Estratexias de Normalización Lingüística do Galego: Estereotipos, Historia e Desafíos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 19,29 KB

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

  • A función dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse noutras máis específicas: función de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional.
  • No planeta existe unha convivencia lingüística que é a situación máis habitual, xa que as case 7000 linguas coñecidas repártense nuns 200 estados, pero nesta convivencia existen problemas:

Substitución e diglosia

  • Existe a **substitución lingüística**, isto quere dicir que nalgúns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona. Por exemplo, como no caso do latín en Gallaecia.
  • Noutros casos as dúas linguas conviven, aínda que con usos distintos, isto denomínase **convivencia diglósica**. No caso da comunidade lingüística galega vénse producindo desde o s. XV:
    • Unha convértese en **lingua hexemónica** (lingua dominante ou lingua de cultura) e desenvolve as funcións socialmente relevantes (institucional, cultural, internacional).
    • Outra convértese en **lingua minorizada** (lingua dominada ou idioma cuberto) e os seus usos son máis en ámbitos orais, coloquiais...

Conflito lingüístico e normalización

  • O **conflito lingüístico** é o reflexo das tensións sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante.
  • Existen dúas solucións para este conflito:
    • A substitución lingüística.
    • A **normalización lingüística**, isto consiste na recuperación da primeira lingua que foi arrebatada pola segunda. Para isto fai falta a **lealdade lingüística**, que quere dicir o compromiso activo dos falantes, así como a implicación dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas.
  • A normalización conta cunha serie de obstáculos como pode ser a existencia de varios estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir que a nosa lingua, o galego, a lingua minorizada non é tan válida. A lingua minorizada: é propia do mundo rural, non serve fóra do territorio, e din que o galego normativo é “inventado”.
  • Pódese dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, isto é, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas. Denomínase unha solución utópica que vai en contra do principio de economía lingüística e que acabaría en realidade conducindo á substitución.

Historia da normativización: a construción da variedade estándar

Diversidade lingüística e variedade estándar

  • No plano oral case todas as linguas presentan unha gran diversidade. Isto pode verse tendo en conta a existencia dunha **variedade estándar**, a cal se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas.
  • A **normativización lingüística** é a construción da variedade estándar. Consiste na fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar. Moitas das linguas románicas fixeron isto durante a Idade Media, cando o galego xa empezaba a sufrir a súa minorización ata o s. XIX cos autores do Rexurdimento. Existen catro etapas neste proceso:

Etapas da normativización do galego

  1. Galego popularizante: Na escritura utilizan o galego oral no seu rexistro popular que estaba cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos. Pondal foi o único que lle deu importancia a isto. Nesta etapa non existe concretamente unha intención normativizadora. Perdourou ata finais do s.XIX.
  2. Galego enxebrista (ata 1936): Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán. As características máis salientables son:
    • Busca un galego supradialectal.
    • Eliminación de castelanismos.
    • O portugués é o seu modelo de lingua culta.
  3. Galego protoestándar: Aparece o pensamento da necesidade dun modelo culto na escrita que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e cincunflexos). Foi ata finais dos 70.
  4. Galego estándar: Nesta etapa houbo un mellor coñecemento lingüístico grazas a estudos universitarios, estes axudan a buscar solucións a problemas das etapas anteriores. En 1982 a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, levemente reformadas en 2003.
    • Nesta etapa apareceron diferentes **interferencias** como a influencia dunha lingua sobre outra frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Aparecen en todos os planos da lingua. Algúns exemplos:
      • No plano fónico: redúcese o sistema vocálico de ter 7 vogais a 5, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas.
      • No plano morfolóxico: cambio de xénero de determinados substantivos seguindo a norma castelá (*o ponte, *a sangue), confusión dos pronomes te/che, uso de tempos verbais compostos.
      • No plano sintáctico: incorrecta colocación dos pronomes átonos.
      • No plano léxico:
        • Prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar por mercar).
        • Restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (billa / *grifo).
        • Substitución da forma galega pola castelá (*arcilla por arxila, *tenedor por garfo...).

Desviacións da norma

  • Existen **desviacións** que son aquelas voces que non se axustan á normativa:
    • Vulgarismos, dialectismos: non pertencen ao nivel culto.
    • Arcaísmos: non son palabras de uso actual.
    • Hipergaleguismos: son inventos motivados indirectamente pola presión do castelán.

O galego, lingua en vías de normalización

  • Sempre que nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, prodúcese unha xerarquía, unha denomínase a lingua dominante e a outra a lingua dominada, a cal tamén pode chamárselle a **lingua minorizada** que é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante.
  • Hai dous conceptos distintos que son: **lingua minorizada** e **lingua minoritaria**. Esta última refírese ao número de persoas que a falan, é dicir, é cuantitativa, e respecto á lingua minorizada pode que sexa a maioritariamente falada na comunidade lingüística (o caso do galego), ou pode que non.
  • É moi difícil saber cantas linguas se falan no mundo e cantas persoas falan cada unha delas, debido aos seus continuos movementos.
  • No caso europeo case todos os países son plurilingües e a coexistencia das diversas linguas dentro das comunidades pertencentes a eses Estados prodúcese no plano da **diglosia** (excepto en Suíza e Bélxica, pero só na teoría).
  • Hai gran cantidade de linguas minorizadas pertencentes a moitos casos que son comunidades divididas por fronteiras políticas. Non sempre os límites dunha comunidade lingüística ou dunha nacionalidade histórica coinciden cos dun Estado moderno.

Status e nivel de uso das linguas minorizadas

  • O gaélico, lingua oficial de Irlanda, sobrevive como lingua case “ritual”.
  • O bretón, o occitano ou o corso sofren historicamente os embates centralistas do Estado francés que, en certos momentos, chega mesmo a prohibir a súa fala.
  • O romanche na Suíza, e o sardo, lingua da illa de Sardeña, ou o friulano en Italia.
  • As linguas minorizadas de España (galego, catalán e éuscaro) teñen un maior status e son usadas en ámbitos impensables para os anteriores. O actual marco legal (Constitución do 78, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de Normalización Lingüística) senta as bases que poden conducir á recuperación e á normalización da lingua, pero necesita a intervención dos diferentes sectores sociais:

Accións para a normalización

  1. Acción institucional do poder político: Levada a cabo polas Administracións públicas de Galicia (Xunta, Concellos e Deputacións), son indispensables neste proceso, por coherencia e por imperativo legal.
  2. Acción colectiva non institucional: Exercida por asociacións e colectivos (Nova Escola Galega, Asociación de Funcionarios da Administración pública, Pro Lingua, Queremos Galego ...), é importante na recuperación lingüística fronte aos esquecementos dos integrantes do grupo anterior.
  3. Acción individual: Supón un esforzo persoal e consciente para romper hábitos e condutas de desleixo cara á situación social do idioma. É claramente insuficiente sen o apoio dos grupos anteriores.
  • É necesario un proceso de **dinamización** co obxecto de conseguir o éxito destas accións favorecendo comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos e individuos a través de medidas que promovan o uso da lingua e conciencien e sensibilicen os axentes sociais, producindo un cambio de actitude na sociedade.
  • Este proceso é moi importante nestes momentos xa que nas épocas anteriores o galego non dispuxo de tantas facilidades como: oficialidade, mellora na consideración social, presenza no ensino e na cultura. Pero, por outro lado, nunca tivo tanto perigo de substitución: ausencia importante de transmisión xeracional, presenza mínima nos medios de comunicación de masas...
  • A cultura agraria e mariña está desaparecendo e crecen outros ámbitos, pero se seguimos así o galego pode converterse nunha lingua “ritual”.
  • Necesitamos a **lealdade lingüística**, a cal é froito dun compromiso individual, pero tamén económico e social, que poderá evitar que siga o proceso. Ademais, a aposta pola lingua dos grandes poderes políticos e empresariais será un factor decisivo.

