A Ética Aristotélica: Virtudes, Felicidade e o Xusto Medio

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,56 KB

Aristóteles e a Felicidade: Unha Exploración das Virtudes

Para Aristóteles, a felicidade consiste na actividade da alma segundo a virtude. Deste xeito, a ética aristotélica converteuse nunha teoría da virtude, que se divide en virtudes dianoéticas e, por outro lado, as virtudes éticas e prácticas.

Virtudes Dianoéticas

As virtudes dianoéticas perfeccionan a nosa capacidade de coñecer. Poden ser:

  • Facultade Científica

    Son aquelas coas que contemplamos os obxectos que son necesarios (aquilo que é desa forma e non pode ser doutra forma).

    • Nous: intuición e entendemento, grazas aos cales coñecemos de xeito intuitivo os principios.
    • Episteme: tradúcese por ciencia, e a súa función é o coñecemento do universal e o necesario a través da demostración.
    • Sophia: sabedoría, integra as dúas anteriores e é unha mestura da intuición e da ciencia.
  • Facultade Razoadora

    Son aquelas que se ocupan do continxente, ou sexa, o que non é necesario (aquilo que é así pero pode ser doutra forma. Pode incluso non ter sido nunca e, de feito, vai deixar de ser).

    • Tekne: é arte e é a disposición pola que facemos as cousas coa axuda dunha regra verdadeira. Aristóteles propón a regra do xusto medio, que consiste en non pecar nin por defecto nin por exceso; non quedarse curto nin pasarse, porque no medio está a virtude.
    • Phronesis: prudencia. É a virtude da ética e da política, a que relaciona as virtudes dianoéticas coas éticas. O home prudente é capaz de discernir, despois de deliberar, que é bo e que é malo en cada situación particular. Aristóteles propón como modelo de home ao "Homo Phronimos", que ten carácter serio, sabe o que é bo e o que é malo e, prudentemente, trata de deliberar ante calquera situación ou problema. A prudencia consiste en, antes de facer ou dicir algo, ver cales son as consecuencias nos demais do que imos facer ou dicir e, despois de deliberar, facelo ou non, pero a decisión é firme.

Virtudes Éticas

A primeira virtude ética é o xusto medio. É un hábito que consiste en elixir. O termo medio está en relación co carácter, coa firmeza e co home prudente.

No medio está a virtude. Non recae nin por exceso nin por defecto.

A Xustiza

A segunda virtude ética é a xustiza, a máis importante das virtudes con respecto ao Estado. Consiste en repartir tanto os beneficios e as ganancias como os males. A xustiza enténdese de dúas formas:

  1. Legalidade (xustiza comunitaria): consiste en actuar conforme ás leis.
  2. Igualdade (xustiza particular): á súa vez divídese en igualdade aritmética e proporción xeométrica. Esta última é a que, segundo Aristóteles, debe funcionar na política e no Estado, mais tamén na vida privada, e consiste na distribución en relación aos méritos.

A Amizade

A amizade vén do grego philia e é unha relación de concidadanía e familiar, amor ao outro, xenerosidade. Hai tres tipos de amizades:

  • Baseadas no pracer.
  • Baseadas na utilidade.
  • Baseadas no ben: esta última é a auténtica amizade.

Esta amizade ten moito que ver coa virtude da fortaleza.

Consiste en non precisar de nada ou ninguén, valerse por si mesmo.

Entradas relacionadas: