A Evolución do Teatro Galego: De A Fonte do Xuramento á Xeración Nós
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,77 KB
O Teatro Galego: Orixes e Desenvolvemento Moderno
O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega, por dúas razóns fundamentais:
- A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos debido á diglosia.
- As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán.
O Inicio do Teatro Moderno (1882)
A obra A Fonte do Xuramento (1882) marca o inicio do teatro moderno. Este período caracterízase por:
- Temática case rural.
- Extensión breve.
- Dominio do costumismo.
O Teatro como Arma Política: As Irmandades da Fala
Coas Irmandades da Fala, o teatro deixa de ser un divertimento para converterse nunha arma política e reivindicativa. Neste contexto, diversifícase a oferta teatral:
- Teatro histórico.
- Teatro social e señorial.
- Teatro cómico e infantil.
- Comedia burguesa.
En 1919, a Irmandade da Coruña crea o Conservatorio Nazonal de Arte Galega. Pero aínda así, o teatro non tivo verdadeira tradición na nosa literatura polas razóns xa expostas.
Autores Fundamentais do Primeiro Teatro Moderno
Ramón Cabanillas
É un dos autores máis interesantes do período. A súa obra inclúe:
- «A man de Santiña» (1921): Unha comedia en prosa na que, por primeira vez, as clases señoriais falan en galego.
- «O Mariscal» (1926): Escrito por iniciativa de Vilar Ponte.
Armando Cotarelo Valledor
Dominador da técnica teatral, foi autor dunha variada obra, destacando a traxedia histórica sobre a execución de Prisciliano, «Hostia» (1926). Toda a súa obra ten unha grande preocupación pola psicoloxía das personaxes e unha complexa construción teatral.
X. Quintanilla
É autor de «Alén» (1921), escrita para demostrar que en galego se poden tratar temas non galegos, cun escenario físico en Nova York e o ambiente dunha sesión de espiritismo.
A Xeración Nós e a Renovación Literaria
A Xeración Nós non utilizou o teatro como arma política ou pedagóxica, pero si deu un pulo extraordinario desde o punto de vista literario, facéndoo participar tamén das correntes europeas.
Con eles aparecen os primeiros elementos simbolistas e surrealistas. A partir de agora, non só van falar galego labregos e caciques, senón tamén fidalgos e princesas, bocois e sapos...
Vicente Risco
Escribiu unha única peza teatral, «O bufón de El Rei», un drama simbolista que relaciona deformidade física e moral.
Ramón Otero Pedrayo
Escribiu unha extensa obra teatral, na que podemos destacar:
- «A lagarada» (1928): Unha traxedia rural de fondo dionisíaco que evoca o poder demoníaco do viño. Como contrapunto poético, introduce varias escenas líricas de carácter fantástico.
- «Teatro de Máscaras» (1975): Son 16 pezas a xeito de bosquexos esquemáticos para pezas teatrais.
Outros Autores Clave
Castelao
Estreou en 1941 «Os vellos non deben de namorarse». Non concibía o teatro como un simple texto, senón como un espectáculo global, polo que adquiren unha grande importancia os artificios escenográficos e utiliza tamén a música.
Rafael Dieste
É o autor teatral da Xeración dos Novecentistas ou Vangardistas. A súa obra máis coñecida é «A fiestra baldeira» (1927), unha comedia simbólica sobre a identidade.