O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais

Contexto histórico e situación sociolingüística

  • Durante o século XX avanza o proceso de recuperación cultural iniciado no XIX co Rexurdimento e o galego comeza a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera presente (narrativa, ensaio, discurso político, correspondencia privada...) ata chegar ao recoñecemento oficial na democracia, pero descende preocupantemente o seu uso como medio de comunicación social.
  • No primeiro terzo do s.XX destacan:
    • Irmandades de Fala (1916), que estiveron ligadas ao nacemento do nacionalismo e que teñen como finalidade a utilización exclusiva do galego en todo tipo de actos e escritos así como impulsar a narrativa (sobre todo breve) e o teatro.
    • A xeración Nós estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será a responsable da revista Nós, escrita integramente en galego.
    • Seminario de Estudos Galegos constitúese no 1923 por universitarios que investigan Galicia desde diferentes campos: histórico, social, político...
    • Partido Galeguista, no que militarán autores como Castelao ou Bóveda durante a II República. Redactarán un Estatuto de Galicia, no que se o ensino do galego e en galego isto e aprobado en xuño de 1936, pero non pode entrar en vigor ata o comenzo da Guerra Civil. Propiciará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica ao instaurarse a democracia.
    • Outras editoriais, como Lar, Nós ou a publicación de diferentes estudos lingüísticos.
  • Todo isto fai que a emerxente situación cultural que existe en Galicia mellore, aínda que a lingua segue sendo maioritaria na poboación de clase baixa. Se acelera o intento de substitución do castelán, mentres que o número de falantes monolingües en galego vai descendendo. As causas deste proceso podemos nomear a aparición da radio e o maior índice de alfabetización, que se facía en castelán.
  • Este período se coñece como galego enxebrista ou diferencialista, denomínase así porque os autores intentaban marcar a diferenza co castelán, deixar patente que son dúas linguas independentes, esfórzanse por limpar a lingua de castelanismos, utilizando arcaísmos, lusismos, hipergaleguismos ou pseudoevolucións.

O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais

Contexto histórico e situación sociolingüística

  • Cando comeza a guerra Galicia queda baixo o dominio dos sublevados e iníciase unha forte represión xeneralizada. Algúns dos máis destacados galeguistas pagárono coa vida (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal), outros con expedientes (Otero Pedrayo) ou cárcere (Carvalho Calero), e os máis afortunados co exilio (Castelao).
  • Todo o conseguido anteriormente considerado o esplendor desaparece, e durante os primeiros anos da ditadura son os intelectuais do exilio americano os que manteñen viva a cultura galega coa creación de editoriais, revistas, programas de radio... A capital da cultura galega é agora Bos Aires, con figuras como Castelao, Rafael Dieste, Luís Seoane, Blanco Amor... Todos estes autores habían sido exiliados.
  • Aquí, en Galicia, o galego convértese nunha lingua inferior que só se utiliza coa familia ou cos amigos, pois o seu uso público pode supor a perda do traballo ou mesmo da liberdade, aínda que non estea legalmente prohibida.
  • A recuperación cultural iníciase lentamente ben avanzada a década dos 40:
    • Publicación de Cómaros Verdes no 1947.
    • Colección de poesía Benito Soto en 1949.
    • Editorial Galaxia (1950) cando un grupo de intelectuais (Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Otero Pedrayo) a fundan, terá unha importancia capital para a recuperación da nosa cultura. Nela publicarán os seus libros Fole, Cunqueiro e escritores mozos como Méndez Ferrín e Carlos Casares.
  • Na década dos 60 xorden os partidos nacionalistas, clandestinos e minoritarios, créanse asociacións culturais que loitan polo noso idioma e cultura e comeza a haber un certo recoñecemento, ou polo menos tolerancia, desde a esfera oficial:
    • 1963: celebración do Día das Letras Galegas.
    • 1965: Creación da cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago.
    • Aparición doutras editoriais e revistas monolingües.
    • 1974: TVE comeza a emitir en galego a media hora do programa “Panorama de Galicia”.
  • O fenómeno de desgaleguización social avanza durante a etapa da ditadura franquista a un ritmo moito máis acelerado, sen ter en conta os avances anteriores:
    • A partir dos anos 60 aumenta o éxodo do campo á cidade, o que conleva un aumento de castelanización por imitación das clases altas ou medias.
    • O ensino, cada vez máis universal, desenvólvese exclusivamente en castelán.
    • A Igrexa, na súa maioría, utiliza o castelán e esa será a lingua da liturxia cando o Concilio Vaticano II (1963) abandone o latín.
    • Os medios de comunicación de masas empregan o castelán (sobre todo a radio e a televisión).
  • Andábase á busca dunha norma escrita culta, este período chamámoslle protoestándar. Aumenta a conciencia da súa necesidade. Desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións e apóstrofos) e de depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación de neoloxismos e cultismos...).

