Evolución da Avaliación Curricular: Axentes e Tipos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,92 KB

21. Describe como evolucionou a avaliación curricular, sobre todo no contexto dos Estados Unidos, ao longo do século XX e na primeira década do XXI. Indica que tipo de estudos se poden identificar dentro da avaliación realizada por axentes externos e cales dentro da realizada por axentes internos e describe, brevemente, as súas características. As diferentes avaliacións (do currículo, do alumnado, da función docente, da función directiva, de diagnóstico...) mencionadas na lexislación en que tipoloxía se encadran e por que? Os principios de avaliación aos que alude Miguel Ángel Santos Guerra (2010), encaixan mellor na descrición da avaliación realizada por axentes externos ou internos? Por que? Que tipos de inspección se contemplan no marco lexislativo actual e cal é o seu cometido en cada caso. Argumenta as respostas.

Evolución da Avaliación Curricular

  • Primeiras referencias á avaliación curricular: anos 30 do S.XX (traballos de Ralph Tyler, que propón delimitar os obxectivos educativos e medir os resultados de aprendizaxe do alumnado, despois de desenvolver o currículo, comparándoos con aqueles. Emprego de tests).
  • Impulso á avaliación curricular mediante a lexislación educativa: finais dos anos 50 nos EEUU.
  • Incidencia da crise dos 70 na educación: a inversión en educación non produciu o desenvolvemento económico e benestar esperados. Recortes en educación e control compartido do currículo (profesorado + outros axentes).
  • Década dos 80 en EEUU: intento de restar poder ás axencias de avaliación independente (a. externa) e creación de sistemas de avaliación dependentes dos estados (a. interna): problemas de credibilidade e procedemento.
  • De finais dos 80 ata a actualidade: creación de institucións ad hoc para a avaliación da calidade dependentes dos Ministerios de Educación. Predominio do discurso económico e aplicación de modelos de xestión e avaliación empresarial ás institucións públicas.
  • Atribución da responsabilidade do éxito/fracaso educativo ao profesorado e institucións educativas e establecemento do control centralizado do currículo (avaliación): falsa autonomía dos centros.

Avaliación por Axentes Externos

  • Predominio das avaliacións centradas nas aprendizaxes do alumnado en determinadas áreas do currículo.
  • Tipos de estudo:
    • Centrados na avaliación xeral do currículo das distintas etapas e ciclos do sistema educativo: contexto internacional, realizadas polos Institutos de Avaliación e outros organismos creados polos Ministerios de Educación de diferentes países, analizan áreas curriculares existentes no currículo dos distintos países.
    • Avaliación diagnóstica realizada en determinados cursos de distintas etapas educativas.
  • Tipos (Avaliación Diagnóstica):
    • Estudos mostrais (mostra). Av. Externas. Propósito: diagnóstico do sistema educativo.
    • Estudos censais (todo o alumnado). Av. Internas. Propósito: elaborar plans de mellora.
  • Limitacións (Avaliación Diagnóstica):
    • Centradas só en determinadas áreas.
    • Consideran os resultados como criterio de calidade sen ter en conta outras variables.
    • Non se empregan para definir políticas e formular propostas de mellora e a interpretación dos resultados é limitada.
  • Avaliación do sistema de medidas do valor engadido. Miden os efectos da escolarización no alumnado. Baséanse nos resultados das cualificacións.
  • Limitacións (Valor Engadido):
    • Son só un instrumento de avaliación.
    • Non aportan información sobre as causas dos resultados.
    • As medidas dependen da calidade dos datos.
    • Non aportan solucións rápidas ou respostas correctas aos problemas de mellora das escolas.

Entradas relacionadas: