Evolución da Narrativa Galega: Autores, Temas e Técnicas (1954-Actualidade)
Enviado por Anónimo y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
español con un tamaño de 4,87 KB
A Nova Narrativa Galega
Nela incluímos un conxunto de novos autores de formación universitaria que levan a cabo un tipo de narración renovadora e experimental, incorporando ás nosas letras modelos e *procedementos técnicos* da literatura universal. O movemento iniciouse en 1954 coa obra: Nace un árbore de Gonzalo Mourullo. Algúns din que o movemento remata en 1960 con Cambio de tres de Carlos Casares, e outros prolóngano ata 1980 con Cara Times Square de Camilo Gonsar.
Etapas segundo Manuel Forcadela
Manuel Forcadela destaca tres etapas:
- A formación: Predomina a temática existencialista e o influxo de Kafka.
- A etapa de auxe: A experimentación técnica e formal acada o máximo protagonismo.
- A etapa de liquidación: Abandónase a experimentación formal á vez que o existencialismo é *substituído* por temas simbólicos ou de alegoría política.
Características da Nova Narrativa
Temática
- O tratamento de aspectos políticos e sociais en clave simbólica.
- Os personaxes son completamente anónimos, *alienados* e violentos.
- Créanse mundos absurdos e angustiosos.
- Os temas son edípicos, o regreso á infancia e a morte como *leitmotiv*.
Técnicas
- O monólogo interior.
- O rexeitamento da cronoloxía lineal.
- O rexeitamento do narrador omnisciente e preferencia do eu protagonista, testemuña ou dos modos dramáticos e cinematográficos.
Autores e Obras Destacadas
- Gonzalo Mourullo: Nace un árbore e Memorias de Trains (en forma de cartas).
- Méndez Ferrín: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas...
- Carlos Casares: Vento ferido e Cambio de tres.
- Xosé Queizán: A orella no buraco.
- Camilo Gonsar: Lonxe de nós e dentro.
- Xohan Casal: O camiño de abaixo.
- Xohana Torres: Adiós, María.
A Prosa a Fins do Século XX e Comezos do XXI
A prosa está vencellada ao proceso de democratización das institucións. A partir do 75, a prosa galega *céntrase* na historia recente, a guerra e a posguerra. Nos 80 *inícianse* *subxéneros* como a novela negra, a narrativa feminina ou a experimental e urbana. Nos 90 *continúa* o desenvolvemento dos xéneros anteriores.
A Narrativa Posfranquista (Anos 70)
Adóptase a narrativa á nova situación social e cultural. Conviven autores como Cunqueiro e Blanco Amor. Predomina a evocación das memorias infantís. Destacan:
- Xosé Fernández Ferreiro: A morte de Frank González.
- Paco Martín: No codeixo.
- Anxo Adolfo Rei: Non sei cando nos veremos.
- Xoán Ignacio: Homes de ningures.
- Lois Diéguez: A casa de Goliaz.
A Narrativa dos 80
As novelas xiran en torno aos certames literarios. Destacan:
- Víctor Fernández: A caza das cascudas.
- Xavier Alcalá: A nosa cinza e Fábula.
- Alfredo Conde: Creixo.
- Xosé M. Martínez Oca: A fuxida.
Iniciación dos Subxéneros nos 80
- Novela Negra: Destacamos a Carlos Reigosa, que gaña o premio Xerais con Crime en Compostela.
- Narrativa Feminina: Destacamos a María Xosé Queizán (Amantia) e Margarita Ledo (Mama-Fé, libro de relatos).
- Narrativa Experimental: Suso de Toro como cultivador, podemos destacar as *súas* obras Polaroid, Caixón desastre e Land Rover.
A Narrativa dos 90
Establécese o xénero novelesco definitivo da literatura galega. Aparecen máis xéneros:
- Ficción Futurista: Ramón Caride (Soños eléctricos).
- Nova Novela Histórica: Manuel Rivas (Un millón de vacas) e Xosé Miranda (Morning Star).
- Narrativa Experimental: Con rexistros moi variados (Xelís de Toro).
Narrativa Infantil e Xuvenil
Experimenta un gran avance coa consolidación do galego no ensino. Cabe destacar a Agustín Fernández Paz (Aire negro).
Últimos Narradores (Século XXI)
Séguese traballando coa narrativa dos 80 e consolídase a dos 90. Destacan Xelís de Toro (Riofero), Rosa Aneiros (Resistencia) ou Teresa Moure (Herba Moura).