Estudo da Poboación e do Hábitat
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,22 KB
POBLOACIÓN E HÁBITAT: ESTUDO DA ÁREA NATURAL
Entendendo ao home como organismo, a poboación é un agregado de cousas dispares ou individuos que cada un deles responde a unha definición dada e que mantén a súa identidade a través do tempo, existindo durante un intervalo limitado de tempo. Leva implícito un lazo de relación, de pertenza. Exemplo: estudante, agregado que ten unha definición dada, que cada un ten a súa identidade e que só existe durante un tempo. A poboación é un dato, é un algo abstracto, un número e non nos dá máis información ca o número de individuos. É unha primeira aproximación cuantitativa cara aos individuos. A poboación relaciónase cos conceptos de comunidade e hábitat. As súas peculiaridades afectan ao proceso de adaptación ao espazo.
HÁBITAT
O hábitat é o lugar de residencia dunha poboación ou comunidade, o espazo. Falamos do hábitat porque os seus condicionantes condicionan a adaptación. O hábitat é esa primeira fase que é o espazo. Hai distintas acepcións de hábitat segundo quen:
- Área natural: é a primeira aproximación, calquera delimitada por costas, ríos, montañas, definida por elementos naturais ou calquera unidade fisiográfica. Área física recoñecida. Para os xeógrafos, a rexión é calquera porción da superficie con condicións físicas que a delimitan como unidade recoñecida.
- Área cultural: depende de focos onde se atopa a cultura, atópase ligada a anacos de terreo, pero non está distribuída homoxeneamente, senón que se dispersa. Os feitos culturais vanse expandindo de forma gradual en función dos puntos focais. A distribución pode ser lineal, ligada a un tranvía, ou nuclear, pero nunca é homoxénea. O importante é a relación entre ambas áreas. Cando falamos de área cultural, falamos da área de uso humano.
Polo tanto, introdúcese un novo concepto, o de uso. ¿Como se explica a área cultural dunha praia? ¿Como son os lazos e relacións entre a xente de hoxe? Debemos entender a praia como un espazo colectivo público onde se reúnen e logo desaparecen. Isto non ten nada que ver co que está detrás, que é a parroquia e as relacións que ten, que son distintas.
O determinismo do medio inflúe no xeito de desenvolver a vida humana (postura determinista); o medio inflúe e limita, pero non determina (postura posibilista). A rexión é a área dentro da cal a combinación de factores demográficos e o medio crean unha homoxeneidade social e económica (resultante de poboación + medio). Para entender todos os elementos que influen na sociedade, podemos incluir algúns elementos ou actuacións humanas que sí inflúen na sociedade que desenvolven. Ao estudar a área natural, deberíamos estudar os factores de interese da sociedade, incluíndo tamén a capacidade tecnolóxica do medio. Neste caso, a área de relación aumenta. Incluíndo estes dous aspectos anteriores, poderíamos definir as áreas con maior facilidade. Hai certos aspectos culturais que implican territorios máis amplos. Existe unha relación entre a área natural e a adaptación. No proceso de adaptación, sempre se fai un reflexo do medio físico. Para o estudo da área natural e cultural, aínda segue sendo importante a área política. Os datos sempre se apoian en datos políticos.
O CENSO
Hai unha relación directa entre o número e o benestar. Polo tanto, o número é un factor importante nas relacións. O volume dunha poboación sábese polo censo (reconto completo a intervalos regulares de tódalas persoas dunha área determinada). O primeiro reconto da historia é o de Carlomagno, logo os dos países nórdicos, Canadá... Nacen pola necesidade, curiosidade de saber cántas persoas pertencen ás áreas. Os censos cualifican os datos da poboación. Os censos teñen datos distintos nas distintas áreas e ademais poden non ser fiables nalgúns aspectos. Aporta volume, con graos de liberdade dentro do volume. Censo por dereito, censo por feito (facto). Sobre todo en Galicia, os primeiros datos recollíanse nas igrexas. Antes era obrigatorio o bautismo. Agora eses datos non nos serven.