Evolución da Cosmoloxía e Leis do Movemento: De Aristóteles a Newton
Enviado por Chuletator online y clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,96 KB
Newton e Galileo: Dúas Visións do Movemento
A confrontación de ideas sobre o movemento e a estrutura do universo marcou un punto de inflexión na ciencia:
- Galileo: O movemento é circular, propio dun universo finito.
- Newton: O movemento é rectilíneo, propio dun universo finito.
Leis do Movemento de Newton
As tres leis fundamentais que rexen o movemento dos corpos:
- 1ª Lei da Inercia: Todo corpo persevera no seu estado de repouso ou de movemento uniforme rectilíneo, a non ser que sexa obrigado por forzas imprimidas a cambiar de estado.
- 2ª Lei da Forza: O cambio de movemento é proporcional á forza motora imprimida e acontece segundo a liña recta ao longo da cal aquela se imprime.
- 3ª Lei da Acción e Reacción: Con toda acción acontece sempre unha reacción igual e contraria; ou sexa, as accións mutuas de dous corpos sempre son iguais e dirixidas en direccións opostas.
A Mecánica Celeste e a Gravitación Universal
A comprensión do universo e o movemento dos corpos celestes:
- Paso da forza e atracción á gravitación universal, cuxa consecuencia é que os planetas se trasladan arredor do Sol obedecendo á 2ª e 3ª lei de Kepler.
- A forza centrípeta.
- A gravidade é a forza de atracción gravitatoria.
- Os planetas gravitan cara ao Sol e o Sol faino cara aos planetas.
Funcionamento dos Planetas
Newton recolle o tempo e o espazo absolutos.
Cosmoloxía Medieval: Modelos do Universo
A visión do cosmos antes da revolución científica:
Sistema Homocéntrico de Eudoxo
Adoptado por Aristóteles. Eudoxo intentou reproducir o movemento da Terra e situou cada planeta na máis interior dun niño de esferas homocéntricas que xiraban a distintas velocidades e sobre distintos eixes con centro na Terra.
No século XIII, a astronomía entendíase desde dúas perspectivas enfrontadas:
- A filosofía natural de Aristóteles, centrada na argumentación das esencias e no razoamento lóxico.
- A astronomía matemática, que operaba con modelos xeométricos.
Sistema de Ptolomeo
Sumoulle o Ecuante, recollendo os recursos xeométricos de Apolonio e Hiparco.
Sistema de Epiciclo/Deferente
Sistema da Excéntrica
A Síntese Post-Ptolomeo e a Proposta de Copérnico
A partir de Ptolomeo, ensaiouse unha síntese entre ambos os dous sistemas, onde os movementos planetarios eran explicables mediante técnicas xeométricas. Copérnico, insatisfeito coa astronomía técnica, postulou o heliocentrismo e o movemento terrestre. Isto obrígao a postular determinadas teses físicas e cosmolóxicas a partir da astronomía técnica.
A Cosmoloxía Aristotélica: A Visión Dominante
A imaxe cosmolóxica aristotélica foi a predominante ata a publicación de Copérnico en 1543. A imaxe medieval coincide con esta imaxe aristotélica, apoiada en:
- Un cosmos finito, de figura esférica, central e cunha periferia absolutos.
- O mundo enténdese como único e finito (criatura froito da decisión libre de Deus), e está chamado a un fin.
- Un cosmos cunha estrutura xerarquizada en dous niveis:
- Mundo sublunar: Formado por terra, auga, lume e aire.
- Mundo celeste: Formado polo éter ou quinta esencia e por dous tipos de esferas concéntricas.
- No centro estaba o mundo sublunar, formado por terra, auga, aire e lume. Logo estaba a Lúa e o mundo supralunar, formado pola quinta esencia, con Mercurio, Venus, o Sol, Marte, Xúpiter, Saturno e as estrelas.