O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais

Contexto histórico e situación sociolingüística

  • Tras a morte de Franco no 1975 créase a Constitución actualmente en vigor. Establécese nela a cooficialidade de galego e castelán en Galicia. En 1981 se produxo o reconocimiento oficial, no Estatuto de Autonomía, o cal establece que a lingua propia en Galicia e o galego e que nadie pode ser discriminado por falala. No ano 1983 entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística, que regula o seu uso nas diversas administracións e servizos.
  • O galego convértese na lingua oficial da administración autonómica: da Xunta de Galicia, de todas as súas Delegacións e do Parlamento. Con lixeiras excepcións, a lexislación cúmprese.
  • En setembro de 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445 medidas destinadas a potenciar o galego:
    • O seu ensino é obrigatorio nos niveis de ensino Primario e Secundario, onde se establece tamén que polo menos dúas materias máis deberán ser impartidas nesta lingua. No curso 2007-2008 entra en vigor o decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos o 50% das materias sexan en galego.
    • Xorden voces protestando porque en Galicia xa non se pode estudar en castelán, discriminado fronte ao galego. Mais tamén se protesta porque o galego segue a ser a lingua discriminada e o decreto non se aplica en moitos centros.
  • Na primavera de 2010 apróbase un novo decreto que reduce a presenza do galego ata un máximo do 30% e pretende introducir como lingua vehicular do ensino o inglés.
  • Noutras administracións e institucións o galego está case ausente:
    • No ámbito da administración do Estado e da xustiza.
    • A Igrexa Católica permite o seu emprego nas misas, pero a súa xerarquía, case toda foránea, prescinde practicamente do seu uso.
  • Cualitativamente está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables: é moi utilizado nas actividades políticas, institucionais, universitarias e culturais. No ámbito económico tamén mellora e incluso prestixia certos produtos. Cada vez un maior número de profesionais liberais o utiliza normalmente.
  • Neste século XXI temos que ter en conta a importancia de internet e o seu uso nel pois a lingua que quede fóra dela non ten futuro. Hai moitas webs, foros, chats, blogs nos que é frecuente o galego. Temos o OpenOffice e outros programas en galego, ademais dos correctores ortográficos adecuados. Dispoñemos de tradutores gratuítos en liña para case todos os idiomas. As compañías de telefonía móbil ofertan terminais en galego. Facebook está en galego.
  • A perda do número de falantes segue acelerándose. Se ben se recoñece que o seu uso é, en xeral, maioritario, toda a xente que o segue falandose asociase a xente maior e segue existindo o rechazo a lingua dos mas xovenes. Ata hai pouco tempo era a lingua exclusiva no ámbito rural, pero xa non o é. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas cidades, cada vez é máis minoritaria.
  • Na busca dunha norma escrita, entramos na fase do galego estándar; ao haber un estudo sistemático da lingua pódese fixar con maior coñecemento unha norma culta, da que se van eliminando dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos, seguindo o camiño xa emprendido na etapa anterior, ao tempo que se adapta á nova situación social (máis ámbitos de uso) e académica (vehículo para outras materias).

Entradas relacionadas: