Evolución da Poesía Galega Contemporánea: Séculos XX e XXI

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,12 KB

A poesía de fins do século XX e comezos do século XXI

O período que abarca as dúas últimas décadas do século XX e se estende xa no século XXI é o máis duradeiro e estable de toda a súa historia. Galicia dotouse formalmente de institucións propias de autogoberno. A poesía galega inicia unha nova etapa a partir de “Con pólvora e magnolias”, a cal supuxo unha ruptura co socialrealismo. Grandes influencias con Manuel Antonio e Cunqueiro, os cales se dan a coñecer no século XX. Esta poesía caracterízase pola multiplicidade temática e de formas, e pola reivindicación de poetas esquecidos.

A poesía na década dos 80

Características

  • Preponderancia da beleza sobre a moral.
  • Busca de novos suxeitos líricos.
  • Uso da intertextualidade.
  • Busca de novas formas rítmicas e retóricas, procurando unha nova linguaxe poética de elaborado nivel culto.
  • Aperturismo temático: novo tratamento de temas intimistas.

Os grupos dos anos 80 danse en grupos poéticos como Rompente e Cravo Fondo en Vigo e A Coruña. Están formados por autores nados a partir da segunda metade dos anos 40 e ao longo dos anos 50. Nesta xeración aparecen diversos autores e os máis importantes son:

  • Xavier Rodríguez Baixeras (1945): Destaca a brillante elaboración formal. Autor de moitísimas obras, unha delas é Anos de viaxe (Poesía 1981-1987). No ano 1987 obtivo o Premio da Crítica Española con “A gándara da noite”.
  • Manuel Vilanova (1944): Poeta bilingüe, publicou en galego tres poemarios, un dos cales obtivo o Premio da Crítica no 2006: “A esmeralda branca”.
  • Manuel Forcadela (1958): É un dos poetas máis interesantes entre os novos do grupo vigués dos 80. É profesor, estudoso e crítico da literatura. Publicou varias obras, unha delas é “Profecía” en 1992.

A poesía da década dos 90

Características

  • Auméntase a carga narrativa dos poemas, aproveitando a temática cotiá.
  • Rexeítase a expresión excesivamente cultista dos anos 80 para chegar máis facilmente ao lector.
  • Aparece de novo a temática social-comprometida con temas como o ecoloxismo.
  • As tendencias máis destacadas son a poética experimental e a feminista.

A nova situación destes anos vén dada por diferentes factores, como por exemplo a recuperación de festivais e recitais poéticos, a consolidación de Santiago de Compostela, etc.

Tendencias salientables da última poesía galega

  • Poética experimental: É o enfrontamento entre o tradicional e o moderno, e tira partido da mestura dos niveis coloquial e popular. O principal representante desta liña é Antón R. Reixa.
  • Poética feminina-feminista: Manifestada a través da revisión de algúns aspectos culturais, así como da visión feminina do erotismo, etc. Dentro desta tendencia hai que mencionar a Chus Pato e Yolanda Castaño.

Entradas relacionadas: