Evolución da Literatura Galega: Da Prosa Medieval ao Prerrexurdimento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,21 KB

Prosa Medieval Galego-Portuguesa

Os primeiros textos conservados en galego-portugués que non teñen un carácter literario. O primeiro coñecido foi Noticia de Tarto. Os principais textos divídense en:

Prosa de Ficción

  • Ciclo Clásico: Sobre a guerra de Troia (exemplo: Crónica Troiana).
  • Ciclo Artúrico: Exemplo: A demanda do Sant Grial.
  • Ciclo Carolinxio: Exemplo: Ensinanzas de Carlomagno.

Prosa de Non Ficción

  • Prosa Historiográfica: Exemplo: Crónica de Santa María de Iria (sobre a descuberta e traslado dos restos do apóstolo a Santiago).
  • Prosa Haxiográfica: Vidas de santos.
  • Prosa Didáctica: Tratados de cetrería, cría dos cabalos, etc.

Literatura na Idade Moderna (Séculos XVI-XVIII)

A perda de influencia da nobreza galega tras as Guerras Irmandiñas e as loitas sucesorias, sumada á obrigatoriedade de empregar o castelán no ámbito xurídico, provocou un notable descenso dos textos escritos, o que fixo que no pasado se coñecese esta etapa como os “Séculos Escuros” da Literatura Galega.

Non se deixou de escribir literatura galega, pero o cambio social provocou a desaparición da lírica galego-portuguesa. Ata o século XVIII non se produce realmente a practicamente nula presenza de textos en galego.

Debate sobre o concepto de Séculos Escuros

Hoxe discútese o concepto de Séculos Escuros porque:

  1. Hai textos cultos, acordes coas características culturais da época (Neoclasicismo, Barroco).
  2. Fóronse atopando máis textos, polo que tamén podería haber máis publicacións que descoñecemos.
  3. Simplemente a sociedade cambiou e a literatura non atopou un contexto favorable para o seu desenvolvemento (en castelán tamén hai pouca literatura en Galicia).

Principais Textos Conservados

  • S. XVI: Cancioneiro Geral de García Resende e Cancioneiro de Baena.
  • S. XVII: Exequias da Raíña Margarida (Xoán Gómez) e Respice finem (Pedro Vázquez de Neira).
  • S. XVIII: Historia de Santa Igrexa de Iria.

As Cantigas de Santa María

Son as cantigas en honor á Virxe María (427) compostas baixo o mandato de Afonso X.

Fontes de Inspiración

Afonso X axudouse de Lendas e Tradicións para favorecer o seu proxecto enciclopédico arredor do mundo mariano.

  1. Materiais latinos medievais.
  2. Coleccións marianas en linguas romances.
  3. Coleccións de santuarios peninsulares.
  4. Coleccións locais e estranxeiras.
  5. Consellas orais.

Xuntou cantigas autobiográficas con lembranzas da infancia e vivencias persoais.

Tipos e Clasificación

Clasifícanse en dous grupos:

  1. Narrativas: Narran milagres da Virxe.
  2. Líricas ou Louvanzas: Cantigas de amor cara á Virxe.

Galicia no Prerrexurdimento

Contexto Histórico (1812-1874)

  1. 1812: Constitución de Cádiz. 60 anos de continuos cambios constitucionais, golpes de estado e 3 guerras civís.
  2. 1833: Fin do sistema territorial do Antigo Réxime (substituído polas actuais provincias); desamortizacións (expropiacións e poxas das terras da Igrexa).
  3. 1868: Revoltas contra a Monarquía que rematan coa 1ª República.
  4. 1873-1874: Primeira República. Galicia queda atrás na industrialización debido ao sistema foral (foro).

    *** Foro = Contrato de longa duración entre unha familia fidalga (cede a terra) e unha de campesiños (cultiva a terra pero ten que dar parte desa colleita. Faise durante a vida de tres reis.

O Movemento Galeguista

Nos anos 40, no medio dun conflito civil por un golpe de estado contra o goberno, rebeldes galegos constitúen a Xunta do Reino de Galicia; son reprimidos e fusilados en Carral. Nace o Provincialismo máis o movemento galeguista (procura a autonomía política para Galicia, a mellora da situación económica e a defensa da súa lingua e cultura). Hai tres formas ou etapas de galeguismo:

  1. Provincialismo: Procuran que as catro provincias se convertesen nunha Galicia.
  2. Federalismo: En 1868 en diante, durante a 1ª República, constitúese un estado federal no que Galicia sería un dos seus estados.
  3. Rexionalismo: En 1874 en diante procúrase unha autonomía plena dunha futura “rexión de Galicia”. Un dos principais rexionalistas foi Manuel Murguía (marido de Rosalía de Castro).

Autores Destacados

  1. Francisco Añón: Recordos da Infancia.
  2. Xoán Manuel Pintos: A Gaita Galega.

Entradas relacionadas: