Evolución da Condición Feminina en España: Dereitos, Traballo e Activismo (Séculos XIX-XX)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,93 KB
A Condición da Muller en España: Do Ámbito Doméstico ao Activismo Feminista
O seu **rol social básico** era o do ámbito doméstico (crianza dos fillos e mantemento do fogar) ou de coidadoras, fundamental para que outras actividades reservadas aos homes puidesen desenvolverse. Incluso as **transformacións liberais** non remataron con esa discriminación, presente en varios eidos:
Eidos da Discriminación
- Biolóxica: Pola súa condición de muller, era considerada bioloxicamente inferior aos homes.
- Xurídica: Nos Códigos Penal, Civil e de Comercio, estaba totalmente sometida á autoridade do home, sen ter autonomía nas accións legais e comerciais.
- Política: Nunca tivo dereito a voto (ata a II República), e houbo que esperar ata 1918 para a creación da primeira asociación feminista en España (a Asociación Nacional de Mulleres Españolas).
- Laboral: Os salarios oscilaban entre un 30 e un 60 por cento menos cos dos homes, e as súas xornadas eran frecuentemente máis longas.
A Muller no Mundo Laboral
En principio, a **incorporación da muller ao mundo laboral** foi escasa, aínda que aumentou a medida que o país se transformaba economicamente, de forma lenta e descontinua. No campo, continuou a súa presenza nas **tarefas agrícolas**, e no mundo industrial, comezou a ocupar postos de baixa cualificación e sempre de menor remuneración salarial. Nas cidades, o **sector doméstico** (criadas, amas de cría...) foi o seu principal destino laboral. As **mulleres solteiras** puideron desempeñar algunhas actividades económicas, pero cando casaban, perdían a súa autonomía, aínda que sempre conservaron a propiedade dos seus dotes ou das herdanzas propias incorporadas ao matrimonio.
Primeiros Pasos cara á Mellora Social
A partir da **Revolución de 1868**, pódense apreciar os primeiros intentos de mellorar a condición social das mulleres, pero sempre grazas a figuras que, sendo importantes e deixando o seu sinal na historia española, estiveron moi illadas. Destacaron tres mulleres: **Concepción Arenal**, **Emilia Pardo Bazán** e **Rosalía de Castro**. Esforzáronse en defender **cambios xurídicos e educativos**.
Figuras Destacadas e a Renovación Pedagóxica
As preocupacións e inquietudes a favor das mulleres terminaron por calar nos **movementos de renovación pedagóxica**, especialmente desde o **krausismo** e a **Institución Libre de Ensino**. Defendeuse a necesidade de mellorar o **nivel educativo ou de instrución das mulleres** por considerarse que eran protagonistas tamén do progreso social e xeral do país, tendo en conta o elevado grao de analfabetismo que afectaba, fundamentalmente, ás mulleres. Neste sentido, é importante destacar a iniciativa de **Fernando de Castro** en 1871 coa creación da **Asociación para o Ensino da Muller**.
O Despertar do Feminismo no Século XX
Nos inicios do século XX, asistimos á aparición das **primeiras organizacións femininas** que, aínda que non poden ser integradas claramente no sufraxismo, si demandaban un maior protagonismo para a muller na sociedade, así como unha serie de **reivindicacións laborais e educativas**.
Organizacións Pioneiras
No ano 1918, naceu a **Asociación Nacional de Mulleres Españolas**, que defendía reformas no Código Civil, a represión da prostitución legalizada, a promoción educativa e o dereito da muller para exercer profesións liberais. A primeira organización feminista fundada e dirixida por mulleres foi a **Sociedade Autónoma de Mulleres de Barcelona**, activa a partir de 1889. Estivo impulsada pola espiritista **Amàlia Domingo Soler**, a anarquista **Teresa Claramunt** e a republicana, masona e librepensadora **Ángeles López de Ayala**. Esta Sociedade celebraba periódicas **veladas pedagóxicas e recreativas** dedicadas ás mulleres.