Evolución da Prosa Galega entre 1936 e 1975: Autores e Obras Fundamentais
Enviado por airamotcefrep y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 9,77 KB
Prosa Galega (1936-1975)
A mellor achega á narrativa galega deste período vén da man de dúas das grandes novelas da nosa literatura: A esmorga (E. Blanco Amor) e Memorias dun neno labrego (X. Neira Vilas). A narrativa do exilio ten unha clara preferencia pola temática da Guerra Civil.
Ramón de Valenzuela Otero
Publicou Non agarderei por ninguén, novela centrada nas peripecias de Gonzalo Ozores como guerrilleiro dos montes de Galicia e como soldado na fronte de batalla. A súa segunda novela, Era tempo de apandar, complementa á primeira.
Tamén é autor de relatos curtos reunidos no volume O naranxo.
Antón Alonso Ríos
Participou como novelista coa obra Da saudade. Amor, arte e misticismo, na liña narrativa do "Grupo Nós". Seguidamente, relatou os vinte meses que botou percorrendo a Galicia de Franco disfrazado de esmolante portugués e a súa fuxida ao exilio na novela Memoria dun fuxido. Finalmente, publicou Nidia, onde a protagonista é unha monxa e vehiculiza unha infinidade de reflexións filosóficas, teolóxicas e morais.
Renovadores da Prosa
Debido a diversos factores, a prosa galega deixa de ter continuidade e veuse truncado o camiño iniciado pola Xeración Nós.
Deste xeito, a literatura galega instalarase no exilio e, a partir dos anos 50, vai iniciar unha progresiva recuperación grazas ao labor realizado polos homes vinculados ao proxecto Galaxia.
Ánxel Fole
A súa obra narrativa está influenciada por tres espazos rurais nos que se refuxiou nos primeiros anos da posguerra. As características principais da súa obra son:
- Realidade social: Reflicte a realidade do pobo galego de montaña, incomunicado, pobre e atrasado, polo que hai unha crítica a esta situación. Móstrase comprometido con Galicia e con ganas de mudar a situación na que vive.
- Técnica narrativa: Emprega unha técnica semellante á narración dos contos populares galegos.
- Frecuente a narración en espiral.
- Fórmulas de introdución e remate e chamadas de atención ao auditorio.
- Bota man de testemuños de autoridade que avalan a historia que conta. Recorrencia ao manuscrito atopado, o que lle permite enmarcar os contos nun contexto novelesco que os xustifica.
- Lingua: A lingua que emprega é recollida directamente da fala popular. Non fai depuración ningunha da lingua.
- Paisaxe: Presenza da paisaxe rural. A emoción que experimenta é propia de escritores románticos.
- Personalidade galega: Captación da personalidade galega da época a través de:
- Crenzas relacionadas coa morte (Santa Campaña).
- Crenzas supersticiosas relacionadas coa bruxería.
- Vivencias metapsíquicas do pobo galego (soños e premonicións).
Estes trazos provocan unha ambientación misteriosa e humorística no conto. No remate da historia, estes acontecementos sempre teñen unha explicación. Estas características fixeron definir a obra de Fole como "Realismo Popular".
Obras narrativas de Ánxel Fole:
A lus do candil. Contos a carón do lume; Terra brava. Contos da solaina; Contos na néboa; Historias que ninguén cre.
Eduardo Blanco Amor
Naceu en Ourense e emigrou a Bos Aires. Alí continúa a súa formación e entra en contacto con intelectuais. Como correspondente de La Nación regresa a Galicia e contacta cos membros do Grupo Nós. Defende a causa republicana e colabora cos exiliados en actividades políticas e culturais. En 1965 regresa ao seu país natal e participa en actividades culturais.
Obras principais:
- A esmorga: Relata os sucesos ocorridos durante un día de esmorga e o seu fatal desenlace. Consta de cinco capítulos que desenvolven peripecias relacionadas coa violencia e o alcohol.
- Xente ao lonxe: Crónica dunha familia, desde o nacemento do derradeiro fillo ata a morte do pai, cinco anos despois. É tamén unha crónica social onde os acontecementos condicionan a ideoloxía e actuación dos protagonistas.
- Os biosbardos: Conxunto de sete relatos breves que perfilan experiencias do mundo adolescente, contadas en primeira persoa por rapaces.
Características da súa obra:
- Caracterización realista: Retrato da sociedade do tempo: a clase traballadora en Xente ao lonxe e a vida marxinal da cidade de Ourense en A esmorga. A través da súa obra coñecemos o modo de vida en Ourense.
- Narrador: Predominio da narración en primeira persoa; o narrador afástase dos acontecementos.
- Mundo infantil: Presenza do mundo infantil e xuvenil en Os biosbardos e Xente ao lonxe, onde nenos e adolescentes son os protagonistas.
Álvaro Cunqueiro
Novelas destacadas:
- Merlín e familia: Xira arredor de Merlín (materia de Bretaña). O narrador-personaxe, Felipe de Amancia (antigo paxe de Merlín), recorda de vello os seus días con Merlín, quen, retirado no pazo en Miranda, axudaba a aqueles que o visitaban buscando solucións por medio da fantasía.
- As crónicas do Sochantre: Narrada en terceira persoa, trata sobre un músico de capela que vai en carroza pola Bretaña francesa para tocar nun funeral nobre.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: Presenta a Sinbad retirado en Bolanda (a súa terra natal), quen se enreda en soños ata non distinguir a realidade.
Triloxía de relatos galegos:
- A escola de menciñeiros
- Xunta de aquí e de acolá
- Os outros feirantes
Características da obra de Cunqueiro:
- Xéneros: Non existe unha división estrita do xénero literario; inclúe pezas breves de teatro en narracións.
- Estrutura: As novelas son sucesións históricas breves unidas por un narrador común. A estrutura narrativa presenta historias dentro doutras sucesivamente, cunha organización moi definida.
- Mitos e universalidade: Proxección de obras cara á literatura doutros lugares e épocas, actualizando mitos.
- Estilo: Presenza dun mundo idealizado, humor paródico e irónico co que describe os personaxes míticos, e un marcado lirismo, especialmente na descrición de lugares importantes.
- Cultura popular: Historias cun trasfondo enraizado na cultura popular e unha linguaxe que recorda á narración oral.
Xosé Neira Vilas
Emigra a Arxentina polas dificultades económicas da posguerra. Alí entra en contacto cos ambientes galeguistas e destaca o seu traballo na defensa de Galicia. Os seus libros están moi influenciados pola súa biografía. Un dos temas máis tratados é o mundo da emigración e o mundo rural, centrándose no neno labrego e na súa visión da vida.
Destaca na literatura infantil en lingua galega con títulos como:
- De cando o Suso foi carteiro
- Espantallo amigo
Nos anos 60 aparece parte da súa narrativa, que se clasifica en catro núcleos:
- Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea (protagonista infantil que madura e sinxeleza técnico-formal).
- Narracións en que o mundo rural é observado desde o punto de vista do adulto.
- Narracións centradas no mundo da emigración.
- Colección de estampas líricas e semblanzas: recordos subxectivos e emocionados da infancia rural.
Nova Narrativa Galega (Anos 50)
Autores marcados polo desexo dunha renovación na narrativa. A obra que abre o período é Nace unha árbore, de Rodríguez Mourullo en 1954, e a que o pecha é Adiós María, de Xohana Torres en 1970.
Obxectivos dos autores:
- Renovación da narrativa galega para superar os modelos establecidos.
- Mantemento dunha actividade cultural e poética galeguista.
- Total compromiso coa lingua galega.
Trazos característicos:
- Características xerais: Intimismo, recorrencia a un mundo simbólico e obxectalismo (os obxectos adquiren grande importancia ao seren descritos).
- Punto de vista e narrador: Multiperspectivismo (varios narradores nun mesmo relato) e predominio do monólogo interior.
- Espazo e tempo: Ambientes urbanos e ausencia de orde cronolóxica.
- Personaxes: Carecen de caracterización psicolóxica, son violentos ou están inmersos en estados patolóxicos (delirios, loucura...).
Autores e obras destacadas:
- Camilo González: Lonxe de nós e dentro; Como calquera outro día.
- María Xosé Queizán: A orella no buraco.
- Xohana Torres: Adiós María.
- Méndez Ferrín: Percival e outras historias; O crepúsculo e as formigas; Arrabaldo do Norte.
- Rodríguez Mourullo: Nace unha árbore; Memorias de Tains.
- Xohán Casal: O camiño de abaixo.
- Carlos Casares: Vento ferido; Cambio en tres.