Evolución da Poesía e Prosa Galega no Século XX: Un Percorrido Pola Literatura
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,24 KB
1. Poesía das Irmandades da Fala
Nos primeiros anos do S. XX, hai un forte atraso económico, Galicia intensifica a emigración e nace o movemento obreiro e o nacionalismo. Na literatura, cultívase en exclusiva o xénero da poesía, con liñas básicas como o ruralismo, e a nosa literatura carece de sorpresa e orixinalidade. Irrompen movementos como o Agrarismo e as Irmandades da Fala, os cales alentan o nacionalismo. As Irmandades da Fala (1916) crearon editoriais, publicaron revistas e xornais como A Nosa Terra, promovendo o teatro galego, ademais da renovación estética, formal e temática. Destacou Cabanillas.
A) Cabanillas
Participa no seminario de estudos galegos e é un poeta clásico e moderno cuxas poesías contén elementos tradicionais: literatura clásica grecolatina, romanticismo, folclore popular galego e influencia dos mestres do Rexurdimento. Elementos anovadores: modernismo de Rubén Darío, saudosismo portugués de Teixeira de Pascoais e simbolismo.
- Dúas grandes modalidades:
- Poesía Lírica: costumista - Costumes rurais cunha perspectiva crítica. Exemplos: No desterro, Vento mareiro.
- Poesía Cívica: postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala. Exemplos: Da Terra asoballada.
- Poesía Intimista: tema amor, natureza e recreación de vivencias. Exemplos: A rosa de cen follas.
- Poesía Narrativa: obra máis importante: Na noite estrelecida, dividida en 3 partes: A espada de Escalibor, O cabaleiro do Santo Grial e O solo do Rei Arthur, de temática céltica e de tradición cristiá. Actualiza/galeguiza a materia de Bretaña para ofrecer unha mensaxe patriótica e cristiá. Inclúe elementos modernistas e grande elaboración formal nun coidado estilo culto. Linguaxe moi rica e simbólica e utiliza verso alejandrino.
4 etapas:
- Pregaleguista: No desterro, Vento mareiro, mestura Rosalía con Curros Enríquez, ademais de métrica modernista, tema nostálxico do desterro.
- Galeguista: segue ideais das Irmandades da Fala e reflexa unha actitude didáctica para achegar o galeguismo ao pobo.
- Mítico-saudosista: parte das ideas políticas de Risco. Exemplos: Noite estrelecida, O Mariscal e Bendito San Amaro.
- Posguerra: Antífona de cantiga, Versos de alleas terras e Tempos idos, da miña zanfona, Samos.
B) Noriega Varela
Autor de unha soa obra, Montañesas, despois chamariase Do ermo. A súa poesía era: ruralismo costumista decimonónico - temática destructivista paisaxística e dura vida dos campesiños nas montañas luguesas, con métrica popular. Influencia modernista e saudosista: poesía máis culta que se centra nas montañas, anticipa liñas vanguardistas, atracción polo humilde e seres desamparados.
C) Outros Autores
- Abente: Do outono
- Taibo: Abrente
2. Vanguardias
Movementos que propoñen unha quebra total coa tradición e as convencións estéticas vixentes. Xorden no seo de sociedades que saen da 1ª GM, marcadas por conflitos políticos e económicos, ademais de profundas transformacións tecnolóxicas e de teorías científicas revolucionarias. Todas as vangardas teñen en común a idea da arte pola arte, antisensimentalismo e estilo innovador. Manuel Antonio rompe coa tradición poética galega con ¡Mais alá!. As vangardas non renunciaron ao espírito nacionalista.
A) Neotrobadorismo
Menos renovadora. Contido: voz feminina, ausencia do amigo... combinando coa forma e elementos vanguardistas. Autores: Bouza Brey: Nao Senlleira. Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira.
B) Hilozoísmo
Principal figura: Amado Carballo, caracterízase pola sinxeleza e permanencia da rima e metros tradicionais con trazos máis renovadores e personificación de elementos naturais, predominio de imaxes e linguaxe metafórica. Exemplos: Proel, O galo.
C) Creacionismo
Manuel Antonio: De catro en catro, manifestou ¡Mais alá! e nos seus artigos coa ruptura respecto da literatura galega. Tres etapas: de formación, de ruptura e de retroceso. Exemplos: Viladomar. Do creacionismo tomou: voces estranxeiras, imaxes polipétalas, ausencia de rima e ritmo, presenza constante do mar e trasfondo existencial. De catro en catro é unha obra fundamental de carácter vanguardista, ruptura temática coa poesía galega anterior, difícil lectura. Tipos de interpretación: clásica - primeiro poema e a ilusión e o último e saudade, os poemas son dominantes; outra - significado metafísico.
3. Prosa do 1° Terzo do S. XX
Narrativa: novela curta, ensaio, xornalismo.
Risco
3 momentos de interese:
- Pregaleguismo: etapa de cenáculo ourensán.
- Galeguismo: 1918 - 1936.
- Posgaleguismo: se afasta do galeguismo.
Liñas narrativas:
- Modernistas: Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, mundo de ultratumba como temática.
- Etnografía-patriótica: relatos de etapas galeguistas: O lobo da xente, A Coutada.
- Satírica: O porco de pé, visión crítica e pesimista da sociedade e o materialismo sobre a cultura e o intelecto.
Otero Pedrayo
Obras:
- Histórico-realistas: transformacións da Galicia rural: Pantelas, Home libre, Os caminos da vida.
- Histórico-culturalistas: Idade media galega e no romanticismo galego: A romería de Xelmírez.
- Psicolóxica: Escrito na neboa, Arredor de si. Linguaxe popular e Galicia como tema.
Castelao
Temas: humanismo, protagonismo de clases populares e defensa da lingua. Na narrativa: Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos. Características: claridade e viveza, escaseza de descrición en favor da sucesión de feitos e ton emotivo, sinxeleza. Fino humor, crítica social e solidariedade.
Rafael Dieste
Dos arquivos do trasno combina popular, culto e fantástico. Relatos de estruturas pegadas e temática de terror e morte.
Ensaio
Nace e consolídase coas Irmandades, seminario de estudos galegos e o grupo Nós. Cumpren Teoría do nacionalismo galego, Ensaio histórico sobre a cultura galega, Siempre en Galiza. De carácter máis literario: Mitteleuropa de Risco. Otero: Historia de Galicia.
Xornalismo
Aspectos renovadores coa aparición da prensa ilustrada e das revistas gráficas, o impulso da prensa local e comarcal e o nacemento de publicacións de carácter cultural e literario. Exemplos: A Nosa Terra, Revista Nós.