Estratexias de Observación e Recollida de Información na Educación Infantil
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,14 KB
A observación vai permitir adaptar a intervención educativa aos contidos curriculares, as necesidades particulares e capacidades do neno. Os hitos evolutivos e os demais elementos da escola son importantes. É necesario planificar a avaliación do modo máis minucioso posible e saber qué, cómo, dónde, cándo, a quén e con qué avaliar.
A Observación como Instrumento de Intervención Educativa
Observación sistemática: dispón de instrumentos de observación e rexistro estudados e planificados de tal maneira que permitan recoller información obxectiva sobre determinados aspectos de interese para o observador.
Observación asistemática: non segue un plan establecido de antemán, senón que se limita a recoller todos os datos significativos que van xurdindo.
Técnicas de Recollida de Información
Observación Directa
É a técnica mediante a cal o avaliador comproba por si mesmo aquelas condutas que quere analizar. A observación pode ser dirixida a un membro do grupo, a unha parte do grupo ou a todos os membros do grupo.
A información obtida a través da observación pódese rexistrar en:
- Magnetófono.
- Gravacións en vídeo de experiencias, festas tradicionais, festas de convivencia, talleres.
- Fotografías realizadas en calquera momento do día en pequenas e grandes experiencias durante o período de adaptación, saídas, festas, representacións en actividades, etc.
Observación Indirecta
Obtense a través de probas de terceiras persoas, pais ou outros educadores.
Cuestionarios: consisten nunha serie de preguntas que se teñen que contestar por escrito. Cando o neno accede ao centro, entregaráselle aos pais un cuestionario para obter información sobre o desenvolvemento do neno, os seus hábitos, a súa saúde, datos familiares e outros que puideran ter interese. O cuestionario pode ter preguntas de resposta corta, de resposta aberta, preguntas dicotómicas (si ou non) ou escalas tipo Lickert (nunca, case nunca, a veces, case sempre, sempre).
A Entrevista
Intercambio verbal, cara a cara, entre dúas ou máis persoas, unha das cales, o entrevistador, intenta obter información da outra ou outras persoas. Estas preguntas poden estar perfectamente definidas, onde esixen respostas concretas e realízanse nunha orde prefixada de antemán. Neste caso, estamos ante unha entrevista estruturada. Se non hai preguntas definidas, senón que se parte dun guión que recolle os aspectos sobre os que nos interesa obter información, son as entrevistas semiestruturadas. Cando os docentes leven a cabo unha primeira reunión de tipo informal cos pais, onde a conversa xorde dun modo natural e espontáneo, considérase unha entrevista non estruturada ou improvisada.
O uso da entrevista con nenos de 0 a 3 anos é moi limitado debido ao seu nivel de desenvolvemento lingüístico. Aínda así, podemos utilizalas para coñecer diferentes cuestións pedíndolle que nos sinalen co dedo, que collan o que lles pedimos, etc. Podemos utilizar unha entrevista estruturada ou semiestruturada. Esta última é moito máis rica en información, xa que nos permite formular as preguntas en función da resposta anterior e adaptarnos ás características do neno. A entrevista ten unha especial importancia cos pais, xa que por unha banda permítenos obter información valiosa sobre o neno e por outra serve para establecer canles de comunicación e colaboración.
Instrumentos de Recollida de Información
- Os diarios: é un rexistro sistemático no que cada día se recollen todas as actividades, situacións e anécdotas da xornada mediante anotacións que se fan ao final da mesma.
- Axenda: cada neno ten a súa propia na que o profesor pode anotar o comportamento diario do neno, algún comentario significativo ou recordatorio.
- Os rexistros anecdóticos: rexistran condutas, comportamentos ou acontecementos que ao educador lle resultan significativos.
- Lista de control: consiste nun listado de indicadores de observación, ante os cales o educador sinala a presenza ou ausencia dunha conduta ou feito.
- Escalas de estimación:
- Gráficas: defínese unha conduta, suceso ou actitude ao longo dunha liña onde aparecerán os distintos valores a rexistrar.
- Numéricas: é similar á anterior, a única diferenza estriba en que neste caso á conduta se lle dá un valor numérico progresivo.
- Descritiva: recolle a aparición ou non dunha conduta e a actitude ou comportamento que mostra a persoa observada.
- Os códigos de conduta: conteñen unha serie de condutas agrupadas ou non en categorías moi ben especificadas e definidas, e o observador limítase a sinalar a súa aparición, frecuencia ou duración.
- Rexistros de produtos: os produtos son o resultado da actividade do suxeito, tarefas, desperfectos ocasionados.
- Procedementos automáticos de rexistro: o vídeo, fotografías, a gravadora son un excelente recurso de rexistro observacional, posto que garanten que a información queda rexistrada dun modo fiable, gañando obxectividade, pois os feitos rexístranse tal e como sucederon sen entrar en valoracións e interpretacións que poidan sesgar o resultado da observación.
O Xogo como Coñecemento do Neno/a
Podemos ver se no xogo libre é: tímido, foxe de xogos movidos, elixe xogos infantís para a súa idade, inicia xogos violentos, sempre sabe entreterse, nunca leva a iniciativa, etc.
Se participa nos xogos organizativos: perde pronto o interese, pasea sen facer nada, se se entende ben co grupo, non sabe perder, acepta os papeis que lle toca, garda a quenda, etc.
Tamén a través do xogo vemos cómo é o comportamento afectivo do neno en relación cos adultos: se se relaciona fisicamente en momentos de afecto positivo, se acepta que o consolen fisicamente, se se vale da linguaxe para expresarse, se lle gusta a conversa, se recorre cando ten conflito cos seus iguais, se se defende cunha linguaxe agresiva ou botándolle a culpa, se morde, patea, golpea, etc.
Indicadores de Observación
- Cando un neno xoga ou non xoga, en qué situacións se verifica este comportamento, cal é a duración do tempo de xogo, que fai o neno cando non xoga, cómo se comportan en caso de rexeitar habitualmente determinadas ocasións de xogo.
- A qué xoga e con qué xoga: qué xogos coñece e de qué materiais ou xoguetes se serve, qué tipo de xogos é capaz de facer, qué xogos tradicionais utiliza e qué modificacións introduce inventadas por el, qué notas características presenta o seu xogo.
- Con quen xoga: qué compañeiros busca, prefire para os seus xogos, se hai algún adulto presente cal é a actitude do neno respecto a el.
- Cómo xoga en sentido xeral: se é tranquilo, metódico, inquieto, desordeado, agresivo, enfadado; se se fai sempre de rogar, se quere mandar sempre, se organiza e guía ben o xogo, se vai sempre a remolque dos outros, se se mostra indiferente ou hostil ou illado, se querendo xogar é frecuentemente ou sempre rexeitado polos compañeiros, se non xoga nin deixa xogar, se comprende ben as consignas do xogo, se capta e respecta as regras, se repite con insistencia o mesmo xogo e se sinte satisfeito, se non acaba ningún xogo, se quere continuamente un xogo novo, etc.
- E máis particularmente como se comporta en certos xogos escollidos libremente ou propostos polo profesor, en qué xogos ou aspectos do xogo se desempeña mellor ou peor, qué funcións ou roles asume ou quería asumir, qué relacións se instauran entre o neno observando e os seus compañeiros e viceversa, cómo se comporta en cada vitoria e en caso de derrota do xogo.
Condicións para unha Adecuada Observación
- Planificar coidadosamente o obxectivo.
- Percibir o observado na súa totalidade.
- O observador debe ser obxectivo.
- Separar os feitos da súa posible interpretación, que se fará máis adiante.
- Comprobar as observacións recollidas.
- Anotar as observacións.
Normas que Deben Observar as Persoas Adultas Ante o Xogo Infantil
- Suspender o xogo ao menor síntoma de cansazo.
- Ter en conta os intereses infantís.
- O xogo pode ser un eficaz medio de educación do comportamento.
- O neno/a sométese ás regras do xogo voluntariamente.
- A ensinanza dos xogos debe ser gradual, metódica e racional.
- En xogos colectivos deben estar ocupados todos os nenos/as, aínda que sexa con papeis secundarios.
- Evitaremos a insistencia nun mesmo xogo.
- No momento de ensinar un xogo, pensaremos nos medios de que dispoñemos.
- Son preferibles os xogos de equipo aos individuais.
Novas Tecnoloxías como Fonte de Información
A codificación destes datos no ordenador, existen programas de estatística a través de internet, existen programas lúdico-didácticos destinados á etapa infantil.
Predisposición á Autoevaluación
O principal obxectivo da autoevaluación é coñecer aqueles aspectos da docencia que debemos mellorar, permitíndonos reflexionar sobre a nosa práctica educativa e as nosas competencias.
- Pautas para a autoevaluación:
- Utilizar gravacións que nos permitan ver detalladamente a nosa actuación como profesionais. Podemos gravarnos durante a práctica educativa ou só a modo de ensaio.
- Analizar as nosas capacidades e comportamentos pedagóxicos, se seleccionamos os materiais, actividades e contidos didácticos apropiados aos obxectivos e características dos nenos.
- Analizar a nosa comunicación verbal e non verbal.
- Estratexias de autoevaluación:
- Autoevaluación: nós mesmos analizamos a nosa propia conduta educativa.
- Autoevaluación con feed-back: recibimos información, opinións e comentarios de outras persoas.
- Autoevaluación interactiva ou heteroavaliación: de forma sistemática en momentos puntuais, está programada polas institucións, o propio centro ou nós mesmos.
- Autoevaluación institucional ou interna: cando abarca todo o centro.
- Desvantaxes da autoevaluación:
- Falta de obxectividade.
- Falta de honestidade.
- Intentos de autoxustificación.
- Falta de exactitude.
- Dependencia dun asesor.
- Tendencia á autoinculpación.
- Dificultade para cuantificar datos dun modo obxectivo.
Análise e Interpretación de Datos
Os pasos para a interpretación son:
- Ordenar a información recollida en aspectos observados.
- Relacionar a información cos obxectivos que se perseguían ao observar: adquisición de coñecementos, detección de condutas problemáticas, identificación do grao de desenvolvemento dos nenos, etc.