Ética: Material, Formal, Eudemonismo, Hedonismo

Enviado por jasvi y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB

Condición Ética do Ser Humano

A moralidade é unha característica coa que nace o ser humano; somos morais porque somos humanos. En toda acción moral hai elementos que temos que analizar para comprender as teorías éticas e as súas descricións da bondade:

  1. Toda acción moral consta de motivación e intención. A partir de aquí, propoñémonos os nosos obxectivos e escollemos os medios para conseguilos.
  2. Hai que prestar gran atención ao proceso de deliberación e elección.
  3. O resultado e as consecuencias da acción son tan importantes coma a intención e a elección dos medios.
  4. A acción humana tamén vai acompañada de sentimentos que nos axudan a recoñecer o ben, xa que cos sentimentos aprobamos ou rexeitamos as cousas.
  5. A acción ética transforma a quen a realiza, forma o carácter moral ou o modo de ser dunha persoa.

Éticas Materiais

Éticas que se preocupan polo contido da acción que hai que realizar; pregúntanse polo "que".

Eudemonismo (Aristóteles s. IV a.C.)

O fin do home é a felicidade, que consiste na actualización da tendencia natural que caracteriza ao ser humano: a razón. Segundo Aristóteles, alcánzase pensando.

Hedonismo (Epicuro s. IV-III a.C.)

O ben e a felicidade consisten na busca do pracer e na evitación da dor para un mesmo.

Utilitarismo (Bentham, Stuart Mill)

Identifican o ben coa utilidade. O valor moral reside no logro da máxima felicidade para o maior número de persoas. Renunciar a algo en beneficio dos demais.

Ética Material dos Valores (Max Scheler s. XX)

Segundo Scheler, os valores son calidades ideais das cousas, pero obxectivas. Son ideais universais.

Éticas Formais

Son aquelas que non formulan ningún contido como ben; o que determina a bondade da acción é o "como".

Formalismo Kantiano (s. XVIII)

Kant rexeita as éticas anteriores a el porque non poden fundar a universalidade e a necesidade. Unha moral universal e necesaria non pode ser material, ten que ser formal. A bondade da acción baséase no modo de actuar (axudar ou fuxir nun accidente).

Formalismo Existencialista (Sartre s. XX)

Sartre considera que a existencia do ser humano non está determinada por ningún valor anterior ás súas decisións; non hai nada que defina o que é a persoa nin o que ten que facer. A bondade da acción consiste no seu carácter radical e libre.

Éticas do Discurso (Apel e Habermas s. XX)

É unha reformulación da ética kantiana, na que substitúen a conciencia individual por un suxeito colectivo. Tamén corrixen a excesiva vacuidade das súas máximas, investigando a posibilidade duns contidos mínimos universalizados por consenso.

Entradas relacionadas: