estryxhcjc
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
español con un tamaño de 4,44 KB
4 As transformacións que experimentou a estructura sectorial do PIB a prezos correntes na economía galega ao longo das últimas décadas tiveron en boa medida a súa orixe no distinto comportamento dos prezos relativos dos diversos sectores. Resume a dinámica deses prezos relativos por sectores e indica os seus factores explicativos.
Esa distinta evolución dos prezos relativos en comparación aos prezos correntes, entre a agricultura e a industria por un lado, e a construción e os servizos polo outro, explícase principalmente por 3 factores:
-As diferencias no comportamento das productividades sectoriais (distinto ritmo de crecemento da productividade real no traballo entre uns e outros sectores), que pode traducirse no abaratamento dos seus productos.
-Efectos da crecente apertura e liberalización exterior rexistrada e o grado moi diferente de expansión á competencia exterior duns e outros sectores. A agricultura, pesca e industria están moi expostas ao comercio exterior, xa que son movibles, mentres que a construción e os servizos téñense que dar insituos, non son comerciables a distancia.
-Diferencias na estrutura e no marco regulatorio dos mercados nos diferentes produtos nointerior da economía española. Un claro exemplo disto son os produtos agrarios, que teñen multitude de oferentes que por si sos non teñen ningunha capacidade de incidir na fixación dos seus prezos. Fronte a eso, está o poder de negociación das industrias agroalimentarias (xa que os produtos agrarios se empregran para a elaboración doutros produtos). As cadeas de distribución son as que impoñen o poder de negociación fronte á industria.
A dinámica dos prezos relativos tamén inflúe ás actividades externas e internas da economía do país.
-As actividades externas, que son aquelas sometidas a mercados exteriores, que destinan unha boa parte da sua produción ao exterior e están sometidas á competencia externa. Son outro motor principal: continuo deterioro dos prezos que contribúen á baixada do PIB e exercen fortes arrastres sobre os sectores de servicios. Comprenden ao sector agrario, pesca, enerxía e industria manufactureira.
-As actividades internas, que dependen do mercado interno, dirixen a súa produción total ou case totalmente ao mercado interno, e non se ven afectadas de modo significativo pola competencia exterior. Inclúese aquí a construción e o sector servizos. Van arrastradas polas actividades externas, increméntanse os seus prezos relativos e, polo tanto, alza do seu peso directo no PIB.