Evolución da Conciencia Lingüística en Galego

Enviado por airamotcefrep y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,98 KB

Evolución da Conciencia Lingüística

A conciencia lingüística é o conxunto das actitudes que os falantes teñen sobre a súa lingua; forma parte da súa identidade e contribúe a mellorar a tolerancia e o respecto, etc. Ten carácter social e transmítese de xeración en xeración. Cando dúas linguas entran en contacto favorece que os falantes tomen conciencia da súa propia lingua.

A Conciencia Lingüística Romance

Nalgún momento indeterminado, a diferenza entre o latín escrito e a lingua oral popular favoreceu a aparición da escrita en romance. Os primeiros testemuños no noso territorio localízanse a comezos do s.XII nun documento procedente de Braga. A fins do s.XIII un trovador catalán identifica o provenzal, o francés, o siciliano e o galego. A comezos do s.XIV aparecen as primeiras gramáticas romances sinal da identidade e identificación das linguas romances e da súa consideración como linguas oficiais.

Antecedentes da Conciencia Lingüística (ata 1840)

Na Idade Media nos territorios románicos o latín usábase só como lingua escrita nos rexistros formais e o dialecto de cada zona usábase como lingua oral informal. Desde finais do s.XII o galego é o idioma maioritario para a comunicación oral espontánea e desde o s.XIII aparece tamén como lingua escrita. No s.XIV irrompe en Galicia unha nova nobreza que emprega unicamente o castelán. Iníciase unha etapa caracterizada polo bilingüismo e a diglosia, un período de decadencia que o levará a ser percibido como unha fala popular.

Os Séculos Escuros: XVI e XVII

Durante este período o galego vai sendo relegado ao ámbito da fala e prodúcese a castelanización. O monolingüísmo en castelán afecta só ao sector foráneo.

O Século XVIII

No s.XVIII xorden as primeiras voces preocupadas polo noso idioma nunha época en que o galego se quería considerar como un dialecto do castelán. Un pequeno grupo de ilustrados galegos reivindicou o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa.

Primeiras Décadas do S.XIX

Nas catro primeiras décadas do s.XIX aparecen textos que non constitúen unha expresión do contexto social e político no que se desenvolven.

Etapa de Toma de Conciencia (1840-1915)

Aparece o desexo de consideración do galego xa como lingua propia e non como dialecto, a través do movemento provincialista e da publicación de textos como “A gaita gallega” de Xoán Manuel Pintos. Esa conciencia maniféstase coa publicación dos primeiros dicionarios e gramáticas e a prensa monolingüe en galego. Destacan as figuras de Valentín Lamas Carvajal (“O Tío Marcos da Portela”), e Manuel Murguía, que consideraba o galego como símbolo de identidade nacional. Nos últimos anos do s.XIX esta conciencia calará na creación de organismos como a RAG (1906)

Etapa de Afirmación da Conciencia Lingüística (1916-1939)

Entre 1916 e 1936 proponse a cooficialidade do idioma e aumenta a produción literaria en galego. En 1916 nace a primeira Irmandade da Fala. O emprego do galego nos actos públicos, e o aumento do emprego en espazos reservados ao castelán mostran a afirmación da conciencia lingüística. É salientable o pulo da literatura especialmente en prosa, como “O porco de pé” de V.Risco ou “Cousas” de Castelao e a universalización do idioma a través da poesía de vangarda. Só entre 1923 e 1931 (Ditadura de Primo de Rivera) veranse freados os avances. Importante o aumento da actividade editorial. Aparecerán persoas concienciadas coa defensa e dignificación do idioma: Otero Pedrayo, Castelao, etc.

Etapa de Resistencia (1939-1975)

Logo da Guerra Civil os avances sufriron un serio contratempo ao instaurarse unha ditadura. A progresión viuse freada e será unha época de resistencia ata 1950. A actividade no exilio é ampla pola confluencia dos grandes galeguistas que fan producións de carácter reivindicativo como Castelao ou Seoane. A partir de 1950 creáronse vehículos de transmisión da lingua como a editorial Galaxia (1950). Apareceron as primeiras mostras de defensa do idioma como Celso Emilio Ferreiro (“Longa noite de pedra”) ou a creación da Nova Narrativa Galega. En 1965 creouse a Cátedra de Lingua e Literatura Galegas.

Etapa de Reafirmación da Conciencia Lingüística (1975-Actualidade)

Coa chegada da democracia, as circunstancias parecían favorecer o espallamento da conciencia lingüística. Na realidade, o sistema democrático e autonómico non mellorou o que se esperaba a conciencia lingüística debido a falta de implicación, a pouca receptividade de sectores como a administración, o exército, etc. A isto hai que engadir que moitos galegos son educados en castelán por ser unha lingua de aparente maior proxección social. Todo isto provocou un claro descenso no número de galego falantes; no futuro espérase un retroceso no uso do idioma entre a xente máis nova. Polo tanto, se require a actuación a nivel individual e colectivo.

Entradas relacionadas: