Evolución e Comportamento Humano: Teorías Fundamentais e o Proceso de Socialización
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,43 KB
Conceptos Fundamentais sobre a Natureza Humana
O Concepto de Natureza
O termo natureza aplícase ao conxunto de seres naturais (minerais, plantas e animais), incluíndo tamén o ser humano.
Deriva do termo grego physis, que se refire á esencia, ao conxunto de características e calidades que fan que unha cousa sexa como é e se diferencie das demais.
Teorías Clásicas e Contemporáneas sobre o Comportamento
Fixismo
Esta teoría científica foi creada por Aristóteles no século IV a.C. Sostén que as especies e os xéneros son eternos, inmutables e permanecen inalterables de xeración en xeración. Ademais, a bioloxía interésase pola especie e non polos individuos.
Evolucionismo
Xurdiu na segunda metade do século XIX. Defende que o noso modo de ser e o noso comportamento é resultado da evolución biolóxica, xa que a natureza dítanos como proceder.
Sen embargo, as teorías evolutivas anteriores non incluían o feito da esencia dos seres vivos e sostiñan que esta viña nos xenes. Grazas á evolución do cerebro, temos unha capacidade que nos permite entender o mundo do modo en que o facemos.
A Teoría de Lamarck (Séculos XVIII-XIX)
Lamarck elaborou unha teoría que intenta explicar a evolución das especies (excepto a do ser humano). Esta teoría di que as especies evolucionan dunha forma simple a outra máis complexa por un cambio no medio no que viven.
Todas as especies vense obrigadas a evolucionar a partir das transformacións anatómicas que poden ser:
- Hipertrofia por uso: Estas transformacións iranse herdando.
- Atrofia por desuso.
As especies que conseguen sobrevivir no medio por un cúmulo de transformacións convértense nunha nova especie. As que non o conseguen acaban por extinguirse.
Etoloxía
Estuda o comportamento dos animais no seu medio natural. Sostén que gran parte do noso comportamento se debe á información que provén dos nosos xenes, polo que os humanos podemos aprender e decidir como nos comportamos, pero non podemos evitar os nosos instintos.
Ademais, para os primeiros etólogos, o instinto era menos prexudicial para o mundo que a nosa cultura.
Filosofía e Existencialismo (Séculos XIX-XX)
Algúns filósofos sostiñan que os seres humanos non posuían natureza, xa que cada un é dunha forma en función das experiencias vividas. Polo tanto, o ser humano é tal debido á súa historia.
Máis tarde, o existencialismo afirmou que non temos natureza biolóxica instintiva e que isto supón unha condena para nós, xa que o ser humano ten que elixir en cada situación en vez de responder con instintos automáticos.
Condutismo (Behaviorismo)
É unha teoría psicolóxica que rexeita a existencia dos instintos e apóiase na conduta para explicar o comportamento do ser humano. Sostén que a nosa mente é como un papel en branco (tabula rasa) e, a medida que medramos, aprendemos máis cultura.
Nesta perspectiva, todos somos iguais ao nacer, pero o que nos fai diferentes é a cultura e o que sucede ao noso redor. Non existe a natureza humana innata.
Sociobioloxía (Século XX)
Defende que existe unha predisposición a comportarnos instintivamente ante un problema habitual, xa que o ser humano conta con estratexias que se foron almacenando nos xenes que dirixen a conduta.
Estes comportamentos resultan da selección dos xenes que nos benefician para superar certos estímulos ambientais, cos que nos enfrontamos ao longo da evolución. Con todo, que os xenes nos fagan comportarnos dunha maneira non quere dicir que sexa o comportamento adecuado. Non temos que seguir sempre os instintos.
Xenética Condutual (Século XXI)
Sostén que os trazos humanos de conduta son herdados, xa que a nosa actitude é herdable aínda que dependa de nós o seu desenvolvemento.
Ademais, a influencia da educación familiar é mínima, moito menor ca dos xenes. Tendo en conta a cultura, valores e destrezas, pesa máis o grupo de amigos que a familia, pero non é así na formación da personalidade.
Tamén, a metade dos trazos de conduta non obedecen nin á educación nin aos xenes e descoñecemos a súa causa.
O Proceso de Socialización
O proceso de socialización consiste en desenvolver capacidades neuronais que, doutra forma, se perderían. Estas capacidades permítennos adaptarnos á comunidade e así poder vivir en sociedade.
Características da Socialización
- Aprendizaxe de patróns culturais: Para formar parte da sociedade, o individuo debe aprender algúns dos modelos culturais, como os valores e as condutas.
- Interiorización: Todo o que aprendemos cando somos nenos queda interiorizado, pois asumimos que é a forma normal de facelo, xa que todo o mundo o fai así. Convértese na nosa forma habitual de pensar e ver o mundo.
- Estabilidade psicolóxica: É froito da integración na cultura que nos rodea para relacionarnos cos demais.
Etapas da Socialización
- Socialización Primaria: Son os primeiros 5 anos de vida. O ser humano nesta etapa realiza as aprendizaxes máis importantes nun contexto familiar. Os nenos xogan copiando os roles dos adultos e prepáranse así para recrealos no futuro.
- Socialización Secundaria: Dura o resto da vida dun ser humano. Nesta etapa pódense cambiar cousas aprendidas anteriormente. A medida que se crece, vaise formando parte de sectores da sociedade como a escola e o traballo.
Resocialización
Consiste en volver interiorizar outra cultura (un modo distinto de entender o mundo). Neste proceso cámbiase todo o aprendido anteriormente.
Hoxe en día, este concepto aplícase tamén a momentos puntuais nos que se intensifica a socialización secundaria (inserción no mundo laboral ou xubilación). Pásana todos aqueles que sofren unha crise persoal ou os que teñen que adaptarse a outro modo de vida.
Axentes da Socialización
Son aqueles que permiten ou impoñen diferentes aprendizaxes. Os principais axentes son:
- A Familia: Ensina pautas de comportamento e valores.
- As Amizades: Establecen regras de conduta.
- A Escola.
- Os Medios de Comunicación.