Evolución Cultural y Lingüística de Galicia: Un Viaje a Través del Rexurdimento
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,93 KB
Entre vogais convértense en:
- -P-b
- -T-d
- K-g
LUPUS - lobo / AMICU - amigo / CITU - cedo.
Perda do –n- e do –l- intervocálicas:
- LUNAM - lúa;
- MOLAM - moa.
Desaparición das consoantes –n- e –l- en posición intervocálica:
- LEGERE - Ler
- VIDERE - ver
Vocalización do grupo –CT-:
- LACTEM - leite
- NOCTEM - noite
Palatalización en posición inicial dos grupos consonánticos latinos PL-, CL-, FL-:
- PLUVIAN - chuvia
- CLAMARE - chamar
- FLAMMAM - chama
Rexurdimento:
É o movemento de recuperación da cultura galega. Abrangue desde 1816, ano da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía, ata 1916, data da creación da Irmandade da Fala. Ao longo do século XIX, xorde e desenvolvese o galeguismo, un movemento social, político e cultural.
Provincialismo:
Foi un movemento político e cultural que consideraba a Galicia unha única provincia.
Federalismo:
Ligado ás ideas republicanas, participou na elaboración dun proxecto de constitución para o futuro estado galaico.
Rexionalismo:
Xurdiu a par dos movementos rexionalistas catalán e vasco. O rexurdimento supón unha etapa no camiño da restauración cultural.
Diversas fontes:
- Prensa: A primeira publicación monolingüe é O Tío Marcos d’a Portela.
- Historiografía: Interesa o estudo do pasado de Galicia.
- Lingua galega: Existe un interese polo estudo do idioma de vocabularios, gramáticas e diccionarios. Saco Arce, Marcial Valladares.
Poesía:
- Valentín Lamas Carvajal: Escribiu Espiñas, follas e flores, Saudades Gallegas e A musa das aldeas.
- Manuel Leires Pulpeiro: Escribiu Cantares Gallegos.
- Manuel Lugrís Freire: Soidades, Noitebras e Ardencias.
Prosa:
- Marcial Valladares: Autor da primeira novela en galego, Muxina ou a filla espúrea, mestura o mundo rural co da burguesía compostelá.
- Antonio López Ferreiro: Escribiu novela histórica en galego.
- Valentín Lamas Carvajal: Ademais de cultivar a poesía e o xornalismo, escribiu O catecismo do labrego.
Teatro:
A situación do teatro neste século foi precaria, á escaseza de locais para a representación.
Teatro histórico:
Recreaba os períodos máis relevantes do noso pasado na procura das raíces da nosa identidade. Exemplo disto é a peza Pedro Madruga de Xoán Cuveiro Piñol.
Teatro social-costumista:
Adoitaba ter un carácter reivindicativo, representado na obra A fonte do xuramento de Francisco de la Iglesia.
Rosalía de Castro:
Características:
- Reivindicación do uso da lingua.
- Defensa de Galiza.
- Denuncia dos problemas económicos e sociais que padecía a nosa terra.
- Crítica á discriminación da muller.
Lingua:
Emprega unha lingua coloquial e espontánea, cunha sintaxe e cun léxico sinxelos.
Estilo:
De aparente sinxeleza, baséase nunha reelaboración culta das formas da poesía popular.
Cantares Gallegos:
Foi o primeiro libro da lingua galega contemporánea, publicouse o 17 de maio de 1863. Agrúpase nos seguintes grupos temáticos:
- Costumistas: Mostran o xeito de vivir das xentes do mundo rural e afástanse dos tópicos ridiculizados aos que estes eran sometidos.
- Sociais: Denuncian a marxinación á que estaba sometida Galicia polo poder central. Critícanse problemas como a miseria dos campesiños e a burla que se fai deles fóra do país.
- Intimistas: De carácter máis subxectivo, expresan as vivencias máis fondas da autora, xeradas de dor ou de saudade.
Follas Novas:
Foi publicado en 1880, está dividido en 5 partes: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra, As viúvas dos vivos e As viúvas dos mortos. Trata temas sociais e costumistas, pero engade un tema novo: reflexión filosófica e existencial: expresión da saudade e a angustia.
Poesía subxectiva:
De carácter máis intimista e existencial.
Poesía obxectiva:
De carácter máis colectivo, trata problemas da emigración, a pobreza do eido rural ou a situación de dependencia da muller labrega.