Evolución das Especies: Teorías e Conceptos Fundamentais

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,28 KB

Creacionismo

A maioría dos naturalistas recorrían aos relatos bíblicos como fonte de datos científicos. A única explicación aceptable sobre como xurdían as especies era o **creacionismo**. Segundo o libro **Xénese**, as especies serían creadas por Deus. O creacionismo aparecía asociado ao **fixismo**, que defendía a **inmutabilidade das especies**.

Fixismo

A idea central é que as especies **se mantiveron** tal e como as coñecemos agora. Foi defendido por **prestixiosos científicos** dos séculos **XVII** e **XVIII**, como **Cuvier** e **Linneo**.

Lamarckismo ou Transformismo

**Lamarck** pensaba que nos seres vivos existía unha tendencia natural cara á **perfección**; a consecuencia sería a **transformación das especies**. O **mecanismo** que propuxo para explicar como se produce esta transformación foi a **herdanza dos caracteres adquiridos**. O **Lamarckismo** coñécese tamén como **Teoría dos Caracteres Adquiridos** e apóiase nos seguintes supostos:

  • As condicións do medio natural.
  • Os cambios ambientais crean novas necesidades.
  • Xorden novos hábitos.

Estas modificacións, inducidas polo ambiente, serían transmitidas á descendencia.

Teoría da Evolución por Selección Natural (Darwinismo)

**Darwin** publicou en 1859 A orixe das especies, o famoso libro que recolle a súa teoría sobre as poboacións naturais no seu medio natural. O **darwinismo**, ou **Teoría da Evolución por Selección Natural**, pódese resumir nos seguintes puntos:

  • Existen pequenas diferenzas ou **variacións** entre os individuos dunha mesma especie. A maioría destas variacións son **herdadas**.
  • Establécese unha **loita pola supervivencia**.
  • Algunhas variacións teñen máis éxito **ca** outras.
  • A especie cambia de forma **continua e gradual**.

A Teoría Sintética da Evolución

As **variacións** sobre as que actúa a **selección natural** **orixínanse** por **mutación** e **hérdanse** de maneira individual grazas aos **xenes**, segundo as leis da **xenética moderna**. Os biólogos revisaron algúns puntos da teoría de Darwin e a interpretaron desde outro punto de vista:

  • **Rexeitouse** o principio **lamarckista** da **herdanza dos caracteres adquiridos**, principio que Darwin nunca chegou a abandonar por completo.
  • Quedou definitivamente **desbotada** a idea de **herdanza como fenómeno de mestura**, segundo a cal os trazos dos proxenitores se mesturaban na descendencia.
  • Propúxose unha nova teoría evolutiva, a **Teoría da Selección Natural**, cos novos descubrimentos procedentes da **xenética**, da **paleontoloxía** e da **ecoloxía**.

A **Teoría Sintética** pódese resumir nos seguintes puntos:

  • A **unidade evolutiva** non é o individuo senón a **poboación**.
  • Os individuos de calquera poboación son portadores de diferentes **alelos** que se orixinaron por **mutación**.
  • Certos **fenotipos**, determinados por eses alelos, **confírenlles** aos **individuos** que os posúen máis posibilidades de **deixar descendencia**. Polo tanto, nas xeracións seguintes, os **alelos** responsables de tales fenotipos serán deste xeito cada vez máis **frecuentes**.

Entradas relacionadas: