Eventos Clave da Historia de España: Ditadura de Primo de Rivera e Segunda República
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en español con un tamaño de 4,96 KB
A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
O 15 de setembro de 1923, o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, sublevouse, declarando o estado de guerra. Impuxo unha ditadura que constaría de dúas etapas:
- Directorio Militar (1923-1925): O goberno estaba formado exclusivamente por militares.
- Directorio Civil (1925-1930): O poder da ditadura estaba en mans dun grupo de civís vinculados á Unión Patriótica.
Etapas e Obxectivos
Na primeira etapa, o obxectivo principal era restaurar a orde e eliminar o caciquismo en España. Para conseguilo, Primo de Rivera:
- Suspendeu a Constitución de 1876.
- Disolveu o Parlamento.
- Creou a Unión Patriótica como partido oficial da ditadura.
Na segunda etapa, buscou institucionalizar o réxime e afastarse da ditadura militar. Para conseguilo, creou a Asemblea Nacional Consultiva e a Organización Corporativa do Traballo, e intentou instaurar un sistema político corporativo.
Apoios e Oposicións
Ambos Directorios tiveron apoios, pero tamén oposición:
- Directorio Militar: Contou co apoio dos militares, do rei, da Igrexa e da burguesía. Loitou contra a oposición dos nacionalistas, anarquistas e comunistas.
- Directorio Civil: As relacións co exército e o rei debilitáronse, e contou cunha oposición xeneralizada, incluíndo republicanos, anarquistas, socialistas, estudantes e intelectuais.
Política Económica
Aínda que no Directorio Militar existiu un certo intervencionismo e proteccionismo, non foron tan importantes como no civil. Neste período, houbo un forte fomento do intervencionismo estatal e do proteccionismo arancelario, así como a creación de monopolios para garantir a subministración de determinados servizos. Tamén se estableceron institucións reguladoras que procuraban o autoabastecemento e o investimento para o desenvolvemento de infraestruturas.
Conclusión da Ditadura de Primo de Rivera
En conclusión, Primo de Rivera non conseguiu solventar os problemas de España, polo que parte da oposición reuniuse no Pacto de San Sebastián e loitou por establecer unha república mediante folgas, como por exemplo a Sanjuanada.
A Segunda República Española (1931-1936)
A oposición a Primo de Rivera reuniuse no Pacto de San Sebastián e realizou un pacto verbal para loitar por unha República. Acabaron conseguíndoa o 14 de abril de 1931, despois de que o comité provisional tomase posesión do goberno e proclamase a Segunda República en medio do entusiasmo popular.
Dentro da Segunda República, debemos destacar dous períodos moi marcados:
- Bienio Reformista (1931-1933)
- Bienio Negro (1933-1936)
Comparativa de Gobernos
No Bienio Reformista, gobernaron republicanos de esquerda e socialistas liderados por Manuel Azaña. En cambio, no Bienio Negro, o poder posuíano o Partido Republicano Radical de Lerroux co apoio parlamentario da CEDA de Gil Robles.
As relacións de ambos gobernos foron moi distintas:
- No primeiro, a oposición baseábase na dereita (CEDA e monárquicos) e parte da esquerda radical (PCE, CNT, FAI).
- Pola outra banda, o goberno de dereitas tivo como oposición á esquerda revolucionaria.
Reformas e Contrarreformas
Cada Bienio tivo un obxectivo diferente e, polo tanto, unha forma de actuar distinta.
Bienio Reformista (1931-1933)
O obxectivo principal era a modernización de España. Para conseguilo, levouse a cabo unha serie de reformas:
- Redistribuíronse as terras para os campesiños (Reforma Agraria).
- Reduciuse o poder militar e reformouse para facelo máis profesional.
- Eliminouse o financiamento público do clero, separando a Igrexa do Estado.
- Recoñeceuse o Estatuto de Autonomía de Cataluña e impulsáronse os do País Vasco e Galicia.
- Creáronse máis escolas públicas laicas.
Bienio Negro (1933-1936)
O obxectivo foi corrixir e frear todas as reformas do anterior Bienio, restaurando valores conservadores. Entre as correccións destacaron:
- A devolución de terras aos antigos propietarios.
- A restauración do financiamento á Igrexa.
- O freo á educación laica.
O Fin da Segunda República
A corrupción e os escándalos de 1935 polo goberno do Bienio Negro precipitaron novas eleccións que gañaría en 1936 a Fronte Popular. A polarización política desembocou no Golpe de Estado de xullo de 1936, dando inicio á Guerra Civil Española.