A Evolución da Poesía Galega Baixo o Franquismo: Xeracións e Autores Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,96 KB

A Poesía Galega Durante a Ditadura Franquista

1. Os Poetas da Xeración do 36

Este grupo de autores desenvolveu a súa obra nun contexto de represión e illamento cultural.

  • Aquilino Iglesia Alvariño

    Escribiu unha poesía na que a paisaxe está **humanizada** e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a **soidade**, o paso do tempo e a morte. O seu primeiro poemario en galego foi Cómaros verdes (1947). Tamén destacan De día a día, Lanza da soedá e Nenias.

  • Xosé María Díaz Castro

    O seu único libro, Nimbos (1961), ten como temas centrais o amor, a morte, a vida, a **nostalxia da infancia perdida**, o forte arraigamento coa terra e a relixiosidade. Foi o autor do poema “Penélope”.

  • Luís Pimentel

    Publicou Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959). Céntrase nas pequenas cousas do mundo cotián cunha **visión pesimista da vida** que contrasta coa descrición de ambientes finos e requintados.

2. Poetas da Promoción de Enlace

  • Antonio Tovar

    A súa obra combina a **intención social** con poemas de corte intimista. Entre os seus libros atópanse Arredores (1962), Non (1967), Calados escoxuros (1980) e Berros en voz baixa (1990).

  • Manuel Cuña Novás

    Destaca polo seu poemario Fabulario novo (1952), que supuxo a aparición dunha nova poesía que adaptou a lírica galega á corrente filosófica do **existencialismo**.

  • Luz Pozo Garza

    Escribe poesía con altas doses de **intimismo**, existencialismo e culturalismo. Publicou Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1991) e Vida secreta de Rosalía (1996).

3. Xeración das Festas Minervais ou Xeración dos 50

Nos primeiros libros destes autores apréciase unha poesía de **desarraigamento e angustia**, presidida polo conflito da persoa consigo mesma e coa vida. Esta tendencia denominouse a **“Escola da Tebra”** pola visión atormentada da vida que ofrecía.

4. Autores máis salientables da Xeración dos 50

  • Uxío Novoneyra

    Escribiu poemas paisaxísticos (obras como Os eidos ou Elexías do Courel e outros poemas, 1985), e poesía social de carácter político e reivindicativo (en libros como Poemas caligráficos, 1978, ou Do Courel a Compostela, 1988). Tamén escribiu poesía amorosa en Muller para lonxe (1986). Os seus poemas son breves, de grande intensidade, emprega o **fonosimbolismo** e mostra preocupación pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

  • Antón Avilés de Taramancos

    Publicou O tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ar (1989) e Última fuxida a Harar. Escribe poesía **vitalista**, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, con alento épico e, ás veces, con resonancias mitolóxicas.

  • Manuel María

    Escribiu poemas de carácter intimista e desacougado, despois poemas de **crítica social** e, finalmente, de carácter íntimo e amoroso. Obras destacadas son Terra Chá (1954), Poemas para construír unha patria (1977) e A primavera de Venus (1993).

  • Bernardino Graña

    Escribiu Profecía do mar (1966) e Non vexo Vigo nin Cangas (1975), que lle valeron para ser coñecido como o **“poeta do mar”**. O tema central destas obras é o mar e a vida mariñeira. O tema do amor tamén aparece con frecuencia na súa obra.

  • Xohana Torres

    É a principal **voz feminina** da Xeración dos 50. Escribiu Do sulco (1980) e Tempo de ría (1992). A súa obra aborda a vida, a importancia do paso do tempo, o papel da paisaxe que a rodea e a experiencia de **ser muller**.

Entradas relacionadas: