A Evolución da Poesía Galega Contemporánea: Tendencias, Autores e Legado

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,23 KB

A poesía galega experimentou unha notable transformación e enriquecimento ao longo das últimas décadas. Este percorrido, marcado por unha constante renovación, reflicte a vitalidade e a capacidade de adaptación dun xénero fundamental na literatura galega.

Apertura e Novas Tendencias na Poesía Galega

No tocante á poesía, prodúcese unha apertura, acompañada dunha eclosión de voces e tendencias, así como no estilo, na técnica e na forma de escribir. Xorde tamén unha preocupación pola linguaxe política e, con ela, unha apertura temática (culturalismo, cosmopolitismo, etc.). Tamén se incorporarán ao contorno poético elementos procedentes das artes musicais e plásticas; ademais, cabe destacar a presenza de escritoras que tentan achegar a voz da muller á poesía galega.

A Renovación Poética dos Anos 70 e 80

En 1970 prodúcese un cambio significativo coa publicación da obra de Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias. Tamén cómpre sinalar os grupos poéticos que xorden anteriormente á década dos 80, como Rompente e Cravo Fondo. Tras esta proliferación no ámbito poético, o cambio de rumbo vai continuar nos 80 coa consolidación da renovación poética a través da produción dun grupo de novos escritores.

Ditos grupos adoitan participar en revistas de expresión poética, como Luces de Galiza, ou colaborar en volumes colectivos, como Esquío ou Espiral Maior. Todos estes grupos xurdidos arredor desta década teñen uns trazos que os caracterizan: o gusto polo formalismo e polas referencias culturais, a gran apertura temática (visible na obra de Cunqueiro, Herba de aquí e acolá), e o cosmopolitismo.

No tocante ás obras que emerxen nesta época, cabe destacar: Trópico de Lúas de Xosé María Álvarez, Balada nas Praias do Oeste e Costa da Morte Blues de Manuel Rivas. Así pois, dentro dun estilo máis experimentalista, destacan Víctor Vaqueiro e Vicente Araguas. Por último, respecto ás voces femininas, cómpre sinalar a Xela Arias coa súa obra Tigres coma cabalos, Ana Romaní con Palabra de Mar e Pilar Cebreiro.

A Poesía Galega nos Anos 90: Compromiso e Novas Voces

Na década dos 90, cabe facer fincapé na importancia da muller na poesía galega, nas agrupacións e nalgúns colectivos que buscan achegarse á poesía mediante o compromiso coa realidade. Tamén hai que destacar a procura de novos formatos (especialmente o musical).

Xorden tamén nesta década as coleccións de comunicación poética (Illa Verde en Espiral Maior); aumentan tamén, nesta liña, os certames literarios e, no caso dos premios, seguen sendo un medio moi importante de difusión para a poesía galega (Premio Esquío, Premio Bouza Brey, Premio CEF).

No tocante á preocupación pola linguaxe, esta vai ir dirixida a unha mellor comunicación e achegamento ao lector. Con respecto aos eixes temáticos, destacar que os eixes tradicionais adoptan novos matices, deixando ver así o compromiso social e lingüístico en temas de actualidade.

É importante citar aquí autores como Miro e Rafa Villar, Gonzalo Navaza, Lupe Gómez, Yolanda Castaño con O libro da agoísta, Olga Novo con A teta sobre o Sol, Chus Pato con A ponte das Poldras, Fran Alonso con Tortilla para obreiros, Emma Couceiro ou María do Cebreiro.

A Poesía Galega na Actualidade: Continuidade e Legado

Na actualidade, a poesía segue a súa traxectoria; os autores dos 80 e 90 continúan escribindo. Tamén continúa a concesión de premios, como o Premio AELG, co que foi galardoada este ano Berta Dávila. Así mesmo, non podemos esquecer aqueles autores que escribiron antes da democracia como Luz Pozo e Méndez Ferrín.

Entradas relacionadas: