institucións europeas durante os anos 80.

Entradas relacionadas: