Evolución y Características de la Nueva Narrativa Gallega (Años 60-70)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,52 KB

La Narrativa de los Años 60-70: La Nova Narrativa Galega

Conocéuse co nome de Nova Narrativa Galega ao conxunto de obras publicadas entre finais dos anos 50 e a década dos 70 do século XX, que supuxeron a renovación narrativa galega mediante a inclusión de temas e técnicas da literatura europea do momento.

Trazos Característicos dos Autores da Nova Narrativa Galega

  • Actualización dos temas e formas narrativas da nosa literatura.
  • Desexo de contribuír ao proceso de normalización do galego.
  • Asumir a ideoloxía e influencia da literatura europea, especialmente da corrente francesa do Nouveau Roman e de autores como James Joyce e Franz Kafka.
  • Interese pola análise.
  • Irrupción no sistema literario galego a través da colección Illa Nova da Editorial Galaxia.

Características Temáticas e Técnicas da Época

Esta etapa destacou polas seguintes características:

  • Creación de universos onde a realidade e a fantasía se mesturan.
  • Presenza da violencia e a morte nos temas.
  • Personaxes conflitivos que se senten perdidos no mundo que habitan.
  • Relevancia aos pensamentos internos.
  • Preferencia pola voz narrativa testemuña.
  • Narración dun mesmo feito a partir de perspectivas diferentes e pouco frecuentes.
  • Os personaxes exprésanse mediante monólogos interiores.
  • Emprego de analepses (flashbacks) e prolepses (flashforwards).

Autores Representativos

UXÍO NOVO NEYRA

Naceu nunha familia labrega. Tivo amizade con Manuel María mentres estudaba o bacharelato en Lugo, e ambos integráronse no ambiente cultural da época, entrando en contacto con Ánxel Fole, Ricardo Carvalho e Álvaro Cunqueiro.

Durante a súa mocidade viviu en Santiago de Compostela, ata que unha doenza o obrigou a regresar ao Courel. A paisaxe do Courel constitúe a maior fonte de inspiración para a súa produción poética.

Practicamente recluído na montaña, neste período ve a luz o seu poemario Os Eidos, onde a natureza do Courel se presenta inmensa. O escritor residiu durante un tempo en Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto e se achegou á poesía social.

MANUEL MARÍA

É unha das personalidades máis destacadas da literatura galega polo seu labor como editor, libreiro, concelleiro, etc. Inaugura a vía existencialista da Xeración dos 50 coas obras Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre e Advento.

A súa obra máis significativa é Terra Cha, que é un canto de amor á súa paisaxe natal. A finais da década dos 50 incorpórase á corrente socialrealista.

O escritor desenvolve a profesión de procurador en Monforte de Lemos. As principais liñas temáticas da obra literaria do autor son a reivindicación dos dereitos de Galiza e a dignificación da lingua galega.

A Narrativa e Poesía Actual

Narrativa Actual

As características da narrativa contemporánea inclúen:

  1. Temas variados, pero con certa preferencia pola narrativa histórica.
  2. Incorporación de mulleres á escrita.
  3. Máis títulos publicados por ano, especialmente desde a incorporación do galego no ensino.

Autores destacados: Xohan Cabana, Teresa Moure, Manuel Rivas.

Poesía Actual

Desde o inicio da década dos 90, prodúcese unha renovación dos temas poéticos:

  • Inclusión do ecoloxismo.
  • Presenza do intimismo e incorporación de mulleres.
  • Poemas máis breves.
  • Formación de novos grupos literarios (Batallón Literario da Costa da Morte, Humilladoiro, Redes Escarlata, Dolmen…).
  • Novos formatos para a poesía con música e aparición de iniciativas de autoedición como Letras de Cal.

Autores destacados: Yolanda Castaño, Olga Novo, Fran Alonso, María do Cebreiro.

Entradas relacionadas: