Estructura Económica y Organización Política del Estado

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 3,18 KB

Sectores de la Actividad Económica

O sector primario dedícase á extracción directa de recursos naturais, como a agricultura, a gandaría, a pesca e a minería. É a base da actividade económica, xa que proporciona as materias primas que utilizan os demais sectores.

O sector secundario transforma esas materias primas en produtos elaborados mediante procesos industriais. Inclúe a industria e a construción, e engade valor aos recursos ao convertelos en bens listos para o consumo.

O sector terciario enfócase na prestación de servizos, como o comercio, o transporte, a educación e a sanidade. Non produce bens materiais, pero é fundamental para o funcionamento da economía e o benestar da poboación.

El Estado: Definición y Elementos

Un Estado é unha organización política e administrativa que goberna un territorio de forma independente. Está dividido en tres partes:

  • Territorio: Delimitado por fronteiras, subsolo, espazo aéreo e espazo marítimo.
  • Poboación: Todas as persoas que residen no Estado, teñen poder ao sufraxio universal e posúen a nacionalidade dese país.
  • Soberanía: É o poder de gobernar o Estado; isto téñeno as persoas coa nacionalidade dese país.

Tipos de Estados según su Régimen Político

Estados democráticos

  • O poder reside no pobo.
  • Existen eleccións libres, periódicas e transparentes.
  • Hai separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial).
  • Respéctanse os dereitos humanos e as liberdades fundamentais (expresión, prensa, asociación).
  • Hai pluralismo político (varios partidos poden participar).
  • As leis aplícanse por igual a todos (Estado de dereito).

Dictaduras

  • O poder concéntrase nunha soa persoa ou nun grupo reducido.
  • Non hai eleccións libres ou son manipuladas.
  • Non existe unha verdadeira separación de poderes.
  • Límitanse ou elimínanse dereitos e liberdades.
  • Sae haber censura e control dos medios de comunicación.
  • A oposición política está prohibida ou perseguida.

Regímenes híbridos

  • Combinan elementos de democracia e de autoritarismo.
  • Existen eleccións, pero poden non ser totalmente libres ou xustas.
  • Hai certos dereitos e liberdades, aínda que con limitacións.
  • O goberno pode influír na xustiza ou nos medios.
  • A oposición existe, pero en condicións desiguais.

Formas de Gobierno

A monarquía é unha forma de Estado na que o xefe de Estado é un rei ou unha raíña, e o cargo adoita ser hereditario. Pode ser absoluta, se o monarca ten moito poder, ou parlamentaria, se a súa función é principalmente representativa e o goberno o elixen os cidadáns.

A república é unha forma de Estado na que o xefe de Estado é un presidente elixido polos cidadáns ou polo parlamento por un tempo determinado. O poder non é hereditario, senón que depende da vontade popular.

Entradas relacionadas: